estataisnovembro2019
 “O voto do BNG dependerá en exclusiva dos intereses de Galiza”, di Néstor Rego

“O voto do BNG dependerá en exclusiva dos intereses de Galiza”, di Néstor Rego

Néstor Rego, o deputado do BNG no Congreso español, entrevistouse está mañá con Adriana Lastra, ex portavoz socialista no Congreso e unha das líderes do PSOE encargadas de levar adiante os contactos coas distintas forzas parlamentarias para garantir a investidura de Pedro Sánchez. Rego falou ao remate da reunión da “actitude receptiva” do PSOE coas propostas nacionalistas, mais non definiu cal será o sentido do seu voto.
A nación entra no campo de xogo electoral

A nación entra no campo de xogo electoral

O mapa político da Galiza pos 10-N é diferente ao que deixou o 28-A. En seis meses, as forzas políticas alíñanse sobre un taboleiro no que pequenos movementos anuncian cambios. A menos dun ano para que se convoquen eleccións ao Parlamento galego todas as estratexias están xa encamiñadas a esa contenda. Eis un estrato da peza publicada no número 372 do semanario en papel Sermos Galiza.
Sen a Galiza non hai Goberno no Estado
Galiza ante a investidura

Sen a Galiza non hai Goberno no Estado

Todo indica que nos vindeiros días oirase falar moito da Galiza e de Euskadi, pois a posición que tomen BNG e EH Bildu serán esenciais para a investidura no Estado. O escano que o PP arrebatou ao PNV en Bizkaia no reconto do voto CERA obriga o PSOE a asegurarse a abstención de Bildu e comprometerse cunha «axenda galega» para obter a indispensábel abstención ou ‘si’ do BNG. Fica case imposíbel a conformación do goberno se non contan co Bloque.

Cos resultados do 10N, o PP perdería a Xunta

Cos resultados do 10N, o PP perdería a Xunta

De se repetir nas eleccións galegas de 2020 os resultados das estatais deste domingo, o PP perdería máis de 10 deputados e deputadas mentres a oposición de esquerdas sumaría por riba dos 40 representantes.

En Común apela á formación dun "goberno de esquerdas"

En Común apela á formación dun "goberno de esquerdas"

A cabeza de lista de En Común-Unidas Podemos por Pontevedra ao Congreso, Yolanda Díaz, lamenta o ascenso da extrema dereita na Galiza e no Estado e fai un chamamento tanto ao PSdG como ao PSOE para que garantan un goberno de esquerdas.
Caballero, “preparado” para as galegas
Reaccións

Caballero, “preparado” para as galegas

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reaxiu perante os resultados das estatais salientando “a maioría de progreso” liderada polo PSOE. Puxo a Xunta no albo das súas palabras e prognosticou “a fin de ciclo de Feixoo”.

Feixoo, satisfeito por “recuperar o liderado” malia saber que perdería a Xunta
Reaccións

Feixoo, satisfeito por “recuperar o liderado” malia saber que perdería a Xunta

O líder do PP na Galiza, Alberto Núñez Feixoo, compareceu na noite do domingo perante os medios de comunicación para subliñar que a súa formación “recupera o liderado político” que perdera en abril. Porén, de se repetiren estes resultados nas eleccións galegas, o dos Peares non recuncaría como presidente da Xunta.

Co 92,60% dos votos: PP, 10; PSOE, 10; Unidas-Podemos, 2 e BNG 1
EN VIVO

Co 92,60% dos votos: PP, 10; PSOE, 10; Unidas-Podemos, 2 e BNG 1

Aínda que empatados en escanos, con 10 cada un, o PP obtén na Galiza un resultado lixeiramente superior ao do PSOE. En Común-Unidas Podemos mantén as súas 2 actas e o BNG saca representación pola Coruña. Estes son os resultados co 92,60% dos votos escrutados.
A enquisa da Forta mantén a incerteza: o BNG disputa con Vox un escano pola Coruña
PP e PSOE empatarían na Galiza

A enquisa da Forta mantén a incerteza: o BNG disputa con Vox un escano pola Coruña

[ACTUALIZADA ÁS 20.38] A enquisa (anterior ás votacións) prognostica un empate a escanos entre o PP e o PSOE na Galiza, con 10 actas cada un. En Común-Unidas Podemos mantería as súas dúas deputadas mentres que BNG e Vox desputarían a acta pola Coruña. A nivel Estado, o PSOE vence, pero baixa (ficaría entre 114 e 119); mentres sobe a dereita PP (de 85 a 90 escanos) e Vox (de 56 a 59). Non habería maiorías claras para un pacto de Goberno nin á dereita nin á esquerda.

