directivos
Os directivos do IBEX 35 aumentan as súas retribucións en 10%

Os directivos do IBEX 35 aumentan as súas retribucións en 10%

As persoas que fan parte dos órganos de administración das empresas e compañías cotizadas recibiron entre xaneiro e xuño máis de 170 millóns de euros. Nese período, as súas empresas reduciron en case 6.000 persos o seu plantel de traballadores e traballadoras. O exercicio 2018 xa fechara cun aumento de 11% nas nóminas do persoal de alta dirección. 

O xuízo de Encarnación fronte ao dos directivos das caixas

O xuízo de Encarnación fronte ao dos directivos das caixas

Dous días despois do inicio do xuízo contra os directivos de NCG  por cobraren 19 millóns de euros en prexubilacións, Encarnación Santos, de 72 anos, acudirá aos xulgados, canda tres preferentistas máis, acusada de “portar un sacho e unha barra de ferro” na loita para recuperar os seus cartos. VÍDEO NO INTERIOR

"Recortes e despidos, para os directivos!"

"Recortes e despidos, para os directivos!"

"Recortes e despidos, para os directivos". O cántico resume á perfección a marcha de traballadoras e traballadores afectados polo desmantelamento de Novagaliciabanco, que nestes mesmos momentos está a tomar as rúas de Santiago.
A fiscalía pide entre un e cinco millóns de euros aos ex-directivos das caixas

A fiscalía pide entre un e cinco millóns de euros aos ex-directivos das caixas

A Fiscalía Anticorrución demanda aos ex-directivos das caixas que devolvan os fondos percibidos en concepto de indemnizacións por entender que estas foron outorgadas indebidamente. Gayoso, Pego, Gorriarán e Paredes poderían devolver boa parte do diñeiro recibido, mesmo, en concepto de salario devengado até 2025, caso de Javier García de Paredes.
BNG e PSdeG exixen a creación da comisión parlamentar que investigue a fraude das caixas

BNG e PSdeG exixen a creación da comisión parlamentar que investigue a fraude das caixas

Após coñeceren as fianzas decretadas polo xuíz da Audiencia Nacional, Ismael Moreno, para catro dos ex-directivos das caixas galegas polo fraude das indemnizacións durante o proceso de fusión das extintas entidades financeiras galegas, os grupos da oposición exixen responsabilidades ao goberno de Alberto Núñez Feijóo e a creación da comisión de investigación no parlamento.