deportivo
O peor Dépor de todos os tempos
CRISE BRANQUIAZUL

O peor Dépor de todos os tempos

A estatística revela que, logo de 13 encontros de liga disputados, nunca nos seus 113 anos de historia o Deportivo da Coruña sumara menos puntos que na actualidade.

O Deportivo rexistra o peor inicio de Liga da súa historia na Segunda
Fútbol

O Deportivo rexistra o peor inicio de Liga da súa historia na Segunda

Nunca nas 41 tempadas en que o club coruñés militou na categoría de prata conseguira menos puntos e vitorias que na actual logo de 10 partidos de competición, empeorando mesmo as cifras das ligas 1973/74 e 1979/80, nas que os branquiazuis descenderon a Terceira e 2ªB, respectivamente.

Un futbolista do Dépor, entre os detidos nunha trama para arranxar partidos

Un futbolista do Dépor, entre os detidos nunha trama para arranxar partidos

Fichado no mercado de inverno como central reserva, a súa presenza no xogo do combo coruñés ten sido testemuñal. Íñigo López, cunha experiencia efémera tamén no pasado como celtista (estivo cedido no clube vigués en 2011)figura entre os futbolistas detidos esta terza feira nunha operación contra unha trama que pretensamente se dedicaba a arranxar partidos de Primeira e Segunda División. Tamén foi arrestado Borja Fernández, xogador ourensán ex deportivista (militou na escadra riazoreña na temporada 2011-2013) e que recentemente disputou os seus últimos minutos como profisional, na disciplina do Valladolid.

OPINIÓN

E o ascenso, “pa cuando”?

Outro partido en Riazor, outro empate e outra nova decepción. Outra ocasión perdida. E xa son moitas oportunidades perdidas. Tal e como vai a tendencia do Dépor, ou muda rotundamente o rumbo ou a temporada acabará co premio da consolación da promoción, se é que non se...

OPINIÓN

Para ascender hai que crer

Ao Dépor hai algo moi importante que lle falta. Crer que pode ser líder. E por aí se explica o que se ve do equipo de Natxo González en moitos momentos da temporada. Desde esta columna de opinión, cando comezou o campionato, non se entendían as mensaxes timoratas e pouco...

OPINIÓN

Levantamortos

Un equipo que manifesta que aspira ó ascenso á Primeira división ten que demostralo con firmeza e tendo as ideas definidas. O Dépor de Natxo ten a idea de ascender pero non mostra determinación para ser una praza segura.

 

Despois de vinte e cinco...

OPINIÓN

Un Dépor pequeno e decepcionante na casa

Desde a óptica deportivista, ninguén pode quedar contento, nin xustificar o partido do Dépor ante o Tenerife en Riazor. Non se pode cualificar doutro xeito máis que de lamentable. O equipo de Natxo saíu ó campo como un equipo pequeno, anunciando desde o inicio do partido...

OPINIÓN

Coidar a leira

A vitoria ante o Zaragoza volve tapar o que levamos tempo comentando. O sistema de Natxo non está completo. Probablemente, a explicación está nos homes que utiliza e o resto de futbolistas que descarta. É dicir, Natxo trata de adaptar os seus homes a un...

Riazor recupera os automatismos

Riazor recupera os automatismos

O recente empate co Numancia após desbaldir dous goles de renda ten todo o aspecto de ter sido un accidente. Este domingo, Riazor volveu presenciar un cómodo triunfo da equipa de Natxo González. Sen brillo, de acordo, mais sen apuros. A bola parada foi chave.

Profecía autocumprida en Riazor
O Dépor cede 2 pontos ante o Numancia

Profecía autocumprida en Riazor

As mensaxes que emitía durante esta semana o vestiario do Dépor delataban certo estado de ánimo, non precisamente o que predispón para as vitorias. A idea básica é que a xeira triunfante en Riazor —até este sábado só voaran dous puntos en todo o campionato— non ía durar taumaturxicamente sempre. Había que estar atento, en calquera momento podía chegar o tropezo. É ben cedo que o fixo. Este mesmo sábado, após desbaldir unha sustanciosa renda de 2 goles.

OPINIÓN

Como o día e a noite

O partido de Almería é o exemplo do que non ten que facer o Deportivo, o que non ten que repetir. Salvou o partido polos pelos, porque puntuou, pero deixou unha imaxe pobre en cómputo xeral. Un equipo que aspira a ser líder, que quere colocarse en postos de ascenso directo...

Fede Cartabia ao rescate

Fede Cartabia ao rescate

Hai decisións inexplicábeis que se poden pagar caras. Unha delas é a de eliminar talento dun terreno de xogo. Foi o que fixo Natxo González cando deixou Carles Gil no vestiario no intermedio e puxo no seu canto Didier Moreno. As cousas non poden rodar ben cando o pé que máis toca a bola durante todo un período é o do voluntarioso futebolista colombiano. O Dépor safou porque o voo do seu plantel é moi superior ao promedio da categoría. O treinador branquiazul tiña unha poderosa bala na recámara. Fede Cartabia non fallou.

