diadagalizamartir
Pontón: “Desde o BNG seguimos traballando para facer posíbel a Galiza que soñou Bóveda”
Día da Galiza Mártir

Pontón: “Desde o BNG seguimos traballando para facer posíbel a Galiza que soñou Bóveda”

Ollar cara ao futuro, mais “non desde a amnesia e a impunidade”. Así apelaba Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, á “xustiza, verdade e reparación de Bóveda e de todos os homes e mulleres represaliadas, encarceradas, silenciadas, rapadas ou asasinadas” no acto que a formación nacionalista organizou en Pontevedra con motivo do Día da Galiza Mártir.

OPINIÓN

Editorial #Sermos359: A memoria como alicerce de futuro

En vésperas do Día da Galiza Mártir, unha xornada eminentemente reivindicativa e de reparación das vítimas da represión brutal que padeceu a nación, cómpre valorizar a memoria como unha das pedras angulares coas que entender o presente e construír o futuro. Días como o da...

Lembrar a semente dos mártires da liberdade
Día da Galiza Mártir

Lembrar a semente dos mártires da liberdade

Durante o mes de agosto Galiza homenaxea nas rúas as persoas represaliadas pola ditadura franquista. Os actos xiran ao redor do 17 de agosto, aniversario do asasinato de Alexandre Bóveda e Día da Galiza Mártir. Da Coruña a Poio asociacións, concellos e forzas políticas reúnense para lembrar quen loitou contra a ditadura e defendeu a liberdade.

O BNG apela á autoorganización do pobo galego na homenaxe a Ánxel Casal
81 anos do asasinato

O BNG apela á autoorganización do pobo galego na homenaxe a Ánxel Casal

O BNG de Santiago de Compostela homenaxeou na mañá do sábado Ánxel Casal con motivo do 81 aniversario. Un acto que contou coas intervencións de Rubén Cela, portavoz municipal do BNG, Emilio Grandío, historiador, e Argantel Kerdudo, membro de Galiza Nova, e en que se atopaban, entre moitas outras persoas, Fernanda e Carme, as sobriñas de Ánxel Casal.

Impunidade e represión fascista nas terras da Mariña luguesa

Impunidade e represión fascista nas terras da Mariña luguesa

Dende a declaración do estado de guerra e o conseguinte levantamento militar contra a República, os golpistas e os seus partidarios comezaron unha implacable persecución e depuración de todas aquelas persoas consideradas desafectas ao movemento...

Atila en Ordes. Listaxe de vitimarios

Atila en Ordes. Listaxe de vitimarios

 A brutal represión que imperou nos días posteriores ao 25 de xullo en Ordes (unha vez tomada a vila polos militares e cando comezaron a ondear as insignias da Falanxe) está relacionada cos precedentes políticos que se deron no concello...

O “legalismo” dos militares sublevados

O “legalismo” dos militares sublevados

Os golpistas de xullo do 1936 desenvolveron de xeito planificado unha durísima represión contra as “cabezas” locais institucionais (militares fieis ao goberno, gobernadores, deputados, alcaldes, concelleiros, secretarios de concellos, xefes de...

“Papá non morreu de enfermidade, foi fusilado polas súas ideas e por Galiza”
Entrevistamos Amalia Bóveda

“Papá non morreu de enfermidade, foi fusilado polas súas ideas e por Galiza”

Aos seus 80 anos, Amalia desborda vitalidade. Tanta, que nada máis despedirnos marcha á casa de Ratel (Forcarei) para ver a horta, “as patacas que plantei quedáronme moi pequenas porque non lles quitei as herbas”, sinala. Esa mesma vitalidade lévaa a participar cada 17 de agosto, día do fusilamento de seu pai, Alexandre Bóveda, na Caeira, nos actos de conmemoración do Día da Galiza Mártir. Aquel 17 de agosto de 1936, Amalia Álvarez Gallego, a súa nai, levábaa no ventre. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 259.

#Editorial259: a vixencia de Bóveda

#Editorial259: a vixencia de Bóveda

Conmemoramos con estas páxinas especiais o Día da Galiza Mártir, unha xornada que debería ser institucionalizada en lembranza do pensamento de Alexandre Bóveda e de cantas e cantos sufriron a represión por defender Galiza e a...

Sermos conmemora o Día da Galiza Mártir cunha edición especial
SEMANARIO

Sermos conmemora o Día da Galiza Mártir cunha edición especial

Chega o Día da Galiza Mártir, data reivindicativa que lembra Alexandre Bóveda, fusilado na Caeira (Poio) o 17 de agosto de 1936 por defender os ideais nacionalistas. Con motivo desta xornada clave no calendario, o semanario Sermos Galiza publica unha edición especial.

O imperio da roubacha tras o golpe militar: o caso de Tabeirós-Montes

O imperio da roubacha tras o golpe militar: o caso de Tabeirós-Montes

Entre agosto de 1936 e xaneiro de 1937, a bisbarra de Tabeirós- Montes foi escenario dunha sistemática morea de asaltos, secuestros, extorsións e aleivosas violacións de domicilios de antigos esquerdistas, cuxo planeamento apunta a mandos provinciais e locais da Falange. Bota luz sobre estes feitos o historiador Dionisio Pereira.

Día da Galiza Mártir, un día para a dignidade
79º ANIVERSARIO DO FUSILAMENTO DE BóVEDA

Día da Galiza Mártir, un día para a dignidade

Hoxe, 17 de agosto, é un día para a memoria, para honrar a Galiza Mártir, simbolizada na figura de Alexandre Bóveda, que hai 79 anos era asasinado na Caeira (Poio) polos falanxistas.

Francisco Miguel e Syra Alonso, figuras para a lembranza
O BNG RECUPERA ESTAS VíTIMAS DA REPRESIóN

Francisco Miguel e Syra Alonso, figuras para a lembranza

O pintor Francisco Miguel e a escritora Syra Alonso serán lembrados esta tarde na Praza da Liberdade da parroquia de Nós (Oleiros), nun acto de homenaxe ás persoas vítimas da persecución e o odio desatados co golpe de estado de xullo de 1936.

“Que a reparación moral de Bóveda non implique a anulación do xuízo é un delirio”
VALENTíN BóVEDA, VICEPRESIDENTE DA FUNDACIóN ALEXANDRE BóVEDA

“Que a reparación moral de Bóveda non implique a anulación do xuízo é un delirio”

Valentín Bóveda é vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda que cada ano convoca actos en Poio e Pontevedra para conmemorar o Día de Galiza Martir. Neto tamén de Alexandre Bóveda, valora nesta entrevista a aprobación da declaración de reparación moral da figura do seu avó mentres continúa sen se se albiscar a anulación do xuízo sumarísimo que reclaman.