endesa
As Pontes, paralizada pola folga xeral

As Pontes, paralizada pola folga xeral

Comercios e hostalería fechados, e centros de ensino con servizos mínimos e sen alumnado é a radiografía dunha poboación que se suma ao paro na localidade e mobilízase en apoio da protesta que terá lugar diante do Congreso. 

As Pontes, decidida a chegar até o final
FOLGA 16-O

As Pontes, decidida a chegar até o final

Unidade total cara á folga que prevé paralizar este municipio o 16 de outubro e exixir a continuidade de Endesa para manter o futuro da comarca. Falamos con representantes dos traballadores e traballadoras da central, do Concello ou dos comercios e hostelaría local.

Esperanza é o nome de toda a política industrial da Xunta

Esperanza é o nome de toda a política industrial da Xunta

Galiza é un deserto industrial e o goberno da Xunta un deserto de ideas. Cando menos, a oposición ten capacidade para elaborar metáforas. O gabinete Feixoo, nin sequera iso. Tres altos cargos da Xunta comparecen na comisión de economía e industria e ningún acerta a ofrecer máis que boas intencións diante das crises nas Pontes, en Vulcano, R Cable e Isowat.
Centos mobilízanse na Coruña pedindo “garantías de emprego” nas Pontes

Centos mobilízanse na Coruña pedindo “garantías de emprego” nas Pontes

O Delegado do Goberno avanza que o Ministerio de Transición Ecolóxica convocará nas próximas semanas unha mesa de traballo. A representación sindical esixe que Endesa se sente nesa mesa, explique os seus plans e dea alternativas á produción e ao emprego, “porque a planta pode seguir producindo máis alá do carbón”.
O persoal de Endesa As Pontes urxe aclarar o futuro da planta

O persoal de Endesa As Pontes urxe aclarar o futuro da planta

Traballadores e traballadoras mobilízanse diante do edificio administrativo da Xunta de Galiza en Compostela. Alertan de que a falta de actividade da central térmica ten consecuencias sobre todos os sectores económicos da vila e da súa comarca, e demandan información respecto das tres reunións que o goberno galego solicitou á compañía.
O persoal das auxiliares de Endesa nas Pontes vai á folga
Esixen o mantemento dos postos de traballo

O persoal das auxiliares de Endesa nas Pontes vai á folga

Traballadoras e traballadores das subcontratas da central de Endesa nas Pontes farán folga a cuarta feira 21 de agosto para esixir a adopción de medidas dirixidas a evitar que a diminución da produción afecte os postos de traballo. ​
Paradela organízase contra Endesa na plataforma Stop Eólicos

Paradela organízase contra Endesa na plataforma Stop Eólicos

A oposición veciñal aos parques eólicos de Enel Green Power/Endesa en Paradela vén de dar un paso adiante: constitúe a plataforma Stop Eólicos co obxectivo de impedir a instalación de 27 aeroxeradores de gran porte nunha “na que ata o de agora era unha das paisaxes máis privilexiadas de Galiza”.
Os sindicatos advirten á Xunta sobre os efectos da parálise de Endesa
Esixen accións concretas ao Goberno galego

Os sindicatos advirten á Xunta sobre os efectos da parálise de Endesa

CIG, CC OO e UGT advirten á Xunta das “consecuencias negativas” sobre o emprego e a economía de Ferrolterra e Galiza derivadas do paro produtivo que, desde hai catro meses, afecta á central térmica de Endesa As Pontes. Así llo trasladaron ás conselleiras de Industria e Infraestruturas nunha xuntanza este 9 de agosto.
O PSdeG levará o conflito laboral de Endesa ao Congreso
Reclama "implicación" da Xunta

O PSdeG levará o conflito laboral de Endesa ao Congreso

A negociación do convenio colectivo de Endesa chegou a un punto de ruptura após 18 meses de conversas. A intención da empresa é acollerse á reforma laboral do PP e facer decaer o actual convenio, ao ter transcorrido xa o prazo da ultra-actividade (a prórroga do acordo anterior mentres se negocia un novo). O PSdeG mantivo unha xunta co comité de empresa e comprométese a trasladar a situación ao Congreso.

 

 

OPINIÓN

Endesa

Endesa pecha centrais térmicas en León e Aragón  cando debería pechar As Pontes, o complexo mais contaminante.

Un lago sobre lignito [por Xoán Costa]

Un lago sobre lignito [por Xoán Costa]

Onde hoxe hai un lago, non hai moito había unha explotación de lignito a ceo aberto. Mais como era antes de 1946 a paisaxe das Pontes? Cóntanolo Guillermo Shulz, enxeñeiro de minas alemán, afincado durante varias décadas en Ribadeo e que entre marzo e...