OPINIÓN

Arcadia feliz no Dépor

Volvendo para casa cruceime coa saída do autocar do Oviedo do estadio de Riazor. Alí había unhas dúcias de seareiros esperando os futbolistas para apupalos. Insultos e máis insultos. Incomprensible! Descargaban o seu enfado contra un Oviedo que, desde o meu punto de vista,...

O Dépor ten moita dinamita arriba

O Dépor ten moita dinamita arriba

Resultado inxusto? Talvez. Mais isto do fútbol vai a goles e o Deportivo ten esta temporada dous puntas top que, alén de máis, viven en estado de graza. Deixarse ver por Riazor é nestas condicións un tormento para os visitantes.

OPINIÓN

O valor de non baixar os brazos

A derrota nas Palmas sería un resultado inxustísimo. O empate, como mal menor, arranxa a sensación que deixou o partido onde o Dépor foi mellor en conxunto, sobre todo, na primeira metade. O gol de Duarte, raiando o último minuto que quedaba, confirma unha...

OPINIÓN

Un Dépor eficaz

O Dépor na casa atópase como peixe na auga. Se é capaz de manter a tendencia, o estadio de Riazor vai ser o seu principal viveiro de puntos, e o sostén do Dépor para ser candidato ó ascenso á Primeira División. Por aí comeza a conquista da súa meta esta temporada. Pero só...

OPINIÓN

Gota Fría

Por moita culpa que teña o colexiado Saúl Ais Reig, que a ten e moitísima, ao fútbol profesional hai que chegar coa lección moi ben aprendida. O árbitro é a lei sobre o terreo de xogo, e por malo ou burro que sexa, co regulamento na man ir ou rebelarse...

OPINIÓN

“Déjà vu” en branco e azul

Pasaron xa moitas noites en que os seareiros deportivistas acostumaban saír de Riazor sen poder relamber as xogadas ou o resultado dun gran partido. Demasiadas noites. No día do Pilar esa memoria imborrable regresou como un flash. Non chegará á zigzagueante cintura de...

Riazor: hai veces en que todo sae ben
Dépor-Elche: 4-0

Riazor: hai veces en que todo sae ben

Si, Riazor viviu unha desas rarezas dun triunfo sen sufrimentos. Todo saíu até mellor que na pizarra de Natxo González. O treinador vasco non podía ter pintado nela a obra de arte que o dianteiro sevillano Carlos Fernández regalou á freguesía branquiazul no 2-0. Slalon, duplo caneo e finalización, emboque polo pau corto, o gardamallas a se deitar cara ao longo, xogada que de ter sido asinada por Messi ou Ronaldo daría a volta ao mundo.

Eses empates con perfume a vitoria

Eses empates con perfume a vitoria

Se xogas na casa co líder, vas perdendo no minuto 54 —case no primeiro chut á túa portería— e aínda por cima te expulsan un xogador —o teu mellor puñal en ataque—, daquela acabas vivindo o empate final como unha vitoria.

OPINIÓN

Riazor faise valer

Cambiou o Dépor. Mellorou. Gustou. Non só foi unha cuestión de resultado, a segunda na casa no que vai de campionato. Dúas vitorias de dous partidos xogados en Riazor. Que dure. Foi tamén a sensación de que o partido non correu risco, onde o dominio, globalmente, foi do...

Un Dépor solvente

Un Dépor solvente

En Riazor están prohibidas as vitorias sen suspense e o partido desta segunda feira reservou tres minutos de zozobra, os finais. Mais no cómputo global o Dépor foi unha equipa solvente e cumpridora en case todas as facetas do xogo. E cun puñal arriba, un Quique González que volveu da lesión en estado de graza. A vitoria coloca o combo coruñés en postos de play off.

OPINIÓN

Á procura dun compás

A primeira derrota en Liga do Dépor chegou en Alcorcón despois de perder e quedar eliminado na Copa co Zaragoza. Centrándonos só no de Liga, onde se xoga o obxectivo real da temporada, abríronse as dúbidas sobre o equipo. Porque en Madrid, o equipo coruñés recibiu un baño....

A vida é así de dura na Segunda División
Primeira derrota do Dépor no que vai de campionato

A vida é así de dura na Segunda División

Primeira experiencia amarga do combo de Natxo González coa épica da Segunda División. Xa saben: a áspera prosa dos campos de dimensións liliputienses, o público a abouxar perto dos futebolistas, a presión en contra de 11 gladiadores aguerridos. En Alcorcón o Dépor sofreu a primeira derrota do curso. Así é esta categoría: non ten en conta nin os galóns nin o pedigrí.

OPINIÓN

A covardía deconstrúe o Dépor

Haberá quen vexa a botella medio chea após os tres primeiros partidos do Deportivo en Segunda. Pero o certo é que o vidro tamén se pode ver medio baleiro. E así, polo visto, é como analizo a situación. Por que? Suponse que o equipo que ten entre mans Natxo...

O Dépor regala dous puntos

O Dépor regala dous puntos

Embora ir por diante no marcador, non foi quen de rematar un partido no que o Tenerife lle empatou no último suspiro.

