curso-escolar
Volta ás aulas entre o “inmobilismo” da Consellaría e as “arelas” de cambio

Volta ás aulas entre o “inmobilismo” da Consellaría e as “arelas” de cambio

O 11 de setembro regresaron ás aulas 30.101 docentes e 196.900 nenas e nenos de Educación Especial, Infantil e Primaria, o que representa 600 escolares menos que o ano pasado. Entre os retos fundamentais que terán que afrontar educadores e pais están as obras sen finalizar nos seus colexios, o continuo goteo de peches de unitarias, a falta de diálogo e apoio desde a administración, o aumento dos rateos ou a suba dos prezos de libros e material escolar. Eis un extracto da información publicada ao respecto no número 363 do semanario en papel Sermos Galiza.
Editorial Sermos313: Un novo curso sen lei galega de educación

Editorial Sermos313: Un novo curso sen lei galega de educación

Inauguramos curso e continuamos cos mesmos recortes e coa comunidade educativa disposta, mais unha vez, a se mobilizar en defensa dun servizo público esencial para garantir non só a formación das novas xeracións, mais tamén a igualdade de oportunidades. Continuamos tamén...

Unha política de retallos máis agresiva marca o comezo do curso escolar
Sermos 263

Unha política de retallos máis agresiva marca o comezo do curso escolar

Nais e pais das Pontes levaron á consellaría até o Tribunal Superior de Galiza, o curso pasado rematou nun disparate coas “reorganizacións” en catro centros do país, as ANPA non foron escoitadas e os profesores están abatidos. A actitude da Consellaría de Educación anuncia unha política de retallos máis agresiva: primeiro decídense os feches e logo establécense os criterios. A espada pendura sobre todos os centros.