eolicos
Adega e a Sociedade Galega de Ornitoloxía piden a actuación da Fiscalía no Iribio
En Ordes a rede de plataformas solicita o apoio dos alcaldes

Adega e a Sociedade Galega de Ornitoloxía piden a actuación da Fiscalía no Iribio

Tras o anuncio dun recurso contencioso-administrativo contra o parque eólico do Iribio, Adega e a Sociedade Galega de Ornitoloxía solicitan a actuación do Ministerio Fiscal para investigar novas irregularidades nas actuacións da empresa promotora. Ao tempo, Salvemos Ordes mobilízase denunciando que algúns dos muíños proxectados na comarca acadarán os 200 metros.
OPINIÓN

#EditorialSermos362: Atentados ecolóxicos

A historia repítese. Mudan os protagonistas e as formas, mais non o fondo: Os recursos naturais da Galiza son espoliados por empresas de fóra sen que revertan na nación os beneficios. Aconteceu coas hidroeléctricas e agora as eólicas fan o propio coa anuencia do Goberno de...

A loita da Galiza rural contra a “depredación” das empresas eólicas

A loita da Galiza rural contra a “depredación” das empresas eólicas

Como se dun territorio africano na era da colonización europea se tratase, grandes corporacións estanse a repartir os lugares máis privilexiados da xeografía galega para instalar uns parques eólicos que “aniquilan todo ao seu paso, independentemente do seu valor medioambiental, cultural ou paisaxístico”. Enfronte están a atopar a oposición de plataformas cidadás como Stop Eólicos ou Salvemos O Iribio, que pretenden frear a “ambición desaforada” das eléctricas e os seus intentos de “engaiolar” as poboacións locais por “catro pesos”. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 362 do semanario en papel Sermos Galiza.
Ordes levántase fronte aos plans eólicos

Ordes levántase fronte aos plans eólicos

A exposición pública do proxecto para instalar o parque eólico Ardemil, entre Ordes e Mesía, espertou as primeiras sospeitas veciñais o pasado marzo. As semanas seguintes ampliaron o foco de impacto e con el a contestación social, tras coñecerse novas instalacións de aeroxeradores na zona: A Pobra, Gasalla, Lavandeira e Monte Inxerio. Trátase dun único parque que se estendería entre a parroquia de Lesta, en Ordes, e o concello Vilasantar, con milleiros de hectáreas agrogandeiras e decenas de núcleos de poboación afectados. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 298.

A plataforma anti-eólicos de Ordes intensifica a loita

A plataforma anti-eólicos de Ordes intensifica a loita

A Plataforma contra a implantación de parques eólicos na Comarca de Ordes vén de presentar perante a Xunta os primeiros escritos contra os parques eólicos Gasalla e Monte Inxerio cando é inminente a aprobación da declaración interese especial das citadas instalacións.