desemprego
Galiza lidera a perda de baixas en autónomos
Réxime de autónomos

Galiza lidera a perda de baixas en autónomos

O país conta con 2.716 autónomas e autónomos menos que hai un ano, co que Galiza se sitúa á cabeza do Estado na perda de persoas traballadoras por conta propia.

Pasou o Nadal, volve o paro

Pasou o Nadal, volve o paro

Aumentou en 5.505 persoas en xaneiro. Decembro supuxo un 'parón' no incremento do paro que se levaba rexistrando desde xullo. A Seguridade Social perdeu nese mes case 14.000 persoas afiliadas. Os sindicatos denuncian o "deterioro" do mercado laboral galego.

A peor herdanza  da crise
Paro de longa duración

A peor herdanza da crise

A metade das persoas rexistradas como desempregadas na Galiza levan máis dun ano nesta situación. Son as paradas e parados de longa duración, un colectivo que no noso país anda nas 90.000 persoas, máis que toda a poboación que habita en cidades como Ferrol ou Pontevedra.  Ao tempo, a Xunta recorta en programas e fondos para formar persoas no desemprego.

“Retíranme un dereito básico como é o do desemprego por unha falta administrativa”
Abusos do Servizo Público de Emprego

“Retíranme un dereito básico como é o do desemprego por unha falta administrativa”

Manuel foi penalizado pola administración coa perda da prestación de desemprego. Unha sanción imposta por non declarar dentro de prazo un ingreso puntual e mínimo obtido mentres recibía a prestación. “Retiráronme o paro e tiven que devolver os tres meses que cobrara”, afirma. Un entre os centos de casos de retirada de prestación que se están a dar mentres Emprego desoe o que dita a xurisprudencia. 

Perder a prestación de desemprego por unha noite de camareira

Perder a prestación de desemprego por unha noite de camareira

A xurisprudencia leva uns anos deixando claro que non se pode penalizar coa retirada da prestación de desemprego a unha persoa por non declarar esta un ingreso puntual ou mínimo obtido mentres é beneficiaria desa prestación. Porén, o Servizo Público de Emprego continúa a penalizar estas casos, cando non se declaran, coa retirada da prestación, obrigando as persoas afectadas a iniciar un longo proceso xudicial.

Galiza duplica a taxa de paro europea
Níveis equivalentes ao sul de Italia e Grecia

Galiza duplica a taxa de paro europea

Un informe da oficina estatística europea, Eurostat, indica a grande fenda existente no continente en termos de desemprego entre o norte e o sul. Galiza rexistra niveis de paro equivalentes aos do sul de Italia e Grecia.

O paro de longa duración asáñase na mocidade

O paro de longa duración asáñase na mocidade

Uns 34.500 mozos galegos levan máis de doce meses inscritos como buscadores de emprego. Son máis que todos os habitantes do décimo concello galego máis poboado, Oleiros. Sete de cada dez deses mozos non teñen ningún tipo de cobertura por desemprego.

O espellismo estival do descenso do paro

O espellismo estival do descenso do paro

Desde 2007 os meses de xullo sempre rexistraron menos desemprego que xuño. O 70% dos novos empregos creáronse no sector servizos. O 93% dos contratos asinados o mes pasado foron temporais.

OPINIÓN

Reducirase o desemprego como afirman Rajoy e Feijóo?

O Partido Popular, ademais de nos esmagar coas súas políticas centralistas, negadoras dos dereitos reprodutivos da muller, e regresivas no aspecto fiscal, laboral e das prestacións sociais, seica está a punto de realizar nestes próximos dous anos unha milagre no relativo ao desemprego.

Mínima queda do paro desestacionalizado

Mínima queda do paro desestacionalizado

Os datos de paro rexistrado tirados do mes de maio deixan un descenso do 2,26% na Galiza. Hai 6.573 [email protected] menos que en abril pero 7.278 máis que hai un ano. A queda do paro ten un fortísimo componente estacional. No Estado, o paro desestacioanalizado cae só en 265 persoas.

Miguel Fernández “A política de recortes e o desemprego están a aumentar a exclusión social”

Miguel Fernández “A política de recortes e o desemprego están a aumentar a exclusión social”

O informe “Na procura de alternativas II” de Cáritas Inerparroquial recolle que 650.000 persoas están na Galiza en situación de exclusión social e 120.000 viven nunha pobreza que caracterizan de carácter severo. Responsábel de emprego e inmigración de Cáritas Interparroquial, membro da Plataforma polo emprego e do Foro da Inmigración, Miguel Fernández sitúa nas altas taxas e o desemprego prolongado máis na política de recortes as causas destes alarmantes datos.