dia-das-letras-galegas
A Executiva da Academia aposta en Carvalho Calero para o Día das Letras de 2020
Apoian a candidatura 13 académicas

A Executiva da Academia aposta en Carvalho Calero para o Día das Letras de 2020

Todo apunta a que Ricardo Carvalho Calero será a persoa a quen se lle dedique o Día das Letras Galegas de 2020. Trece integrantes da RAG, entre eles a Executiva, presentaron unha outra proposta sobre o ferrolán, alén da rexistrada por nove académicas e académicos e da que informara Sermos Galiza na mañá da terza feira.

Antonio Fraguas tendeu pontes que viñan de Castelao a nós
ESPECIAL SOBRE ANTONIO FRAGUAS

Antonio Fraguas tendeu pontes que viñan de Castelao a nós

Desde as perspectivas do tempo engrandécense a vida e a obra de quen trazou esperanzas alboreiras para Galiza, logo perseguidas e frustradas por unha guerra, os silencios, a convivencia cos que resistiron e, non había outra, mesmo cos que apoiaron a ditadura. Sobrevivir coa dignidade do deber cumprido, de servir á Terra. Pois velaquí a síntese vital dun home bo e xeneroso, deses que cantamos no Himno Galego, dos que non dan a esquecemento da inxuria, que fan memoria de Nós, apagando o rancor tamén.

Todo sobre Fraguas nun especial editado por Sermos Galiza
40 páxinas de monográfico

Todo sobre Fraguas nun especial editado por Sermos Galiza

Con motivo do Día das Letras Galegas, Sermos Galiza S.A. edita un A FONDO especial, o caderno monográfico que acompaña cada número do semanario en papel, sobre Antonio Fraguas, a figura homenaxeada este ano. Unha ducia de colaboracións de persoas que coñeceron ou que se aproximaron á obra do de Cotobade compoñen as 40 páxinas de monográfico.

A Academia publica o discurso de ingreso de Fraguas en 1956
Dedicado ás coplas populares de Cotobade

A Academia publica o discurso de ingreso de Fraguas en 1956

As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade. Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán foi o título do discurso co que Antonio Fraguas ingresou na Real Academia Galega o 8 de maio de 1956. A institución vén de o dispoñibilizar nunha edición dixital facsimilar canda a réplica, pronunciada por Ramón Otero Pedrayo.
 

A Academia di agora estar disposta a homenaxear Carvalho Calero

A Academia di agora estar disposta a homenaxear Carvalho Calero

O último plenario da Real Academia Galega decidiu, un ano máis, non lle dedicar o Día das Letras a Ricardo Carvalho Calero. Dezaseis votos contra 8 inclinaron o debate, por intres virulento, a prol do historiador e etnógrafo Antón Fraguas. Non obstante, fontes próximas á presidencia da institución aseguran agora estar dispostas a homenaxear no futuro a figura do ferrolán.
 

Sen sorpresas na RAG: Fraguas imponse a Carvalho Calero
O autor de "Scórpio", eterno aspirante

Sen sorpresas na RAG: Fraguas imponse a Carvalho Calero

Máis unha vez Ricardo Carvalho Calero non será protagonista do Día das Letras Galegas. Impúxose ao autor de Scórpio Antón Fraguas, historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo que foi membro de entidades culturais como o Seminario de Estudos Galego e de institucións como a propia Real Academia Galega ou o Consello da Cultura Galega. Foi director do Museo do Pobo Galego.

As vidas de María Victoria Moreno
Todos os rostos da escritora do Día das Letras 2018

As vidas de María Victoria Moreno

A cuarta muller á que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas naceu na Extremadura española, optou politicamente polo galego e fixo da docencia e a escrita para a infancia os eixos dunha vida a prol dunha cultura en liberdade. Un feixe de libros repasan a súa obra e biografía. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 296.

O amor pola lingua desborda a Praza da Quintana
MANIFESTACIóN DO 17M

O amor pola lingua desborda a Praza da Quintana

[EN ACTUALIZACIÓN] Ao berro de "Na Galiza, en galego" deu comezo a manifestación convocada por Queremos Galego con motivo do Día das Letras. A mobilización, masiva, partiu pasadas as 12.15h da Alameda de Compostela.

A Academia agoira un ano exitoso coa "gloriosa" elección de Manuel María
IMPONSE EN 2º VOLTA A CARVALHO CALERO

A Academia agoira un ano exitoso coa "gloriosa" elección de Manuel María

Tras a desfeita provocada pola polémica elección de Filgueira Valverde, a Real Academia Galega presenta como "gloriosa" e "eficaz" a designación de Manuel María como homenaxeado do Día das Letras de 2016. A Academia, que tivo que votar en segunda volta entre Manuel María e Carbalho Calero, anunciou que o poeta nado en Outeiro de Rei foi elixido por unha ampla maioría.