escocia
"En Escocia estase a vivir unha revolución social"

"En Escocia estase a vivir unha revolución social"

Galega, mais ligada a Escocia por fíos sentimentais dende hai anos, Pilar Fernández coordina no exterior a campaña Solidarity with Scotland, a prol do si á independencia. Nesta entrevista, fálanos do A Fondo desta semana, sobre o referendo escocés, que ela coordena.

OPINIÓN

Escocia somos tamén nós

Hai dez anos ninguén acreditaría en que Escocia podería encabezar o grupo de nacións que percorren o camiño cara un futuro independente e hoxe témola aí.

OPINIÓN

Sim ou non á independencia da Escócia

Queda xa moi pouco tempo para o referendo sobre a independencia da Escócia e, segun as pesquisas de opinion, os do sim e os do non andan case igualados, con lixeira avantaxe dos partidarios de que siga a Union.

Tsipras defende unha solución federal para Catalunya e Escocia

Tsipras defende unha solución federal para Catalunya e Escocia

A cuestión nacional foi un dos temas no debate dos candidatos a presidir a Comisión Europea. Alexis Tsipras, o candidato de Anova e IU, dixo respeitar o dereito de autodeterminación, mais advogou por "unha solución federal" para Catalunya e Escocia dentro do Estado español e o Reino Unido, respectivamente. A candidata verde si apoia a independencia.

Escocia prepara xa a súa Constitución

Escocia prepara xa a súa Constitución

O primeiro ministro escocés, Alex Salmond, comprometeuse a promulgar o texto na data en que Escocia se converta nun país plenamente independente, o 16 de marzo de 2016. 

Madrid, un problema para Escocia?

Madrid, un problema para Escocia?

Durão Barroso asegurou nunha entrevista na BBC que ve "moi difícil, se non imposíbel" a entrada dunha Escocia independente na UE. O portugués apuntou a un eventual veto exercido polo Estado español nunha situación que coida semellante ao acontecido con Kosovo. 

Escocia podería declarar a independencia o 24 de marzo de 2016

Escocia podería declarar a independencia o 24 de marzo de 2016

O 18 de setembro de 2014 as e os escoceses decidirán en referendo se queren ser ou non un estado independente. De votar si, a independencia proclamaríase o 24 de marzo de 2016, segundo anunciou o goberno escocés. Xusto 309 anos despois da 'Act of Union', o acordo para o que traballara de espía pro-inglés o autor de Robison Crusoe, Daniel Defoe

Neste Sermos, nº66, falamos do 'pensionazo', de Escocia, do galego... e moito máis

Neste Sermos, nº66, falamos do 'pensionazo', de Escocia, do galego... e moito máis

Sermos Galiza volve á rúa cun novo número. O desacato do conselleiro de Educación ás sentenzas do TSXG sobre o galego e a análise do 'pensionazo' que prepara o goberno español son algunhas das cuestións nas que nos debruzamosr. Entrevistamos a Gómez Noya e falamos tamén cos [email protected] das preferentes que se organizan para entrar no consello de NGB. Todo no número 66 do noso semanario, disponíbel xa na nosa loxa!

Escocia: un ano para decidir

Escocia: un ano para decidir

O 18 de setembro de 2014 o pobo escocés está chamado ás urnas nun referendo de autodeterminación que podería darlle a independencia. Unha manifestación este sábado pulará polo 'si' a unha Escocia independente.

O soberanismo aumentaría a súa maioría absoluta de haber agora eleccións en Escocia

O soberanismo aumentaría a súa maioría absoluta de haber agora eleccións en Escocia

Unha enquisa do diario británico 'The Sunday Times' concede ao SNP o 48% dos votos de haber agora eleccións ao Parlamento de Edimburgo, un 3% máis que nos anteriores comicios. Esta sondaxe sinala tamén que no referendo pro-independencia o si sumaría o 37% dos sufraxios e o non, o 46%. @s partidarios da soberanía aumentaron en máis de cinco puntos nestes meses.

Medra en Escocia o impulso ao 'Si' á independencia

Medra en Escocia o impulso ao 'Si' á independencia

A diferenza de voto entre partidarios e unionistas diminúe a 10 puntos cunha nova enquisa publicada polo Sunday Times que se realizou despois do anuncio da data do referendo. O partido máis valorado é o Scottish National Party.

OPINIÓN

Parabéns Escocia! Congratulations Scotland!

Teño que recoñecer que non son obxectiva, non podo selo; dende a primeira vez que pisei terras de Escocia hai  11 anos namoreime tolamente da paisaxe, da súa intensa historia, da súa xente, da súa cultura, das súas tradicións, moitas delas semellantes as galegas, e da súa idiosincrasia.
18-9-2014: referendo en Escocia

18-9-2014: referendo en Escocia

A axenda autodeterminista en Europa xa ten unha data riscada en vermello no calendario. O referendo en Escocia, pactado por Londres e Edimburgo, será o 18 de Setembro de 2014. O SNP, partido que goberna con maioría absoluta, pide o voto a prol da independencia.
"Escocia tería de ser independente, si ou non?"

"Escocia tería de ser independente, si ou non?"

O Goberno escocés do SNP acaba de aceitar que a Comisión Eleitoral para o Referendo imposta por Westminster mude a pergunta do referendo programado para 2014. O corpo eleitoral escocés deberá responder esta pergunta: "Escocia tería de ser un país independente, si ou non?".
Cando se pode decidir: Londres autoriza o referendo de Escocia sobre a independencia

Cando se pode decidir: Londres autoriza o referendo de Escocia sobre a independencia

En outono de 2014 @s [email protected] votarán en referendo se queren constituírse como estado independente ou seguir ligados a Gran Bretaña. Unha consulta impulsada polo goberno escocés, en mans dos nacionalistas, e que Londres xa afirmou en repetidas ocasións que respetará. O primeiro ministro británico, David Cameron, sinalou que "só @s [email protected] deben decidir o lugar que queren ocupar no Reino Unido".
OPINIÓN

Galicia 3 – Escocia 15

Periodicamente escoitamos que en Galicia hai demasiadas universidades, demasiados campus universitarios e que seica todo iso é síntoma do minifundismo que nos caracteriza. É un deses retrousos que se repiten de cando en vez, que nunca se cuestionan e que, ata hai pouco, eu tiña absorbido como certo. Sen embargo, en canto comezamos a ampliar un pouco máis o campo de visión, atopamos paralelos se cadra sorprendentes.
Un millón de sinaturas escocesas pola independencia

Un millón de sinaturas escocesas pola independencia

Escocia vén de iniciar oficialmente a campaña a prol da soberanía do país coa vista posta en outono de 2014, data na que se realizará o referendo onde a cidadanía da vella Alba decidirá co seu voto o estatus que desexa para Escocia