Este sábado, 30 de novembro, ás 13h, preséntase no Culturgal o número CERO de Nós Diario. Ademais, o presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza, Xoán Costa, e a directora, María Obelleiro, darán a coñecer o suplemento Sermos Galiza que acompañará os...
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle, un ano máis, a Feira das Industrias Culturais da Galiza (Culturgal), que se desenvolverá entre os días 29 de novembro e 1 de decembro. Nesta edición, a organización quixo demostrar que se trata dun certame “sen estereotipos” elaborando unha programación marcada pola diversidade.
Chega a cita máis esperada do ano no ámbito da cultura, o Culturgal, que neste 2017 fai o seu décimo aniversario. Sen dúbida, é este o proxecto coa rede máis ampla de colaboradoras e colaboradores institucionais, asociativos e empresariais. O Culturgal conmemora os seus dez anos cunha edición que presenta dúas novidades: a maior presenza da cultura portuguesa e a participación das artes plásticas contemporáneas. Eis un extracto da información publicada no Sermos en papel.
O Culturgal deste ano despediuse até o vindeiro ano repetindo cifras de público e apuntando cara a novos retos no futuro. E tomen nota xa: en 2017 -será do 1 ao 3 de decembro- Culturgal cumpre dez anos e prometen afrontar novos retos.
Volve o Nadal e con el, o seu preludio no que a cultura galega se refire: o Culturgal, a Feira das Industrias Culturais, que nesta ocasión celebra a súa novena edición os días 2, 3 e 4 de decembro.
O editor e presidente da Asociación Galega de Editores, Manuel Bragado é o novo presidente de Culturgal, a Feira das Industrias culturais que se celebrará do 5 ao 7 de decembro.Entrada a baixo prezo, espazo para a gastronomía, novos patrocinios e máis actividades para profesionais serán algunhas das novidades.
Se Culturgal é escaparate e observatorio da situación das industrias culturais, despois da edición deste ano poderíamos concluír que o público respalda á cultura galega, que o soporte institucional descende de maneira radical, mais tamén que a imaxinación é a fórmula á que moitas iniciativas se acollen para salvar a crise.
“Fomos motores da nosa historia”, dixo Xurxo Souto ao se referir ao movemento Bravú que cumpre no 2014 o vinte aniversario do seu nacemento nunha tasca de Viana, en Chantada. Souto presentou no Culturgal o proxecto Bravú XX, que quere ser unha homenaxe colectiva a aquela explosión de cultura coas raíces chantadas no rural.
Máis de 150 actividades e máis de sesenta stands son as cifras globais do Culturgal, a Feira das Industrias Culturais que abre hoxe, sexta feira, en Pontevedra. A nova edición da feira defínese como da “corresponsabilidade” e como unha das novidades, despois do recorte orzamentario, inclúe unha entrada voluntaria.
A votación pechábase ás 00 horas desta sexta feira, momento no que o resultado daba como iniciativa gañadora da primeira edición do Premio do Público Culturgal ao Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. Impúxose na votación popular ao Festival de Cans, que quedou en segundo posto, e a PuntoGal, en terceiro lugar.
Culturgal xa ten programa e nel presentaranse boa parte das novidades culturais do remate do ano. Discos de Caxade, Mónica de Nut e o Galiza de Kepa Junkera. Proxectos como CoraSons de Kalandraka ou Toc Toc de Galaxia ou unha morea de libros, algúns premiados, saídos do trinque comezarán a circular en Pontevedra.
Iniciativas novidosas, con alcance, transversais e con implicación social. Son as características que a Asociación Culturgal valorou á hora de seleccionar os tres proxectos que serán sometidos á votación popular. Un deles será o gañador da primeira edición do Premio do Público Culturgal que se entregará na feira das industrias culturais o día 1 de decembro.
A Xunta de Galiza, a través de Agadic, monta este ano a primeira edición do Mercado das Industrias Culturais Atlánticas na Cidade da Cultura a tres días da celebración de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais en Pontevedra. A Xunta reduciu en máis do cincuenta por cento o apoio económico ao Culturgal, feira promovida polos diversos sectores das industrias culturais galegas.