decreta
O TSXG suspende o despexo de Elisabeth Sanlés até nova data

O TSXG suspende o despexo de Elisabeth Sanlés até nova data

Malia o comunicado enviado á imprensa desde o Superior galego, activistas de Stop-despexos ficarán na casa desta veciña da Coruña. Advirten de que a nota de imprensa "non ten forza legal" e que tamén no caso da anciá Aurelia Rei fora paralizado o desafiuzamento. Porén, [email protected] xudiciais presentáronse no lugar unhas horas máis tarde para executar o lanzamento.

Hungría decreta a existencia de zonas prohibidas a persoas sen teito

Hungría decreta a existencia de zonas prohibidas a persoas sen teito

O parlamento, dominado pola dereita e extrema dereita, aprobou unha lei que permite declararen zonas prohibidas a persoas sen teito. Human Rights Watch denuncia a criminalización deste colectivo e insta ás autoridades a "facer fronte á falta de vivenda a través dunha política social e non policial".

A Audiencia española deixa libre o independentista Héctor Naia, baixo fianza de 6 mil euros

A Audiencia española deixa libre o independentista Héctor Naia, baixo fianza de 6 mil euros

O xuíz Eloy Velasco vén de ditar auto de procesamento sobre a situación dos detidos Xurxo Oliveira, Diego Santín e Héctor Naia. Prorroga a prisión preventiva para os dous primeiros ao considerar que existe risco de fuga, mais deixa en liberdade baixo fianza o terceiro deles. Nas últimas horas quedou libre tamén Júlio Saiáns, veciño de Ferrol arrestado en outubro nun operativo policial contra o independentismo galego