endometriose
"Se a regra doe tanto e non che deixa facer unha vida corrente é que algo pasa”
Cristina Fernández, presidenta de querENDO

"Se a regra doe tanto e non che deixa facer unha vida corrente é que algo pasa”

A endometriose é unha enfermidade ocasionada pola proliferación de nódulos de tecido uterino fóra da súa matriz, en lugares como os ovarios, as trompas de Falopio, os intestinos e demais partes do corpo. Esta doenza, que afecta a 60.000 mulleres galegas, está caracterizada por unha intensa dor que nos casos máis graves resulta incapacitante. Sermos Galiza conversa con Cristina Fernández, presidenta da asociación de mulleres con endometriose (querENDO), sobre a atención sanitaria que reciben as afectadas e sobre a súa falta de investigación médica. 

Endometriose: loitadoras contra a dor

Endometriose: loitadoras contra a dor

Máis de 170 millóns de mulleres en todo o mundo padécena. Na Galiza, estímase que lle afecta a 60.000 e que 9.000 posúen o grao máis grave. É a endometriose, unha doenza que consome por dentro e provoca dores extremas. Abordamos distintas perspectivas da enfermidade, que consiste no crecemento anómalo do endometrio, da man de mulleres que a padecen, dunha xinecóloga e dunha sexóloga. Eis un extracto da reportaxe, publicada no número 289 de Sermos Galiza.