escrita
Da moda à escrita e da escrita à moda
GORETTI PINA, ESTILISTA E ESCRITORA

Da moda à escrita e da escrita à moda

Goretti Pina é da Ilha do Príncipe. Definida por vezes como mulher de vários talentos viaja da moda à escrita e da escrita à moda. Confessa que ambas paixões surdiram quase a um tempo.

A coraxe de se dedicar á escrita

A coraxe de se dedicar á escrita

A coraxe, a incerteza e a emoción mais tamén a vocación de pervivencia son materias coas que se adubía o oficio da escrita. Delas falaron Nélida Piñón, Méndez Ferrín, Manuel Rivas e Luís G. Tosar na clausura da Bienal Literaria que conmemoraba o 25 aniversario do Pen Club galego. 

Morre Doris Lessing, a muller de escrita dourada contra a inxustiza

Morre Doris Lessing, a muller de escrita dourada contra a inxustiza

Con 94 anos, morreu este domingo en Londres a escritora Doris Lessing, autora e máis de medio cento de libros a través dunha traxectoria coa que conseguiu en 2007 o Premio Nobel de Literatura. A mensaxe de anticolonialismo, feminismo e xustiza social converten os seus libros en arma contra a inxustiza. 

Manuel Rivas: ''Os personaxes conduciron a escrita  d'As voces baixas''

Manuel Rivas: ''Os personaxes conduciron a escrita d'As voces baixas''

En poucas ocasións un libro nace con tan boa fortuna como acontece con As voces baixas (Xerais). A “obriga” de Manuel Rivas de levar á literatura a súa historia familiar está a ser recibida con entusiasmo por parte da crítica e tamén pola maré de lectoras e lectores que se deixan levar polas personaxes do libro. A súa capacidade de literaturizar a realidade xunto coa reivindicación das “voces baixas” que tamén fixo desde o xornalismo, danse agora a man nesta aposta persoal do autor en que afonda nunha das chaves da súa escrita, a procura das emocións. Rivas escribe As voces baixas como cando neno facía un recado por encargo do pai ou da nai e lévanos canda el na singular viaxe cara aos sentimentos e a memoria persoal de cada quen