cxg
Compromiso por Galicia reclama “unidade de acción”
Día da Patria Galega

Compromiso por Galicia reclama “unidade de acción”

“O galeguismo que flúe” foi o lema elixido por Compromiso por Galicia para celebrar o Día da Patria Galega cunha ofrenda floral no Panteón dos Galegos Ilustres e cun xantar e mais un acto político en que se reivindicou a “unidade de acción”.

"A UE ten que ser o grande Estado"
Juan Carlos Piñeiro é o candidato de CxG ao Parlamento Europeo

"A UE ten que ser o grande Estado"

Nado en San Cibrao (Cervo) en 1977, Juan Carlos Piñeiro Docampo é o candidato de Compromiso por Galicia (CxG) ao Parlamento Europeo. Sindicalista da UXT e asesor laboral, foi elixido secretario xeral da formación galeguista en 2017. Responde este cuestionario a través do correo electrónico.

OPINIÓN

#EuCxG

O 28 de abril temos o dereito, e eu coido que tamén o deber, de exercer o voto. Parto da máxima de que se un dereito non se exerce, pérdese, por iso o importante é que á noite as urnas estean cheas de nomes de homes e mulleres que se deciden a dar ese paso, sinalar e...

OPINIÓN

Galicia, banco de probas

As sucursais galegas dos partidos do estado hai tempo que veñen probando en Galicia experimentos de accións políticas que despois, se son produtivos, poñen en valor nas eleccións estatais. Usan Galicia como banco de probas, case como se fósemos un túnel do vento. Un...

CxG pon fóra o edil de Miño

A organización galeguista “desvencéllase total e absolutamente” da candidatura encabezada por Ricardo Sánchez após ser investido alcalde cos votos do PP. 

CxG deixa entrever que avalaría un pacto con EU, mais non con IU

CxG deixa entrever que avalaría un pacto con EU, mais non con IU

Compromiso quer unha coligación galega con BNG e AGE, isto é, unha candidatura que tamén inclúa  Esquerda Unida. @s galeguistas o que non ven é un acordo estatal con IU. O problema é que EU é a organización de IU en Galiza e non é concebíbel que concorra nunha listaxe distinta á aquela que liderará a marca de Cayo Lara.

CxG afirma ter “probas documentais” que vinculan unha empresa de Dorado con subministros a hospitais da provincia de Pontevedra

CxG afirma ter “probas documentais” que vinculan unha empresa de Dorado con subministros a hospitais da provincia de Pontevedra

Xoán Bascuas, dirixente de Compromiso por Galicia, asegurou en declaracións a Semos Galiza ter “probas documentais” que vinculan unha das empresas de carburantes propiedade do narcotraficante Marcial Dorado co abastecemento de combustíbeis a hospitais da provincia de Pontevedra na década dos 90, “concretamente ao antigo hospital provincial”.

CxG “exixirá” un Pacto Social polo crecemento e o emprego

O mitin de Compromiso por Galicia na cidade da Coruña tivo ao emprego como protagonista. Cunha referencia expresa ao desemprego xuvenil, por boca da súa candidata moza, Paula Turnes, a formación focou a súa mensaxe na necesidade de estimular a economía para favorecer a creación de postos de traballo.