detencions
Detidos catro independentistas en Vigo e Vilamarín
ACUSADOS DE PERTENZA E COLABORACIÓN CON 'RESISTENCIA GALEGA'

Detidos catro independentistas en Vigo e Vilamarín

A Garda Civil detivo esta fin de semana catro militantes independentistas no marco da Operación Lusista. Dous deles serían Miguel G.N e Joam M.S, segundo fontes do movemento independentista. Os outros dous son, segundo o Instituto armado, Antom G.M e Asunción L.C, aos que sitúa como "máximos responsábeis de Resistencia Galega" e que as forzas de seguridade indican que levaban buscando desde 2006. A operación segue aberta.