diariogalego
O proxecto para un diario galego visita Ordes e Fene
Presentacións

O proxecto para un diario galego visita Ordes e Fene

Ordes e Fene son os concellos que visitaremos esta semana para presentarmos o proxecto de Sermos O Diario Galego, o xornal en papel que preparamos para 2019. Contamos coa túa asistencia para tomarmos nota das suxestións e propostas que nos realices e para che resolver todas as túas dúbidas.

Outra prensa é posíbel e necesaria
O lectorado non baixou, hai que dar con el

Outra prensa é posíbel e necesaria

Podemos confiar na política ou no Goberno como axentes de cambio social? Nestes tempos os axentes son outros, e a comunicación social é un campo de batalla central. 

O proxecto para o diario viaxa a Noia, Cee, Sarria e Fene
Presentacións

O proxecto para o diario viaxa a Noia, Cee, Sarria e Fene

Noia, Cee, Sarria e Fene acollerán no que resta de semana e na seguinte presentacións do proxecto para a saída de Sermos O Diario Galego. Unha xeira de actos enmarcados na conta atrás para lograr as 3.000 subscricións que fagan posíbel a iniciativa.

Quen paga, manda
A política de subsidios aos medios da Xunta

Quen paga, manda

Os empresarios dos medios de comunicación recibiron máis de 20,3 millóns de euros da Xunta de Galiza en 2017. O 90% deste diñeiro repartiuse á marxe das convocatorias de subvencións do Diario Oficial da Galiza (DOG) mediante dúas vías — convenios de colaboración e contratación de publicidade — que permiten distribuír legalmente o diñeiro público de maneira discrecional, sen publicidade nin concorrencia.

Acreditamos muito na informação própria
Mário Ramires, diretor do i e do Sol

"Acreditamos muito na informação própria"

 

Conversamos com Mário Ramires, diretor dos meios portugueses i e do Sol, sobre jornalismo. Uma entrevista sobre o rol dos distintos espaços de comunicação, desde o digital até o papel.

Editorial Sermos297: Ti Contas!
Editorial Sermos297

Editorial Sermos297: "Ti Contas!"

A campaña para o lanzamento de O Diario Galego en 2019 enceta o seu percorrido por toda a Galiza para dar a coñecer o proxecto do que será o único diario en papel en galego, e en defensa dos intereses galegos. A través de actos dinámicos, respostaremos todas as...

Necesitamos vernos nun diario
María Casar, sobre o lanzamento de 'O Diario Galego'

"Necesitamos vernos nun diario"

Conversamos con María Casar, presidenta da Asociación Cultural Ergueitos, sobre O Diario Galego, programado para 2019.

Duascentas persoas arroupan a presentación de ‘O diario galego’
3.000 subscritoras para-un xornal en papel en 2019

Duascentas persoas arroupan a presentación de ‘O diario galego’

Persoas do grupo impulsor, representantes de diferentes organizacións e entidades do tecido económico, social, cultural e político do país asistiron ao acto de presentación das liñas básicas do proxecto, un xornal diario, que Sermos Galiza proxecta lanzar en 2019.

Sermos Galiza prepara a saída dun xornal diario en papel para 2019

Sermos Galiza prepara a saída dun xornal diario en papel para 2019

Un semanario, o único en lingua galega neste momento nos quiosques. Un dixital, líder nas redes sociais e que no pasado mes de outubro bateu todos os seus récords ao totalizar máis de 140.000 usuarias únicas. Unha editora, con cinco volumes xa publicados e miles de exemplares vendidos. Un proxecto de comunicación en crecimento constante. Esa é a realidade de Sermos Galiza, unha iniciativa nada da base social do país co propósito de alargar o espazo de comunicación galego, de o fortalecer, de o facer centro de gravidade, nunca satélite. Sermos é vocacionalmente un proxecto que non se pon límites e por iso traballa desde hai meses na saída dun xornal diario en papel en 2019.

x