cultivo
Sementar, sementarei variedades do país

Sementar, sementarei variedades do país

Moitas sementes de variedades tradicionais cultivadas durante séculos na Galiza foron substituídas nos últimos anos por híbridos comerciais e transxénicos alterados por macroempresas privadas que comercializan semente de rápido crecemento e produtividade. Arrasan así coa diversidade e fannos camiñar cara á homoxeneización global. Pola contra, afloran proxectos públicos e de entidades comprometidas co país que poñen en marcha iniciativas que marcan a diferenza, a calidade e o camiño para un agro galego produtivo, que conserve as súas variedades e estea cheo de futuro. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 353 do semanario en papel Sermos Galiza.

Henrique Monteagudo, “O Cancioneiro de Afonso Paez testemuña que o cultivo poético do galego permaneceu despois da escola lírica galego-portuguesa”

Henrique Monteagudo, “O Cancioneiro de Afonso Paez testemuña que o cultivo poético do galego permaneceu despois da escola lírica galego-portuguesa”

Poesía galega postrobadoresca, datada entre 1380 e 1430, asignada a Afonso Paez. “En cadea sen prijon” é o título do volume editado polo profesor Henrique Monteagudo despois da singular aparición dun novo cancioneiro para a lírica galega. O achádego, ao seu ver, é histórico en tanto que descobre que a poesía galega continuou mesmo “despois do apagamento da escola lírica galego-portuguesa”. Ao seu ver, algunha das súas composicións merecen tomar parte nas antoloxías da nosa poesía.