estrea
Estrea en salas 'Trinta Lumes', un achegamento ao Courel no bordo do irreal
Primeira longa de Diana Toucedo

Estrea en salas 'Trinta Lumes', un achegamento ao Courel no bordo do irreal

Trinta Lumes conta a historia de Alba, unha rapaza do Courel que na tardiña dun día de outono entra en contacto co invisíbel. A primeira longametraxe de Diana Toucedo (Redondela, 1983) transita entre o real e a fantasía para falar sobre a construción do mito, a extinción ou o traballo. Proxectada e premiada en non poucos e importantes festivais, esta sexta feira estréase en seis salas galegas e tres do resto do Estado.
 

OPINIÓN

Estamos de estrea


Este primeiro cartafol vai de estreas: de estrea do novo deseño de SermosGaliza.Gal e de estrea tambén da nova fasquía do semanario en papel, que tiraremos do prelo esta mesma noite. Fun educado na escola do vello xornalismo, aquela para a cal o...

SermosGaliza.Gal estrea deseño
UN DIXITAL EN CLARO ASCENSO DE AUDIENCIA

SermosGaliza.Gal estrea deseño

Semana de mudanzas en Sermos. Non só muda de pel o semanario: o diario dixital tamén estrea novo deseño. Será esta cuarta feira, en pleno momento de crecimento de audiencia. En 2015, Sermos consolidou a súa posición de lideranza en páxinas vistas (5,4 millóns) e nas redes sociais, sendo o único meio dixital que supera os 30 mil seguidoras e seguidores.

Sermos Galiza estrea Caderno de Verán

Sermos Galiza estrea Caderno de Verán

Sermos Galiza estrea esta quinta feita caderno de verán, con reportaxes, entrevistas, narrativa erótica, un relato inédito en entregas de Xabier P. Docampo e nova sección de Xurxo Souto. 

O concerto do ano no país das bandas

O concerto do ano no país das bandas

A Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares estrea as obras gañadoras do certame de composición nun concerto que terá lugar no Auditorio de Galicia de Compostela o sábado 29 ás 21.00 horas. Estrearán Arieñium, de José Ignacio Blesa Llull, Camiños da Luz, de Santiago Fontes e Insomnio de Juan Manuel Eiras, as obras gañadoras no Certame que cada ano organiza a FGBMP.
Educación estrea lexislatura eliminando 330 docentes fix@s na Coruña

Educación estrea lexislatura eliminando 330 docentes [email protected] na Coruña

Aínda que as xefaturas territoriais de Lugo, Ourense e Pontevedra non achegaron aínda datos das vacantes a cubrir no Concurso de translados, CIG-Ensino estima que as cifras de destrución de emprego serán similares e que en total, no País, se suprimirán pola volta dun milleiro. O PP fechou o mandato anterior recortando no ensino público 2.500 empregos
Margarita Ledo estrea “A cicatriz branca” en Cineuropa

Margarita Ledo estrea “A cicatriz branca” en Cineuropa

A cineasta Margarita Ledo Andión viaxa á emigración galega para recoller a memoria das mulleres que chegaron a Arxentina por volta dos anos vinte e trinta. Así nace A cicatriz branca, o film en que Margarita Ledo a través das súas personaxes busca recoller a historia de todas as emigrantes.O film estréase en Cineuropa.

O corrector ortográfico galego "Hunspell" estrea nova versión

A comunidade aberta Proxecto Transno publicará o dicionario en dúas versións do Volga: unha "estritamente normativa" e outra que incluirá tamén repertorios fóra da norma, mais que son referencia no noso país, para alén das suxestións das persoas usuarias. De cara ao futuro traballarán en versións específicas para ámbitos de especialización, como a bioloxía ou o dereito