espanola
OPINIÓN

Castelao na Audiencia Nacional española

24, 25, 26, 27 de xuño de 2013. Calle Límite. San Fernando de Henares, Madrid. Dependencias da Audiencia Nacional, ese tribunal de excepción que substitúe o Tribunal de Orden Público fascista. Xuízo contra independentistas acusados de pertenceren a unha banda armada terrorista: tres homes e unha muller. 3 galegos, encerrados nunha gaiola transparente (por que os pecharían alí dentro durante as catro sesións?), e unha galega, sentada perante o tribunal. Velaí a pena solicitada polo fiscal:  64 anos de prisión; se o escribimos en letra, como nos talóns bancarios, fica así: sesenta e catro anos. 

Prenden máis un militante independentista

A policía española arrestou P.M. 'Nahuel', veciño de Compostela. Segundo as primeiras informacións, a detención estaría relacionada cos incidentes rexistrados na capital galega o 9 de xaneiro, unha vez disolta a manifestación de apoio ao preso independentista Hadriam Mosqueira, 'Senlheiro'.

Begoña Caamaño e Alvarez Torneiro coinciden de novo nos Premios da Crítica española

Begoña Caamaño e Alvarez Torneiro coinciden de novo nos Premios da Crítica española

Que Os ángulos da brasa de Álvarez Torneiro e Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño son dous  dos títulos mellor recibidos no pasado ano abonda con revisar a crítica e os premios. Despois de seren os mellor valorados nos galardóns da Asociación Galega de Editores, veñen de coincidir novamente nos Premios da Crítica Española, na sección lingua galega. 

Bruxelas apunta cara á economía española e exixe novas reformas

Bruxelas apunta cara á economía española e exixe novas reformas

Todos os indicadores sitúan o Estado español entre os Estados membros considerados "con graves riscos". A Comisión europea podería imporlle sancións de até mil millóns de euros a partir de maio de non se adoptaren "plans de reformas". A UE considera "insuficientes" as medidas implementadas até o momento.

O TXUE autoriza á maxistratura a paralizar despexos e declara "abusiva" a lei española

O TXUE autoriza á maxistratura a paralizar despexos e declara "abusiva" a lei española

Nunha sentenza emitida esta quinta feira, o tribunal de Luxemburgo ditamina que a norma é contraria ao ordenamento xurídico da Unión Europea. O fallo deberá ser aplicado de maneira directa quer nas execucións hipotecarias en curso quer nas pendentes de resolución. O fallo do tribunal bate coas declaracións do presidente español en que desbotou a dación en pagamento porque "prexudicaría o acceso ao crédito".
A caverna mediática española cébase coa morte "do caudillo"

A caverna mediática española cébase coa morte "do caudillo"

A dereita mediática española -ABC, La Razón, El Mundo- pon en dúbida a información do Goberno venezolano sobre a morte de Chávez e acusa o líder falecido de "comprar o voto das clases sociais menos favorecidas" para xustificar as súas vitorias nas urnas. ABC, La Razón e El Mundo, mas tamén El País, coinciden ao cualificar a Chávez de "caudillo", termo que no Estado español remite á ditadura franquista.
Concentración en solidariedade co detido en Ames

Concentración en solidariedade co detido en Ames

O Partido Popular vén de facer público que proporá na cámara unha condena institucional do "terrorismo en xeral e de Resistencia Galega en particular". O detido, será trasladado a Madrid para prestar declaración perante a Audiencia Nacional. Convocan unha manifestación de apoio en Compostela.
O Apalpador: Un "borracho" e  "sobador de niños gallegos" inventado polo nacionalismo

O Apalpador: Un "borracho" e "sobador de niños gallegos" inventado polo nacionalismo

A caverna mediática española non permite nin a mínima recuperación de calquer sinal de identidade propia de Galiza. Nin sequer figuras relacionadas co Nadal, época de paz e tranquilidade como eles mesmos gostan de pregoar en consonancia coa súa profusión de catolicismo. Desde medios como Libertad Digital defínese o Apalpador como un invento "de los nacionalistas", que quere "robar la Navidad" tradicional e que, atentos, é "un sobador de niños". E, aliás, un borracho.
A Audiencia española deixa libre o independentista Héctor Naia, baixo fianza de 6 mil euros

A Audiencia española deixa libre o independentista Héctor Naia, baixo fianza de 6 mil euros

O xuíz Eloy Velasco vén de ditar auto de procesamento sobre a situación dos detidos Xurxo Oliveira, Diego Santín e Héctor Naia. Prorroga a prisión preventiva para os dous primeiros ao considerar que existe risco de fuga, mais deixa en liberdade baixo fianza o terceiro deles. Nas últimas horas quedou libre tamén Júlio Saiáns, veciño de Ferrol arrestado en outubro nun operativo policial contra o independentismo galego
O ex-presidente da patronal española, detido por branqueo de diñeiro

O ex-presidente da patronal española, detido por branqueo de diñeiro

Gerardo Díaz Ferrán, ex-presidente da CEOE (patronal española) e fundador de Viaxes Marsans, vén de ser detido polas forzas de seguridade nun operativo contra o branqueo de cartos. Diáz Ferrán, na súa época como máximo responsábel da CEOE, destacou pola súa belixerancia contra a clase traballadora
Juan Zamora, doutor en Mariña Civil: "A catástrofe causouna unha decisión errónea da autoridade marítima española"

Juan Zamora, doutor en Mariña Civil: "A catástrofe causouna unha decisión errónea da autoridade marítima española"

Doutor en Mariña Civil, xornalismo, historia e dereito, Juan Zamora (Barcelona, 1950) publicou varios libros sobre historia social e o mar e en 2004 a Plataforma Nunca Máis de Catalunya editoulle o denominado "Prestige: de l'accident a la catàstrofe". Desde a perspectiva dun mariñeiro critica a acción contra a tripulación do Prestige e apunta como causa da catástrofe á incompetencia das institucións.
A economía española, intervida

A economía española, intervida

O Eurogrupo acordou inxectar unha primeira liña de 30.000 millóns a España nestas semanas e dar un ano máis de prazo para cumprir co déficit. En troques, deberá cumprir rigorosas condicións fiscais, económicas e de supervisión