ezetaerre
OPINIÓN

Ezetaerre, compañeiros combatentes

Escríbovos con moita máis ilusión no futuro, na cabeza un retrouso cantado por vós; vén por un tendido de luz, por un fío vermello: somos pobo. Nisto creo, para mudarmos as cousas. Vós, compañeiros combatentes, guerreiras, fillas de Ayotzinapa, obreiras de Alcoa, herdeiras...

"A UE é unha ferramenta do imperialismo e, ao igual que o capitalismo, non é reformábel"
As eleccións a ollos de... Juan Pirola

"A UE é unha ferramenta do imperialismo e, ao igual que o capitalismo, non é reformábel"

Coa firme idea de que a Unión Europea é un instrumento do capital irreconducíbel cara a un ente máis social, Juan Pirola pide á esquerda maior clareza á hora de propor a ruptura coa UE. O músico é membro do grupo Ezetaerre que, cun novo rap e letras combativas, está a converterse nunha das bandas máis potentes do panorama galego.  

O hip hop que non cesa
MÚSICA

O hip hop que non cesa

O regreso de Dios Ke Te Crew oito anos despois do seu anterior disco ou o suceso de Pólvora e Tormenta, de Ezetaerre, alumean a escena do rap en galego. A renovación xeracional e a incorporación de mulleres con rimas feministas marcan a súa saúde actual.

"Neste mundo individualista ao final o cariño e o amor son sentimentos colectivos"
Entrevista con Ezetaerre, grupo de rap

"Neste mundo individualista ao final o cariño e o amor son sentimentos colectivos"

Ezetaerre son Garchu (Miguel), Pirola (Juan) e Petrowski (Pedro). Comezaron a súa andaina no 2016 nun acto de protesta contra a fusión das facultades de Comunicación Audiovisual (a súa carreira) e Socioloxía. Os tres viñan do movemento estudantil e desta unión xurdiron verbas combativas a modo de rap galego. Mais tres foron as palabras que sempre os acompañaron, xa convertidas en lema: dignidade, solidariedade e humildade. Acaban de publicar Pólvora e tormenta (2018), o seu segundo disco.