emilio-viqueira
O Lugo cesa o cuarto director deportivo en cinco anos
Cae Emilio Viqueira

O Lugo cesa o cuarto director deportivo en cinco anos

É un posto de alto risco o do director deportivo do Lugo. O clube comunicou esta terza feira o cesamento do titular do cargo, Emilio Viqueira. Cae tamén o seu adxunto, José Luis Deus. Viqueira é o cuarto director deportivo cesado na entidade branquivermella no transcurso dos últimos cinco anos.

OPINIÓN

Nin gol, nin 'golo', nin 'goal'

Para explicar a singularidade das linguas en ocasións alúdese á multiplicidade de termos que teñen para expresar un determinado concepto. Aí está o galego e as mil formas que ten para a chuvia e ós seus fenómenos. Algo semellante ocorre co finés e a neve. E no polo oposto...