defendeagalega
A CRTVG non nega o veto a Ses

A CRTVG non nega o veto a Ses

A través dun burofax, escrito en español, remitido por un bufete de avogados privado, a CRTVG, que conta con asesoría xurídica de seu, diríxese a Sermos Galiza para exixirlle unha rectificación na entrevista realizada a María Xosé Silvar, Ses, mais non desmente a existencia dunha orde interna de non emitir contidos relacionados coa artista que estaban xa programados.

"A máis mínima mostra de apoio á liberdade de expresión é castigada na CRTVG"
María Xosé Silvar, Ses

"A máis mínima mostra de apoio á liberdade de expresión é castigada na CRTVG"

Rabia ao silencio, o novo disco de María Xosé Silvar, Ses (A Coruña, 1982), está a levar a música a redaccións, platós e estudios de radio de toda Galiza. Tamén estivo presente na TVG, a onde acudiu cunha camisola de #DefendeAGalega. Segundo puido coñecer Sermos Galiza, a coordinación de Cultura da CRTVG transmitiu a anulación das conversas que tiña acordadas a artista nos medios públicos.