Xosé Lois Leirós preside a nova directiva de Marusía
Márcanse como obxectivo profundar na implicación deste colectivo na loita pola defensa dos seus dereitos.
Márcanse como obxectivo profundar na implicación deste colectivo na loita pola defensa dos seus dereitos.
A plataforma de emigrantes retornadas e retornados enceta unha vaga de novas mobilizacións con motivo do verán. E é que catro anos despois, o Estado segue aplicando unha lei que lles nega dereitos e lles rouba recursos. Elas e eles seguirán reclamando estes meses diante da Facenda española e anuncian un outono con protestos máis contundentes. Escribimos sobre a súa loita no Sermos Galiza 254.
As plataformas de emigrantes retornados de Galiza e a Asociación Long Hope manifestaronse esta sexta feira, de mañá, para reclamaren, por unha banda, a igualdade fiscal cos pensionistas non emigrados e, por outra o cobro das pensións dos mariñeiros que traballaron en Noruega que si pagaron impostos, mais que non obtiveron as prestacións por xubilación á que terían direito segundo a lexislación internacional.