estado
Pontón acusa PP e PSOE de poñeren en xogo servizos básicos
Débeda do Estado coa Galiza

Pontón acusa PP e PSOE de poñeren en xogo servizos básicos

A portavoz nacional do BNG retou Alberto Núñez Feixoo a apresentar un recurso xudicial para que o Estado español pague a débeda contraída coa nación galega. Ana Pontón cifrou a contía adebedada en 3.000 millóns de euros, 200 millóns en dependencia e 2.000 en obras non executadas para mellorar o ferrocarril e o financiamento do porto exterior da Coruña.
Galiza e Portugal mostran antergos indistinguíbeis que comparten con grupos non españois
Estudo xenético das universidades de Oxford e Compostela

Galiza e Portugal mostran antergos indistinguíbeis que comparten con grupos non españois

O estudo, publicado por "Nature Communications", foi elaborado polas universidades de Oxford e Santiago de Compostela e nel constátase tamén importantes diferenzas entre comunidades separadas por menos de 10 quilómetros. Apunta tamén que a poboación galega é a que máis carga de ADN africano ten no Estado español.

OPINIÓN

Seducir Catalunya

A sedución é un xogo de impulsos nados na desconfianza. Desconfiamos da persoa amada e precisamos seducila porque nela cobizamos a necesidade de unión, o principio que xungue a compaña afectiva e nos empurra a escapar do abandono. Desconfiamos, en certo modo, para tentar...

"Nos lumes o Estado ten responsabilidades"
Entrevistamos Antón Gómez Reino

"Nos lumes o Estado ten responsabilidades"

Antón Gómez-Reino usa ben máis o “nós” do que o “eu”. Ese “nós” é inequivocamente plural e reférese a En Marea -a confluencia pola que é parlamentar no Congreso- e a Podemos, a formación morada da que é un dos máis destacados referentes na Galiza. Nesta entrevista debullamos a iniciativa de reforma da lei de montes que Gómez-Reino apresentou no Parlamento estatal e analisamos a actualidade política. Alerta sobre a furia recentralizadora en curso no Estado e dubida que exista a correlación de forzas precisa para unha reforma “positiva” da Constitución de 1978. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 273.

Falece Maza, fiscal xeral do Estado e “azote” do procés
Perfil

Falece Maza, fiscal xeral do Estado e “azote” do procés

O fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, faleceu na tarde do pasado sábado, día 18, debido a unha infección renal que sufriu en Bos Aires cando participaba nun encontro de fiscais. Malia non facer un ano no cargo, adquiriu sona polos atrancos que puxo ao procés soberanista catalán.

OPINIÓN

A hora da coalición nacional

A crise política que vivimos determinará en poucas semanas unha evolución cara un Estado que lle dea mellor encaixe á plurinacionalidade española ou, pola contra, unha involución cara unha recentralización que...

Os Mossos non aceptan o control do Ministerio de Interior

Os Mossos non aceptan o control do Ministerio de Interior

[ACTUALIZACIÓN ÁS 18.20 ] Aínda que o Ministerio do Interior vén de asegurar que “non se retira ningunha competencia” aos Mossos, o Goberno asumiría de facto o control sobre os Mossos co obxectivo de impedir o 1-O. Porén, apenas unhas horas após a reunión entre corpos policiais que tivo lugar este sábado, os Mossos din que non aceptarán a inxerencia do Estado.

OPINIÓN

Estado de sitio e o día despois do referendo

O secuestro pola Facenda española das transferencias que lle corresponde realizar á Generalitat, a imputación de 23 de cargos do Govern e do Parlament, a chamada a declarar a 712 alcaldes e alcaldesas que decidiron facilitar locais municipais...

OPINIÓN

Estado de ánimo e Día da Patria

A manifestación do Día da Patria Galega, convocada polo BNG o pasado 25 de xullo foi un éxito de asistencia. Que a fronte patriótica xunte entre 15.000 e 20.000 persoas despois de todo o que leva caído nos últimos anos ten...

Francia prolongará o estado de emerxencia
En vigor desde os atentados de París

Francia prolongará o estado de emerxencia

O 13 de novembro fíxose un ano dos atentados de París e, desde entón, pesa sobre Francia o estado de excepción. Este sábado, o recentemente nomeado primeiro ministro francés, Bernard Cazeneuve, anunciou que a medida se estenderá até o 15 de xullo.

"Galiza ten o mellor leite do estado"
ANTÓN OCA, COORDENADOR DESTE A FONDO

"Galiza ten o mellor leite do estado"

Que escenario se abre para o sector lácteo en Galiza trala desaparición das cotas? Procuramos respostas no A Fondo que estamos a cociñar para esta quinta feira.