 

As cifras dos comicios xerais
A Galiza vota

As cifras dos comicios xerais

Na Galiza hai máis de 2,2 millóns de persoas chamadas a acudir aos colexios electorais este domingo. Son 3.000 menos que en abril. As galegas e galegos escollen o 10-N un total de 23 representantes para o Congreso e 16 para o Senado.

Tomar o vermú, pasear coa familia ou mercar libros no día de reflexión
10-N

Tomar o vermú, pasear coa familia ou mercar libros no día de reflexión

As forzas políticas animan a participar nas eleccións do 10-N. Tomar o vermú na compostelá praza de Abastos, pasear coa familia, mercar roupa para as crianzas ou acudir aos magostos propios deste mes son algúns dos plans das e dos líderes e candidatos das forzas políticas para este sábado de reflexión.

Oito claves para situar Galiza nas eleccións
10-N

Oito claves para situar Galiza nas eleccións

A progresiva desindustrialización, o aumento das taxas de desemprego, as baixas pensións ou a emigración dunha mocidade que non atopa futuro no país son algunhas das problemáticas que sofre Galiza. Sermos Galiza analiza as propostas dos partidos políticos para facerlles fronte
Finaliza a cuarta campaña electoral do ano
Galiza vai ás urnas

Finaliza a cuarta campaña electoral do ano

As forzas políticas poñen o ramo á campaña electoral das xerais, cun cenario aberto para a Galiza e con todo por decidir. As e os candidatos chaman á participación nos cuartos comicios deste 2019.

O BNG chama ao electorado decepcionado co PSOE e con Podemos

O BNG chama ao electorado decepcionado co PSOE e con Podemos

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, quixo esta sexta feira ser "moi clara" e pedir o voto a "todas esas persoas que apostaron polo PSOE e por Podemos" nas eleccións do 28 de abril e que se atopan "decepcionados por como xogaron co seu voto".
Debate matinal coa inacción do bipartidismo estatal no foco

Debate matinal coa inacción do bipartidismo estatal no foco

Nunha sexta feira ás 10 horas a CRTVG emitiu o único debate galego. As candidatas de PSdeG, PP, En Común-Unidas Podemos, Ciudadanos e BNG contaron cunha hora para presentar e debater as súas propostas arredor de dous grandes bloques: o modelo de industria e enerxético e o modelo social e territorial. O tempo foi escaso para cubrir todos os temas, cun PP e un PSdeG cruzando reproches e críticas ao bipartidismo do resto de forzas e unha Galiza que en ocasións, debido aos partidos estatais, perdía presenza ante Madrid ou Catalunya.

“Apostamos por nacionalizar o sector enerxético”
Néstor Rego, número un do BNG pola Coruña

“Apostamos por nacionalizar o sector enerxético”

Néstor Rego (O Vicedo, 1962), docente no ensino medio, secretario xeral da UPG, concelleiro en Compostela entre 1995 e 2008, fundador nos tempos de estudante dos CAF, repite como cabeza de lista do BNG pola Coruña, a circunscrición na que as nacionalistas conseguiron os mellores resultados en abril (6,6% do voto). Rego aspira a alcanzar un escano no Congreso que certifique a recuperación do BNG. As enquisas indican que compite por Vox por esa acta. 
Causa Galiza chama a votar BNG

Causa Galiza chama a votar BNG

A organización independentista Causa Galiza acordou solicitar “ás independentistas galegas e galegos” o voto “táctico e masivo” no BNG.

Caballero alerta do ataque das dereitas o Estado autonómico

Caballero alerta do ataque das dereitas o Estado autonómico

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asegurou que os últimos días da campaña electoral están a demostrar que “a coalición de dereita coa extrema dereita representa un ataque directo ao Estado da autonomía”. Caballero falou deste xeito durante a súa visita matinal a Pontevedra o día no que celebrou actos nas catro circunscricións galegas.

