dia-da-patria
Así naceu o Día da Patria Galega

Así naceu o Día da Patria Galega

O 7, 8 e 9 de novembro de 1919, os delegados das diversas agrupacións das Irmandades da Fala presentes na II asemblea nacionalista, celebrada en Santiago de Compostela, acordaron declarar o 25 de xullo como Día da Patria Galega. A xornada, que se celebrou por primeira vez en 1920, irá cobrando folgos en sucesivas convocatorias até converterse nunha data de referencia da vida social e política da Galiza. Eis un estrato da peza publicada no número 371 do semanario en papel Sermos Galiza.
A mesma pancarta na Alameda, 50 anos despois

A mesma pancarta na Alameda, 50 anos despois

O BNG comemora os 50 anos que pasaron desde que o nacionalismo recuperou a celebración do 25X. 5 décadas desde que ficou estabelecida a denominación de Día da Patria Galega como xornada de reivindicación dos dereitos nacionais do país.

23 F: o programa

23 F: o programa

Un obxectivo e tres golpes. Se ben partillaban o aspecto central, isto é  defender o proceso de reforma política institucionalizado pola constitución de 1978, diverxían na metodoloxía e nos procedementos a aplicar.

As voces da primeira década do Día da Patria Galega
MEMORIA

As voces da primeira década do Día da Patria Galega

Afirmaba Castelao que o 25 de Xullo era “a festa maior dos galegos”. Unha xornada reivindicativa ideada polas Irmandades da Fala en 1920 e recuperada en 1968 pola Unión do Povo Galego (UPG), quen resgatou a data na denominación e no contido. Contamos co testemuño daquela primeira década de conmemoración do Día da Patria da voz de Bautista Álvarez, Xesús Sanxoás, Saleta Goi, Xosé Estévez, Lois Diéguez, Maite Caramés, Margarita Ledo, Pilar Allegue, Francisco Rodríguez e Vicente Vázquez. Recollémelo no Sermos Galiza 255.

OPINIÓN

Conflitividade laboral, loita e traizóns

Dicíame un dirixente sindical do transporte da CIG, que hai seis anos que non se negocia o convenio do sector da provincia de Pontevedra. Como consecuencia, un condutor/ra gaña 900 euros brutos ao mes. Ese mesmo día, un condutor de camións de...