estados-unidos
Os EUA preparan un novo ataque contra Siria e Rusia advirte que responderá

Os EUA preparan un novo ataque contra Siria e Rusia advirte que responderá

Un ano despois do ataque a unha base aérea do Exército sirio, a Administración Trump valora a hipótese dunha nova acción militar contra o Goberno de Al Assad. O pretexto volta a ser un suposto ataque con armas químicas producido o pasado sábado perto de Damasco, un feito que aínda está pendente de ser investigado pola Organización internacional pola Prohibicion de Armas Químicas. Rusia advertiu esta cuarta feira a Washington que responderá militarmente no caso dunha ofensiva estadunidense.

Novo simposio de galicianistas na Universidade de Michigan
SIMPOSIO NORTEAMERICANO DE ESTUDOS GALEGOS

Novo simposio de galicianistas na Universidade de Michigan

Paralelamente á Feira do Libro de Bos Aires, a cultura galega tamén está a ser protagonista en Ann Arbor, onde se celebra do 20 ao 23 de abril o II Simposio Norteamericano de Estudos Galegos, con importante presenza tanto de investigadores como de persoas da cultura chegadas desde Galiza. 

Uxía e Narf volven dunha xira histórica polos EEUU
LOGO DE 14 CONCERTOS POR TODO O PAÍS

Uxía e Narf volven dunha xira histórica polos EEUU

Volveron para contalo. Uxía e Narf veñen de regresar dunha xira histórica polos Estados Unidos que probablemente sexa a máis ampla realizada por unha formación cantando en galego. Percorreron 14 auditorios, de costa a costa por sete estados nos que ampliaron os límites da Galiza imaxinaria.