denuncia
Bové ve en Schulz e Juncker "os dous candidatos" da chanceler Merkel

Bové ve en Schulz e Juncker "os dous candidatos" da chanceler Merkel

Aos seus 61 anos, José Bové é o portavoz de Vía Campesiña e o candidato do Partido Verde Europeu á presidencia da Comisión Europea. Esta semana viaxou a Galiza para prestar apoio á campaña do BNG e, singularmente, a Ana Miranda como número 1 da listaxe nacionalista. Nunha pequena entrevista con Irmandade TV (vídeo no interior), Bové cargou contra Schulz e Juncker -candidatos socialdemócrata e conservador á presidencia da Comisión. "Son os dous candidatos de Merkel", denuncia.

Adega denuncia que a Xunta transforma a Rede Natura nun polígono industrial

Adega denuncia que a Xunta transforma a Rede Natura nun polígono industrial

A Xunta poderá permitir construír piscifactorías, incineradoras ou autoestradas nun 50% da superficie da Rede Natura. No outro, abre xa “barra libre”, segundo a análise de ADEGA do novo Plano Director do que desaparece a zona de reserva para máximos valores. “Transforma a Rede Natura nun polígono industrial para beneficio dos especuladores amigos do poder”, advirte.

Críticos de Anova denuncian seren albo de "censura" nas primarias para Europa

Críticos de Anova denuncian seren albo de "censura" nas primarias para Europa

A tensión non decrece en Anova. Dous candidatos nas primarias para as europeas afirman que a súa comunicación á militancia foi submetida a "censura". Luís Eyré Palleiro denuncia a amputación parcial do documento en que formaliza a súa candidatura por parte do aparato da organización. Anova-Irmandade Nacionalista mudou o documento de candidatura de Xosé Miguel B. Rodríguez após facerse eco Sermos Galiza da denuncia de censura. 

Investigadora denuncia a pasividade da USC perante un caso de acoso laboral

Investigadora denuncia a pasividade da USC perante un caso de acoso laboral

Unha técnica especialista en investigación da USC denunciou hai un ano un caso de acoso laboral na súa unidade de traballo. Embora contar cun informe do servizo de vixianza de saúde, que corrobora as súas denuncias, e levar de baixa un ano por accidente laboral, a Xerencia da Universidade de Santiago "continúa sen facer nada", denuncia a traballadora. 

Carme Iglesias denuncia ser vítima de "insultos, desprezo e acoso"

Carme Iglesias denuncia ser vítima de "insultos, desprezo e acoso"

Carme Iglesias Sueiro dixo na Radio Galega que David Fernández Calviño “dicía nos mítines que ía marchar” para Dinamarca cando lle aprobasen a bolsa, e que iso era coñecido ''por todos''. Iglesias denuncia ser vítima de 'insultos, desprezo e acoso'' por se reafirmar en que vai ocupar o escano vacante.

BNG, fronte a "degradación da democracia"

BNG, fronte a "degradación da democracia"

O BNG reuniu hoxe a súa comisión interparlamentaria. A formación frontista impulsará medidas na Galiza, Madrid e Bruxelas para "denunciar a degradación da democracia" que, ao seu xuízo, supoñen a reforma electoral e a Lei de Seguridade cidadá. Aliás, exixirá coa súa folla de rota "paralizar a "venda acelerada" de NGB e reclamará autonomía comercial e estratéxica para Navantia-Fene face a asunción de responsabilidades da Xunta de Galiza. 

A TVG non informou da absolución de Callón até o día seguinte porque ''a noticia era a denuncia, non o veredicto''

A TVG non informou da absolución de Callón até o día seguinte porque ''a noticia era a denuncia, non o veredicto''

Di o director xeral da CRTVG que a televisión pública dedicou máis tempo a informar sobre a denuncia interposta polo xuíz Fraga Mandián contra Carlos Callón "porque iso o verdadeiramente interesante" e que non segue o blogue en que @s [email protected] do ente denuncian a manipulación "porque non teño por costume prestar atención a nada que sexa anónimo". Vídeos no interior.

A policía denuncia a Queremos Galego e a Plataforma polo Aborto por "destrozos"

A policía denuncia a Queremos Galego e a Plataforma polo Aborto por "destrozos"

As plataformas pola defensa do aborto e Queremos Galego veñen de recibir denuncias policiais polas que poden ser sancionadas con multas de até 6.000 euros. As forzas policiais atribúenlles "destrozos" en senllas manifestacións transcorridas o 16 de xuño e o 17 de maio. As organizacións falan de “criminalización” das súas accións de protesta