cuac-fm
 O Supremo nin sequera admite a trámite o recurso da Xunta contra Cuac FM
Imponlle ademais os custos procesais

O Supremo nin sequera admite a trámite o recurso da Xunta contra Cuac FM

A Xunta de Galiza embarcouse, con cartos públicos, nun proceso xudicial contra a emisora comunitaria Cuac FM. Esta segunda feira o Tribunal Supremo puxo o ramo e nin sequera admitiu a trámite o recurso do Goberno galego contra a sentenza do Superior que recoñecía o dereito á emisión da canle en frecuencia modulada.

O TSXG anula a resolución da Xunta que prohibía emitir a Cuac FM

O TSXG anula a resolución da Xunta que prohibía emitir a Cuac FM

O tribunal, ademais, declara na sentenza que a Secretaría Xeral de Medios infrinxiu “os dereitos fundamentais da persoa” ao vulnerar o artigo da Constitución española que recoñece o dereito da cidadanía á liberdade de expresión e a recibir e a comunicar libremente información.

OPINIÓN

"Que entre María Santísima!"

“Hai xente que considera as prazas das cidades un lugar privado, un sitio onde hai alguén que decide quen entra e quen non, na FM dáse o mesmo caso”. Isto foi dito pola xornalista María Nieto na presentación, xunto con Manuel Rivas, Estíbaliz...

CUAC, un chío contra a mordaza do PP

CUAC, un chío contra a mordaza do PP

CUAC FM é unha radio comunitaria que emite na Coruña desde hai 21 anos. Desde o día 2 de outubro só a través de Internet. A Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galiza ameaza CUAC cunha multa de máis de 100.000 euros por carecer de licenza; unha licenza que hai tempo tería que ter concedido a propia Xunta. E non quere. Quere provocar o seu fechamento, na liña dun documento interno do Ministerio de Industria que no 2015 recomendaba acabar coas emisoras veciñais. CUAC vaise converter nos próximos meses no símbolo da loita contra os ataques do PP á liberdade de expresión no país.

Un expediente da Xunta deixa sen voz a radio comunitaria Cuac FM após 21 anos no ar

Un expediente da Xunta deixa sen voz a radio comunitaria Cuac FM após 21 anos no ar

A Secretaría xeral de Medios anuncia a incoación dun expediente sancionador de até 200.000 euros contra Cuac FM por emitir “sen dispor da correspondente licenza”. O colectivo mantén que “nunca recibiu ningún comunicado, queixa ou notificación de ningún tipo” respecto da súa actividade, e nunca interferiu nin prexudicou a emisión de ningunha outra estación de radio en Galiza.