deslocalizacion
Protesta do persoal das contratas na sede de R na Coruña

Protesta do persoal das contratas na sede de R na Coruña

Traballadoras e traballadores de diferentes contratas do operador R retomaron as protestas diante da ameaza de deslocalización. O conflito chegou esta semana ao Parlamento galego e ao pleno do Concello da Coruña. Polo de agora, a resposta institucional limítase a unha entrevista coa secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca.
O conflito contra as deslocalizacións en R chega á Xunta
Mobilización nas subcontratas

O conflito contra as deslocalizacións en R chega á Xunta

O persoal das subcontratas de R manifestouse diante da Xunta solicitando ao goberno galego a súa implicación perante o proceso de deslocalización de servizos impulsado por Euskaltel, empresa propietaria de R Cable, co que se pon en risco máis de mil empregos.

Retoman as folgas nas subcontratas de R contra a deslocalización
Seis xornadas de paros e mobilizacións

Retoman as folgas nas subcontratas de R contra a deslocalización

O persoal da empresa Comfica, subcontrata que realiza servizos de soporte telefónico para R na Coruña, levou a cabo nesta terza 13 de agosto novas accións de protesta para defender o mantemento0 dos postos de traballo na Galiza e para rexeitar a intención da empresa de deslocalizar servizos. Os paros de 24 horas e as mobilizacións manteranse este 14 de agosto e máis nos días 20, 21, 27 e 28.

A batalla de Iberdrola

A batalla de Iberdrola

Presente na Galiza desde a década dos 60, cando o franquismo intensificou as concesións dos aproveitamentos hidroeléctricos, Iberdrola pretende agora reducir tamén o emprego nas zonas nas que provocou un forte impacto ambiental. A decisión está a ser contestada social e politicamente. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 353 do semanario en papel Sermos Galiza.