empresa
“O PP defende ENCE porque é a súa empresa"
ANTóN MASA, PRESIDENTE DA APDR: "NON IMOS ABANDONAR AS MOBILIZACIóNS"

“O PP defende ENCE porque é a súa empresa"

O presidente da Asociación para a defensa da ría de Pontevedra asegura que o goberno español tiña preparada a prórroga antes do 20-D mais que non a fixo pública para evitar o "custe electoral" que lle carrexaría. 

O PP abre a porta á empresa privada na sanidade galega

O PP abre a porta á empresa privada na sanidade galega

Cos únicos votos favorábeis do Partido Popular, o Parlamento aprobou a Lei de garantías de prestacións sanitarias. A norma muda o modelo sanitario galego e inicia o seu proceso de privatización, alertan as forzas da oposición e sindicatos. 

Liquidación de Alimentos Lácteos

Liquidación de Alimentos Lácteos

A CIG afirma que a empresa solicitou a liquidación inmediata. O comité de empresa considera que esta decisión implica a proposta para a realización dun ERE extintivo para a totalidade dos traballadores da factoría de Outeiro de Rei

Que ten a ver a Xunta coa empresa que viola os dereitos humanos en Guatemala?

Que ten a ver a Xunta coa empresa que viola os dereitos humanos en Guatemala?

O propietario de Hidralia, Luis Castro Valdivia, foi o principal beneficiado da enxurrada de concesións hidroeléctricas feitas por un goberno de Fraga que estaba xa en funcións. Entre 1999 e 2005, cando o seu cuñado Ramón Ordás foi director xeral de Industria, o seu nome apareceu vinculado a 35 sociedades do sector. A oposición no Parlamento exixe saber en que tratos anda o Goberno galego con esta empresa. Contámoschos 

CxG afirma ter “probas documentais” que vinculan unha empresa de Dorado con subministros a hospitais da provincia de Pontevedra

CxG afirma ter “probas documentais” que vinculan unha empresa de Dorado con subministros a hospitais da provincia de Pontevedra

Xoán Bascuas, dirixente de Compromiso por Galicia, asegurou en declaracións a Semos Galiza ter “probas documentais” que vinculan unha das empresas de carburantes propiedade do narcotraficante Marcial Dorado co abastecemento de combustíbeis a hospitais da provincia de Pontevedra na década dos 90, “concretamente ao antigo hospital provincial”.

Conserveiras: a loita obreira das mulleres

Conserveiras: a loita obreira das mulleres

As traballadoras da conserva están en pé de guerra. Para alén do conflito en Cuca, [email protected] de Alfageme pecháronse tres horas na consellaría de Industria. O 20 de decembro de 2012 a Xunta adquiriu as naves e a marca Miau en poxa xudicial. Porén, a finais desta semana a maquinaria podería ser vendida directamente polos administradores concursais, o cal impediría a continuidade da actividade. Contámosche o conflito nesta reportaxe