familia
A volta á escola sae en 758 euros por estudante na Galiza
2’8% dos gastos anuais dos fogares

A volta á escola sae en 758 euros por estudante na Galiza

A chegada do mes de setembro implica o regreso aos centros de ensino en numerosos fogares da Galiza. Voltar ás aulas supón un gasto de 758 euros por estudante para as familias galegas, é dicir, un 2’8% dos gastos anuais dos fogares. Así o cifrou o portal dixital da plataforma Kelisto nun estudo feito público esta cuarta 21 de agosto onde tamén se estima que, no seu conxunto, na Galiza gastaranse sobre 300 millóns de euros no curso 2019-2020.

Crítica de cinema

Coco, por Andrés Castro

Miguel quere ser músico pese á prohibición da súa familia. Pero a súa familia ten varias xeracións e os mortos non opinan o mesmo.

O PP defende que a familia Franco elixa quen xestione as visitas ao Pazo de Meirás
O Concello de Sada aproba xestionar as visitas

O PP defende que a familia Franco elixa quen xestione as visitas ao Pazo de Meirás

As formacións políticas que forman o goberno de coligazón en Sada, SadaMaioría, PSdeG e BNG, aprobaron que sexa o concello o organismo encargado de xestionar as visitas ao Pazo de Meirás. Tamén acordaron que se inicie o retorno do pazo a mans públicas. O PP, que defendeu que a familia Franco elixa quen debe xestionar as visitas, abstívose e o Partido Demócrata Sada Popular votou en contra.

OPINIÓN

A familia e a política

Imaxinade unha familia na que se plantexa a cuestión espiñenta do menú do día seguinte, unha verdadeira cruz para quen ten que ocuparse do asunto un día tras outro. Na casa viven cinco persoas: unha parella, unha avoa, unha neta e un neto. O cativo e a cativa prefiren os filetes de tenreira con patacas fritidas, os tres maiores unha pescada cocida con acelgas. Faise isto último porque é o que quere a maioría. 

A familia retira o tesouro de Alvaro Gil do Museo de Lugo sen destino coñecido

A familia retira o tesouro de Alvaro Gil do Museo de Lugo sen destino coñecido

Un tesouro de valor incalculábel para o noso patrimonio deixou de estar hoxe á vista do público despois de que a familia de Álvaro Gil retirase a colección que depositara no Museo de Lugo. Cunha furgoneta e un notario, os familiares levantaron a colección sen previo aviso e sen informar do destino que lle deparan. 

OPINIÓN

Familia non patriarcal

Hai un exercicio mental que gosto de facer: o de imaxinar unha Galiza sen patriarcado. Sería un estreo mundial, un país que conseguese sair dese sistema que impera desde tempos inmemorais no mundo inteiro. O patriarcado rexe a familia e a política nacional e internacional, afecta tanto ás mulleres como aos homes e non o vemos porque nacemos nel e parécenos natural e a única forma de viver.

Non é doado imaxinar, e menos na Galiza, onde o patriarcado ten unha forza inmensa, como funcionaría, por exemplo, a familia non patriarcal, pero sería un exercicio útil, pois que na familia patriarcal é onde se insiren os padróns que logo se repiten na sociedade toda:  superioridade e inferioridade natas, xerarquía ¨natural¨ e submisión á autoridade.

Acordo entre Aurelia e a familia Pereira

Acordo entre Aurelia e a familia Pereira

Segundo puido saber Sermos Galiza, o avogado de Aurelia, a anciá coruñesa sobre a que pesaba unha orde de desafiuzamento, chegou a un acordo coa familia Pereira, a dona da morada en que aquela viveu desde 1979. En virtude dese acordo, Aurelia deixará de morar en Padre Feijóo número 9. Finalmente, a comparecencia informativa de Stop Desafiuzamentos será esta segunda feira apartir das 9.30 horas.
O caso de David Reboredo reafirma "a arbitrariedade" do Goberno español na concesión de indultos

O caso de David Reboredo reafirma "a arbitrariedade" do Goberno español na concesión de indultos

Marcos Reboredo é un dos catro irmáns de David, o vigués que vén de entrar no centro penitenciario da Lama porque o goberno español non o quixo indultar. Quen o coñece di que está "completamente rehabilitado" e que traballa arreo como axente de saúde, facendo as veces de mediador entre [email protected] [email protected] e os centros onde se recuperan da súa adicción. Porén, o ministro de Xustiza preferiu envialo ao cárcere, cumprir sete anos de condena por intercambiar dúas papelinas con 400mg de heroína
Ducias de persoas protestan diante do BBVA contra o desafiuzamento dunha familia en Compostela

Ducias de persoas protestan diante do BBVA contra o desafiuzamento dunha familia en Compostela

A concentración trascorreu diante da sucursal que o banco ten no barrio de Conxo, onde residen @s [email protected] O director escoitou as demandas da Plataforma Stop-desafiuzamentos após informar @s activistas doutra protesta para esta sexta feira, desta volta diante das oficinas centrais da entidade na capital galega. O goberno local do PP botou embaixo dúas mocións pola dación en pagamento
O BNG derrogará a Lei de familia por ser ''un atentado contra os dereitos das mulleres''

O BNG derrogará a Lei de familia por ser ''un atentado contra os dereitos das mulleres''

No Día de acción global por un aborto legal, seguro e gratuíto, a formación frontista arremete contra tres anos ''de defensa da ideoloxía do Opus dei, desviando cartos das políticas de igualdade a organizacións relixiosas'' e comprométese a botar embaixo dúas leis profundamente regresivas: a 5/2010, de apoio ás mulleres embarazadas; e a 3/2011, de apoio á familia, redactadas ao abeiro dunha ILP da Red Madre e do Foro español de la familia