Tres puntos sen brillo tamén valen
Vitoria do Dépor en Estremadura

Tres puntos sen brillo tamén valen

O edificio do ascenso adoita facerse con tixolos así, partidos sufridos, en que moitas veces estás máis perto da derrota do que da vitoria, partidos con cero jogo bonito, mais finalmente rentábeis. O Dépor cazou no campo do Estremadura o seu primeiro triunfo da longa e tortuosa andaina desta Segunda División. E, si, tivo máis protagonismo o gardamallas Dani Giménez do que a vangarda do ataque branquiazul. Mais tanto ten, tres puntos son tres puntos.

O fin do pesadelo
A derrota ante o Barça en Riazor sela o descenso do Dépor

O fin do pesadelo

Acabou a tortura. Case mellor. Os números do Deportivo esta temporada meten medo. 28 pontos en 35 partidos. 6 vitorias, 10 empates, 19 derrotas. 34 goles a favor, 69 en contra. Fíxose mal todo o que se podía facer mal. Na xestión puramente deportiva, a directiva non tomou unha soa decisión con xeito. O descenso así era inevitábel. Esta é a terceira perda de categoría nas últimas dez temporadas. Mais esta, a tres choques do fin do campionato, foi a máis dolorosa

OPINIÓN

O Dépor non se rende

Xa era hora de poder contar algo alegre. De escribir algo en positivo. De poñer en positivo algo do Dépor. Posiblemente é tarde, moi tarde. A vitoria do Levante escurece unha fin de semana que comezou moi ben. 

 

Dicíamos a semana pasada...

Unha boa imaxe xa non chega

Unha boa imaxe xa non chega

Un penalti máis que discutíbel (en realidade, un non penalti) liquidou as opcións do Deportivo no Metropolitano atlético. Ofereceu un aspecto máis que aseado o combo de Seedorf na súa estrea en tan impresionante marco, mais ao cabo a equipa galega voltou a casa cos petos baleiros. É a 18 derrota do curso. A salvación a estas alturas parece unha quimera.

OPINIÓN

O xastre do rei espido

Os partidos do Dépor subiron un novo chanzo. Da decepción, á desolación ou á desesperación... Agora xa son insoportables. Porque, parece mentira, pero é que do Dépor non se espera nada de nada. É un oceano insulso. O mar morto. Sen poder de reacción. Sen reacción. Sen...

O Dépor deixa escapar dous puntos ante o Eibar

O Dépor deixa escapar dous puntos ante o Eibar

O Deportivo non acaba de erguer a cabeza. O partido de onte, contra un Eibar que se sitúa na parte alta do taboleiro, foi un novo exemplo das carencias dos coruñeses. Un empate a uns en Riazor que sabe a pouco, a case nada, despois dun inicio de partido que prometía máis.
 

Fracasa o experimento Seedorf en Xetafe

Fracasa o experimento Seedorf en Xetafe

Ataque de treinador do holandés no capítulo 26 do campionato. Titularidade para Muntari (só disputara 12 minutos face o Espanyol). Krohn-Dehli voltou ao once após penar nas bancadas no xogo anterior. Un único punta. Non funcionou nada. Nova derrota, a 16 no que vai de liga.

OPINIÓN

Seedorf, o temerario

Aínda hai tempo, pero cada vez menos. E o que menos importa xa é o tempo. O que importa é que o as trazas do equipo de Seedorf son as dun boxeador que está KO, que deambula polo cuadrilátero zombi esperando unha zoupada máis. Como...

OPINIÓN

Seedorf tampouco resucita o Dépor no primeiro faiscazo

Se cabía o factor sorpresa co troco do adestrador, aparellado ó exotismo co nome do técnico finalmente elixido, estes diluíronse ás primeiras de cambio. No fútbol hai tempo no que os tópicos, as frases feitas, os ditos...

Apupos e panos brancos nas bancadas na estrea de Seedorf
O Dépor perde unha nova final

Apupos e panos brancos nas bancadas na estrea de Seedorf

Non foi o pior partido, mais foi o resultado de sempre. 14 derrotas en 23 partidos condenan a calquera. O Betis chutou unha vez entre os tres paus. Gol, un tanto precedido dun groseiro erro defensivo, unha nova desatención de Albentosa. Seedorf mostrou tamén certas fraxilidades como estratega.

Outra incógnita chega a Riazor

Outra incógnita chega a Riazor

Nova aposta incerta do Dépor. Chega a proba o medio centro ghanés  Sulley Muntari, de 33 anos. Non xoga un partido oficial desde abril de 2017. Vén a proba.

Lendoiro pide un adianto eleitoral no Deportivo

Lendoiro pide un adianto eleitoral no Deportivo

O mandato de Tino Fernández concluiría en teoría en xaneiro. Lendoiro pide que se convoque o proceso en xuño, "prazo mínimo necesario para tomar decisións importantes para a próxima temporada".

Seedorf:"Hai que ser positivos"

Seedorf:"Hai que ser positivos"

Sétima carta en xogo de Tino Fernández, sétimo treinador en 4 anos. O presidente do Dépor ten esgotado o cupo de fracasos. Na súa apresentación esta segunda feira, Seedorf vendeu optimismo e até se reivindicou como adestrador.