Novas denuncias a embarcacións galegas por non levar a bandeira española
Baséase nun decreto de hai catro décadas polo que a enseña española ten que lucir nos barcos amarrados en porto nos festivos oficiais. Unha actuación que se une ás sancións impostas nestes anos a embacacións pesqueiras galegas por traballar dentro das rías sen levar en lugar ben visíbel a bandeira do Reino de España.