Facer da coeducación unha realidade no ensino galego
CIG-Ensino impulsa unha campaña para demandar da Consellería de Educación compromiso económico e formación específica para o traballo nos centros en coeducación.
CIG-Ensino impulsa unha campaña para demandar da Consellería de Educación compromiso económico e formación específica para o traballo nos centros en coeducación.
A escola republicana era unha muller que quería cambiar as cousas, que sabía que o ensino era unha das mellores armas para acabar coa desigualdade. Por iso, o misóxino franquismo descargou sobre ela a súa ira. Baleirouna de coñecemento para enchela de crucifixos e desbotou das súas aulas a xente comprometida. A represión sobre a escola foi o maior dos castigos, pero hai leccións que é imposíbel borrar da historia. Eis un extracto da peza publicada no número 326 de Sermos Galiza.
O 4 de decembro están convocadas as eleccións sindicais no ensino público non universitario. Un censo de 30.993 docentes elixirá 143 delegadas e delegados de persoal que conformarán, atendendo a un reparto provincial, as catro Xuntas de Persoal. Á provincia de A Coruña correspóndenlle 45 delegadas e delegados, a Pontevedra 43 e a Lugo e Ourense 27 a cada unha. Nesta peza, Anxo Louzao, quen ocupou a Secretaría Nacional da CIG-Ensino, sindicato maioritario no sector, durante 16 anos, ofrece a súa ollada ao respecto.
Comezado o curso nas etapas de Educación Infantil e Primaria e a uns días de que principien as aulas para o estudantado da ESO e FP, a mudanza de Goberno en Madrid non se ten traducido nunha mudanza de rumbo no ensino obrigatorio. A intención de volver á LOE e xestos como a idea de retirarlle á materia de Relixión o valor académico outorgado pola Lomce non se substanciaron aínda en avanzos reais que permitan reverter as políticas que nos últimos anos supuxeron recortes e recentralización. Dedicamos ao asunto o Tema de Primeira do Sermos312. Eis un avanzo.
Algúns dos acordos pechados polo Goberno de Raxoi antes da súa estrondosa caída comezan a deixar ver as súas consecuencias. Por caso, o pacto entre sindicatos estatais e o executivo do PP relativo á desvinculación de salarios e IPC acadado na Mesa Xeral de Negociación do Estado. Del derívase, denuncia CIG-Ensino a perda de poder adquisitivo do porfesorado.
Activistas da plataforma Filosofía Si celebran que a Xunta recupere parcialmente a materia de Filosofía como obrigatoria no bacharelato de ciencias sociais e humanidades e como troncal optativa de oferta obrigatoria para os demais. “A medida é sen dúbida moi positiva e significa un importante paso adiante”, afirman nunha declaración remitida aos medios de comunicación.
Primeiro foi Galiza. Aínda faltaban dous meses para que as universitarias e universitarios franceses tomasen París, cando o estudantado galego saíu ás rúas de Santiago de Compostela, nun dos conflitos máis destacados e definitorios da década dos sesenta. Foi o Marzo do 68 galego. Eis un extracto da peza publicada no Sermos Galiza 286 ao respeito.
O franquismo depurou máis de dúas mil mestras e mestres republicanos nos concellos coruñeses e castigou unha cuarta parte deles. Foron expulsados, trasladadas ou suspendidos durante meses ou anos. Todo o corpo docente sufriu un proceso que empezou no 36 e continuou nos anos corenta. Unha tese doutoral explica o proceso de destrución da escola para instaurar un modelo “que educará as novas xeracións no tradicionalismo e no autoritarismo”. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 272.