dereitos-sociais
O Sergas está a negar a atención sanitaria a embarazadas, menores e mulleres en situación de prostitución
DEREITOS SOCIAIS

O Sergas está a negar a atención sanitaria a embarazadas, menores e mulleres en situación de prostitución

De xaneiro a marzo, Médicos do Mundo recolleu até 30 vulneracións do dereito de acceso á sanidade pública galega relacionados con persoas inmigrantes. Xunto co Foro Galego de Inmigración, Esculca e a Asociación sen Papeis, esta organización chama a cidadanía a facer parte dunha mobilización convocada para o domingo 27 na Coruña baixo unha proclama rotunda: 'É racismo, non é austeridade'
Medra a contestación social contra o despezamento do Público
EDUCACIÓN

Medra a contestación social contra o 'despezamento' do Público

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público segue co calendario de peches rotatorios nos centros: nesta semana toca Vigo, A Coruña, Pontevedra, Lugo e Burela. A Plataforma en Defensa do Ensino Público, pola súa banda, apoia a folga desta terza, convocada na Galiza só por CC.OO, e chama ás mobilizacións desta noite e ás manifestacións de mañá. Un grupo de estudantes de Socioloxía na UdC decidiron en asemblea ocupar a facultade
Despatoloxizar, despenalizar, desaprender: loitas LGTB e emancipación social
DÍA MUNDIAL CONTRA A HOMOFOBIA

Despatoloxizar, despenalizar, desaprender: loitas LGTB e emancipación social

Este 17 de Maio, ademáis do día das nosa lingua, é tamén o Día Internacional contra a Homofobia, a Bifobia e a Transfobia. No Estado español, desde hai case sete anos, o PP ten recorrida perante o Tribunal Constitucional a lei que permite o matrimonio entre persoas do mesmo sexo
Noite de okupas contra o decreto de Wert
EDUCACIÓN

Noite de 'okupas' contra o decreto de Wert

Un numeroso grupo de nais, pais, estudantado e docentes remataron esta terza ás nove da mañá o primeiro encerro dunha cadea que irá rotando polos IES do país até o 1 de xuño para exixir á Xunta que non aplique os recortes no ensino público e que denuncie o RD 14/2012 perante a Xustiza
O estudantado galego érguese contra os recortes
POR UN ENSINO PÚBLICO E GALEGO

O estudantado galego érguese contra os recortes

Até 20 mobilizacións en toda Galiza advirten a Feijóo de que o estudantado ''rexeita estes recortes e denuncia que con eles se ataca gravemente o ensino público e a súa calidade, así como o dereito de igualdade de oportunidades do alumnado, que aumentará o fracaso escolar e despedirá máis de 2000 docentes''. Así o recolle o manifesto da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, que foi lido ao remate da concentración, diante da Xunta
Feijóo quere impulsar a natalidade cun plan que esquece os dereitos sociais das mulleres
MULLERES

Feijóo quere impulsar a natalidade cun plan que esquece os dereitos sociais das mulleres

O Consello da Xunta aprobou a folla de ruta dun Plan para formentar o crecemento demográfico que non fala da reinserción laboral das mulleres despois do permiso por maternidade, pese a que os incentivos para estes contratos desapareceron coa última reforma laboral. Prométense máis prazas nas escolas públicas, pese a que 5 delas xa foron entregadas ao capital privado. As esperas en Xinecoloxía poden demorar até dous anos
x