esculca
"É urxente a transferencia da sanidade penitenciaria"
Fernando Blanco, avogado e membro de Esculca

"É urxente a transferencia da sanidade penitenciaria"

No que vai de ano morreron nove persoas reclusas na Galiza. Dez desde que en decembro do ano pasado a asociación de funcionarios das institucións penitenciarias Tu abandono  me puede matar comezou a facer reconto en twitter do número de falecidos. Catro en Teixeiro, tres en Pereiro de Aguiar e unha en cada unha das outras tres prisións galegas; Bonxe, Monterroso e A Lama. Sermos Galiza conversa con Fernando Blanco, avogado e integrante de Esculca, o Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades. Eis un extracto da entrevista publicada no número 363 do semanario en papel Sermos Galiza.
OPINIÓN

Os dereitos humanos no cárcere

Nun réxime alicerzado na democracia e no respecto ás liberdades a pena de cárcere ten unha tripla función de prevención especial (impedir certo tempo a liberdade de movementos do penado), prevención xeral (amosarmos que o delicto xera un acaído castigo) e de rehabilitación....

Nove mortes nas cadeas galegas no que vai de ano
Denuncia do observatorio Esculca

Nove mortes nas cadeas galegas no que vai de ano

Un preso na cadea de Pereiro de Aguiar agoniou na súa cela por esganamento. Finalmente morreu. Atopárono os funcionarios de prisión o pasado 21 de agosto arredor das cinco da tarde. É a novena morte rexistrada nos cárceres galegos no que vai de 2019, unha cifra, denuncia Esculca, “moi superior á de anos anteriores”.
Esculca afronta con “preocupación” as eleccións xerais
As eleccións a ollos de… Lucía Barros (Esculca)

Esculca afronta con “preocupación” as eleccións xerais

A presidenta de Esculca, o Observatorio galego para a defensa dos dereitos e liberdades, Lucía Barros, sinala que a entidade afronta “con preocupación” as eleccións do 28 de abril “polas serias limitacións impostas nos últimos tempos no Reino de España ao exercicio de dereitos recoñecidos na constitución española”.

"A Audiencia Nacional é a cara máis visíbel do populismo punitivo"

"A Audiencia Nacional é a cara máis visíbel do populismo punitivo"

Fernando Blanco (Ourense, 1967) é avogado e vicepresidente de Esculca onde leva traballando desde 2005 xunto a un pequeno grupo de persoas que “intentamos chegar onde non chegan outras asociacións, sen ningunha especialización, pero sempre en defensa dos dereitos fundamentais”.

OPINIÓN

Dúas resolucións e unha pregunta

Os colectivos de defensa de dereitos levan tempo afirmando que unha das máis graves eivas da democracia no Estado Español é a falta de independencia dos órganos tuitivos de dereitos engastados na arquitectura institucional. Unha situación...