diversidade
Voces femininas, críticas e diversas resoarán nas pantallas de Compostela
33º Cineuropa

Voces femininas, críticas e diversas resoarán nas pantallas de Compostela

O cinema realizado por mulleres preséntase como fío condutor da 33ª edición do festival de cinema da capital galega, que terá lugar de 7 a 28 de novembro de 2019. O anuncio chega após a polémica polo cambio de directiva á empresa madrileña La Tropa Produce. Os filmes que compoñen a programación daranse a coñecer a vindeira quinta feira 31 de outubro.
A Xunta alega que as necesidades de persoal especializado nos colexios coruñeses están cubertas, pero anuncia reforzos

A Xunta alega que as necesidades de persoal especializado nos colexios coruñeses están cubertas, pero anuncia reforzos

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, asegurou esta quinta feira, día 10, nunha xuntanza coa Asociación de Directores e Directoras de Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria da Coruña, que as necesidades dos colexios coruñeses que reclaman persoal especializado están cubertas. Porén, avanzou que se reforzará algún colexio con máis horas de Audición e Linguaxe e de Pedagoxía Terapéutica e se destinará algunha coidadora en todos aqueles casos nos que tanto a dirección do centro como inspección educativa o consideren necesario.
Protestas perante a Xunta contra os recortes da atención á diversidade nos centros de ensino

Protestas perante a Xunta contra os recortes da atención á diversidade nos centros de ensino

Co obxectivo de exixir á Xunta que garanta o persoal necesario para a atención á diversidade, unha plataforma de familias que se agrupan baixo o lema Dereitos, non parches convoca para esta cuarta feira unha concentración diante do edificio administrativo da Coruña. A convocatoria, prevista para as 11 horas, está aberta a familias, profesionais da educación e calquera persoa "que se sinta apelada pola necesidade de garantir a correcta atención á diversidade na educación", sinala a entidade convocante. 

O Resurrection Fest, protagonista da fotografía gañadora dos Premios Cermi

O Resurrection Fest, protagonista da fotografía gañadora dos Premios Cermi

Unha estampa do certame musical de Viveiro é a triunfadora nos premios do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade na categoría de Acción Cultural Inclusiva, por visibilizar que "o acceso á música contribúe a superar as barreiras que aínda seguen afrontando as persoas con diversidade funcional".
Docentes lanzan a rede de apoio LGBT nas escolas galegas

Docentes lanzan a rede de apoio LGBT nas escolas galegas

Un grupo de profesionais de 50 centros de primaria e secundaria matinan na creación dunha rede de apoio LGBT que dea visibilidade ao colectivo no ámbito educativo. A comunidade educativa do país “deixa facer”, din as promotoras, “o que xa é cousa relevante”. 
Aulas seguras contra a LGBTfobia
Igualdade

Aulas seguras contra a LGBTfobia

Sensibilizar, visibilizar, concienciar e informar sobre a realidade LGBTi nos centros educativos é unha das materias pendentes do ensino no país. E non só. Tamén a formación de docentes, alumnado e ANPA en diversidade. Ollamos cara á realidade escolar na semana previa á conmemoración do Día Internacional do Orgullo LGBT+. Eis un extracto da reportaxe publica no Sermos Galiza 251.

Creatividade artística e diversidade funcional
UN NOVO A FONDO SUXERIDO POLA COMUNIDADE SERMOS

Creatividade artística e diversidade funcional

O Afondo desta semana -suxerido polo noso público lector, na rúa a quinta feira 4 de xuño, na nosa loxa xa na noite da cuarta- reparará nas iniciativas e experiencias que en Galiza se tecen ao redor do binomio creatividade artística e diversidade funcional.

OPINIÓN

Diversidade lingüística e linguas ameazadas en Europa.

  O pasado 20 de marzo, véspera do Día Internacional da Poesía, participei nun Grupo de Traballo sobre linguas ameazadas e diversidade lingüística na sede do Parlamento europeo, como representante da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, AELG.