eh-bildu
Todas as forzas do independentismo catalán, o BNG e EH-Bildu piden vías de diálogo co Estado
Declaración da Llotja de Mar

Todas as forzas do independentismo catalán, o BNG e EH-Bildu piden vías de diálogo co Estado

“Temos vontade de camiñar xuntas porque xuntas somos máis fortes”, di Bieito Lobeira sobre a declaración conxunta de once partidos políticos das tres nacións na que reclaman a liberdade dos presos políticos cataláns e demandan o exercicio do dereito de autodeterminación. A Declaración da Llotja de Mar apela á comunidade internacional a posibilitar, apoiar e promover solucións para os distintos conflitos territoriais abertos no Estado español.

EH Bildu pide a soberanistas vascos, cataláns e galegos emprender "un camiño xuntos"

EH Bildu pide a soberanistas vascos, cataláns e galegos emprender "un camiño xuntos"

A portavoz parlamentaria de EH Bildu, Maddalen Iriarte, reclamou aos soberanistas vascos, cataláns e galegos que "fagan un camiño xuntos, entre todos". Así mesmo, denunciou que a sentenza de condena do Tribunal Supremo aos promotores do "proceso" mostra "a involución antidemocrática do Estado". 42.000 persoas manifestáronse este sábado en Donostia en apoio dos dereitos do pobo de Catalunya.
EH Bildu chama a se manifestar este sábado en Donostia a prol dunha República vasca

EH Bildu chama a se manifestar este sábado en Donostia a prol dunha República vasca

A esquerda abertzale vive un bon momento —no conxunto de Euskal Herria é a forza con máis presenza municipal após o 28M— e aspira a mostrar músculo social este sábado cunha marcha en favor da independencia. Será en Donostia (18 h). Na presentación da convocatoria, a portavoz Esti Elduaien puxo en valor o carácter estratéxico da converxencia con ERC no Congreso dos Deputados. "Dixemos que íamos parar o trifachito. Iso é o que acabamos de facer en Nafarroa", esclareceu.
EH Bildu vaise abster "aínda que temos sobrados motivos para votar non"

EH Bildu vaise abster "aínda que temos sobrados motivos para votar non"

ERC gardou celosamente o segredo sobre o sentido do seu voto esta terza feira. EH Bildu, non. A formación soberanista vasca si avanzou en que dirección, a da abstención, irá o seu sufraxio. E iso "aínda que temos sobrados motivos para votar non", afirmou Mertxe Aizpurua, a portavoz da esquerda abertzale.
Otegi anuncia que EH Bildu estará no minuto de silencio polas vítimas do terrorismo
"Eu gostaría de que González dixese que é o X dos GAL"

Otegi anuncia que EH Bildu estará no minuto de silencio polas vítimas do terrorismo

Foi unha entrevista tipo terceiro grao precedida dunha intensa polémica avivada desde as tres dereitas e a caverna mediática. Aconteceu en prime time na televisión pública española, mais na canle 24 horas. Otegi foi bombardeado unha e outra vez con cuestións máis propias dun xuízo do que dunha conversa xornalística. Todo preparado para a prensa convencional titular ao día seguinte coa non noticia: "Otegi non condena o terrorismo". E porén, o líder abertzale si deu un titular (el chamouno scoop, primicía en inglés): EH Bildu participará, esta quinta feira no Congreso, no minuto de silencio polas vítimas do terrorismo.

O BNG reivindica o dereito a decidir no Aberri Eguna
Día da Patria Vasca

O BNG reivindica o dereito a decidir no Aberri Eguna

O Aberri Eguna contou coa participación do BNG por medio do seu coordinador da área de relacións internacionais, Rubén Cela. No acto organizado por EH Bildu en Iruña reivindicouse o dereito a decidir dos pobos. O PNV conmemorouno en Bilbo ante centos de persoas, e Podemos uniu a reivindicación da data cos dereitos sociais. O acto organizado pola dereita española para contraprogramar a Bildu só xuntou unhas ducias de asistentes.

BNG organiza en Bruxelas a conferencia "Franquismo despois de Franco"
Con EH Bildu, ERC e Compromís

BNG organiza en Bruxelas a conferencia "Franquismo despois de Franco"

Non morreu o 20-N de 1975. O franquismo continúa aquí e proxecta a súa sombra sobre as políticas en curso dos gobernos do PP. Esa é a ideia central que leva o BNG a, conxuntamente con EH Bildu, organizar en Bruxelas unha conferencia sob o título de "Franquismo despois de Franco". Será este 20 de novembro, 42 anos após a morte do ditador.

“Cos tratados de libre comercio non imos ter capacidade de decisión”
Adolfo Araiz, portavoz de EH Bildu en Nafarroa

“Cos tratados de libre comercio non imos ter capacidade de decisión”

Conversamos con Adolfo Araiz, portavoz de EH Bildu no Parlamento de Nafarroa, e asinante en nome da coligazón abertzale da declaración impulsada polo Bloque contra os tratados de libre comercio. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 253.

Soberanistas de seis pobos europeos asinan na Coruña unha declaración contra CETA e TTIP
BNG, Sinn Féin, ERC, EH Bildu, UDB, Ecolo

Soberanistas de seis pobos europeos asinan na Coruña unha declaración contra CETA e TTIP

 ‘Os pobos de Europa ante os tratados de libre comercio’ está apoiado por BNG, EH Bildu, ERC, Sinn Féin, a UDB bretoa e Ecolo (Valonia). Declaran que eses tratados benefician grandes corporacións en detrimento dos pobos, os traballadores e o medio ambiente. A declaración deuse a coñecer no marco dun congreso internacional organziado pola Fundación Galiza Sempre e o centro Maurits Coppieters.