“Houbo unha estratexia e un bloqueo do resto de partidos para non deixar gobernar ao PSOE”
ENTREVISTAMOS OLGA ALONSO, CANDIDATA DO PSdeG AO CONGRESO POR PONTEVEDRA

“Houbo unha estratexia e un bloqueo do resto de partidos para non deixar gobernar ao PSOE”

A candidata do PSdeG ao Congreso defínese, ante todo, como “mestra”. Olga Alonso conversa con Sermos Galiza sobre as eivas que sofre o tecido industrial de Vigo e as comarcas circundantes, da necesidade de atender ás pensionistas ou dos retos que enfronta o sindicalismo. Ela foi a primeira muller na Galiza en ocupar o cargo de delegada comarcal, en 2007 con UXT.
“Non sería responsábel xerar expectativas a respecto dun Goberno con Podemos”
Pilar Cancela, número un do PSOE pola Coruña

“Non sería responsábel xerar expectativas a respecto dun Goberno con Podemos”

Pilar Cancela (Stuttgart, Alemaña, 1967), filla de emigrantes, licenciada en Dereito pola USC e funcionaria de carreira no Corpo Superior da Administración Galega, foi directora xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galiza entre 2002 e 2003 e durante o bipartito. Deputada en Cortes pola Coruña nas últimas tres lexislaturas, foi presidenta da Comisión de Igualdade do Congreso desde setembro de 2006 até marzo de 2019.

Anxo Quintana defende que o éxito do BNG arrincaría escanos á dereita

Anxo Quintana defende que o éxito do BNG arrincaría escanos á dereita

O ex vicepresidente da Xunta co bipartito, Anxo Quintana, ve clave que Galiza logre "voz propia" en Madrid co regreso do BNG ás Cortes despois do 10-N. Ademais, defende que na actual conxuntura política, o Bloque disputa en Galiza escanos á dereita "en calquera das súas versións" polo que, cuns bos resultados para o nacionalismo, mataríanse "dous paxaros dun tiro". 
Feixoo advirte da crise e da recesión que chegan

Feixoo advirte da crise e da recesión que chegan

O presidente da Xunta de Galiza pide nun acto en Lugo o voto a favor do cambio de Goberno "para evitar que a España do 2024 sexa unha España en deterioro e en profunda recesión económica" e equipara a política económica de Pedro Sánchez á de Zapatero. 
“Pedro Sánchez está a facer moito dano a Galiza”
Jaime de Olano, cabeza de lista do PP por Lugo

“Pedro Sánchez está a facer moito dano a Galiza”

Jaime Eduardo de Olano (A Coruña, 1970), avogado, ex concelleiro en Viveiro, deputado en Cortes nas últimas catro lexislaturas, membro da Executiva galega do Partido Popular, afronta as eleccións cunha cómoda vantaxe nas enquisas e a súa lista recibe a maior porcentaxe de apoio que calquera outra no país. “O PP nunca perdeu unhas eleccións en Lugo”, lembra.
Bescansa ve posíbel ir a “terceiras eleccións” tras o debate

Bescansa ve posíbel ir a “terceiras eleccións” tras o debate

A candidata de Más País ao Congreso pola circunscrición da Coruña, Carolina Bescansa, e o candidato por Pontevedra, Daniel Liceras, presentaron un decálogo de medidas para Galiza. Bescansa afirmou que ve posíbel ir a "terceiras eleccións" se non muda o voto da poboación.
Oda á porra

Oda á porra

O debate a 5 desta segunda feira nas televisións estatais foi unha posta en escena da reacción contra a rebelión catalá e un lavado de cara do discurso máis retrógrado que empeza a abrazar mesmo o PSOE, cun Pablo Iglesias demasiado preocupado por mendigar unha coalición de Goberno sen medir ben a deriva dos socialistas cos que pretende acordar.
“A confianza en nós mesmas é a base para pensar como pobo”
Carme da Silva, número un do BNG por Pontevedra

“A confianza en nós mesmas é a base para pensar como pobo”

Carme da Silva Méndez (Pontevedra, 1966), concelleira en Pontevedra, ex parlamentaria no Parlamento de Galiza, membro da Executiva nacional do BNG, en abril pasado encabezou por vez primeira unha lista ao Congreso. “Estivemos a piques de conseguir un escano. Agora, se todas as persoas que amamos este país empurramos na mesma dirección, podemos conseguilo”, asegura.
Pontón pide en Ferrol mudar o guión e apostar polo nacionalismo

Pontón pide en Ferrol mudar o guión e apostar polo nacionalismo

Despois dunha fin de semana intensa con actos nas circunscricións de Lugo, Ourense e Pontevedra, o BNG levou de novo á súa portavoz nacional á circunscrición na que se está a xogar un escano no Congreso. Ana Pontón acompañou Néstor Rego esta segunda feira en Ferrol, unha praza na que o BNG volve sentirse forte da man de Iván Rivas e na que confía en superar os 1.800 votos de abril (en maio, nas municipais, sumou 2.500).