dous
"El desconocido" faise con dous premios Goya
JORGE COIRA, PREMIADO

"El desconocido" faise con dous premios Goya

El desconocido, a película de Vaca Films dirixida por Daniel de la Torre, obtivo dous premios Goya, na categoría de montaxe e de son. O cineasta Jorge Coira foi premiado pola montaxe do filme.

Al Qaeda mata arredor de 30 persoas en dous ataques en Burkina Faso
LIBERAN 126 REFéNS

Al Qaeda mata arredor de 30 persoas en dous ataques en Burkina Faso

Uagadugú, capital de Burkina Faso, foi o escenario de dous atentados reivindicados por Al Qaeda que acabaron coa vida de arredor de 30 persoas e que deixaron outra trintena de persoas feridas. As forzas de seguridade liberaron 126 reféns do interior dun hotel.

Empate a 1.515 votos entre o "si" e o "non" á investidura de Mas
ASEMBLEA DA CUP

Empate a 1.515 votos entre o "si" e o "non" á investidura de Mas

[ACTUALIZADA ÁS 20.58] Na terceira rolda de votación da asemblea nacional da CUP en Sabadell, ambas as opcións, a do "si" á investidura de Artur Mas e a do "non" ficaron en táboas, con 1.515 votos cada unha. Este resultado ten lugar após impoñerse na segunda volta o "non" por 1.512 votos (49,70%) ao "si", que obtivera 482 apoios, un 48,71%.

Eu sumei nos dous millóns
CRóNICA DO MERGULLO NA DIADA POLA INDEPENDENCIA

Eu sumei nos dous millóns

O xornalista Rubén Permui partilla coas leitoras de Sermos Galiza unha crónica en primeira persoa da exitosa Via Lliure que o pasado Onze de Setembre reuniu a máis de 2 millóns de persoas a prol da independencia de Catalunya. Permui aborda tamén o impacto posterior da  Diada deste ano, que coincidiu co inicio da campaña do 27S.

POLA XESTIóN "IRRESPONSáBEL" DAS VACANTES

A CIG-Ensino pide a destitución de dous altos cargos de Educación da Coruña

A CIG-Ensino vén de exixirlle á Consellaría de Educación que destitúa tanto o xefe Territorial como o xefe do Servizo de Inspección Educativa da Coruña pola xestión "irresponsábel" das vacantes obxecto de adxudicación dos destinos provisionais do próximo curso.
 

Detido no aeroporto de Sá Carneiro un condenado por pertenza a Resistencia Galega

[Actualizada ás 10:50 horas] A radio-televisión pública portuguesa informou que foi detido, canda un acompañante, cando procuraban viaxar a Venezuela con documentación  falsa. Fontes policiais citadas por medios portugueses e españois apontan que o detido é Heitor N.G. Esta quinta feira pasará a disposición xudicial. Jaime M.M foi posto en liberdade.

As forzas de asalto matan os dous presuntos autores do masacre do Charlie Hebdo
MORTOS 4 REFÉNS E O SECUESTRADOR QUE SE ATRINCHEIROU NUNHA TENDA KOSHER EN PARÍS

As forzas de asalto matan os dous presuntos autores do masacre do Charlie Hebdo

O xigantesco dispositivo policial -até 80.000 efectivos foron mobilizados en algún momento da busca- conclúe coa morte dos dous presuntos terroristas e coa liberación do refén. Tamén foi abatido o suposto jihadista que a quinta feira acabou coa vida dunha policía local en Montrouge, ao sur de París. Durante o asalto á tenda kosher en que se achaba atrincheirado, morreron 4 reféns.

Dous días, unha noite
CRÍTICA DE CINEMA DAS SEXTAS FEIRAS

Dous días, unha noite

Sandra (Marion Cotillard) descobre que os seus compañeiros de traballo optaron por recibir unha suculenta paga extraordinaria, a cambio do seu despido. Sandra terá só un fin de semana para convencer aos colegas de que non o fagan e así poder conservar o seu traballo.

OPINIÓN

Carta aberta para dous amigos de //ABANCA

Queridos Juan Carlos e Francisco:

Permitan que lles devolva, con toda a consideración que lles profeso en calidade de directivos de //ABANCA, o agarimoso saúdo que tiveron a ben realizar a través de envío epistolar, manifestándome unha declaración de afecto tan sentida e individualizada, que me fixeron dubidar de se eu era merecente de tal grao de familiaridade, dado que non temos o gusto de nos coñecer en persoa, nin tampouco sei se podo devolver a confianza que depositan nun individuo coma min, docente sen oficio nin beneficio, pois non posúo máis patrimonio que unha nómina a fin de mes e unha vivenda (digna) aínda hipotecada.

Bové ve en Schulz e Juncker "os dous candidatos" da chanceler Merkel

Bové ve en Schulz e Juncker "os dous candidatos" da chanceler Merkel

Aos seus 61 anos, José Bové é o portavoz de Vía Campesiña e o candidato do Partido Verde Europeu á presidencia da Comisión Europea. Esta semana viaxou a Galiza para prestar apoio á campaña do BNG e, singularmente, a Ana Miranda como número 1 da listaxe nacionalista. Nunha pequena entrevista con Irmandade TV (vídeo no interior), Bové cargou contra Schulz e Juncker -candidatos socialdemócrata e conservador á presidencia da Comisión. "Son os dous candidatos de Merkel", denuncia.