fede-cartabia
Un Dépor en combustión xa está á beira do ascenso
A maxia de Cartabia tomba o Mallorca (2-0)

Un Dépor en combustión xa está á beira do ascenso

A escalofriante entrada sufrida por Álex Bergantiños, o canteirán a non dosificar nin unha pinga de suor, simboliza o xogo do Dépor neste play off de ascenso. Un equipo entregado, desbocado. Todo o que aforrou durante os seus meses de hibernación na liga regular pono agora sobre o céspede a escadra treinada por Martí. Houbo espazo para o heroísmo no lance do gladiador Bergantiños, mais tamén para a maxia do futbolista con máis talento do combo coruñés, un Fede Cartabia en estado de graza.

O Dépor é máis que un rombo

O Dépor é máis que un rombo

NIngún equipo con cara e ollos é redutíbel a un único sistema de xogo. Aínda lle levou ben tempo a Natxo González asumir esta sinxela lóxica do fútbol, do moderno ou do cavernario. Riazor viviu este domingo un cómodo triunfo fronte a un rival directo polo ascenso. E viviuno sen rombo sobre o céspede.

OPINIÓN

O Dépor “lidera” a proba de wáter-polo

O partido en Riazor co Osasuna foi o encontro máis feo que xogou o Dépor na casa esta temporada. O peor partido. Pero gañou. E foi o máis feo porque Riazor foi unha auténtica piscina. Mais que xogar ao fútbol alí xogouse ao wáter-polo. Hai anos que non se ve un...

OPINIÓN

Como o día e a noite

O partido de Almería é o exemplo do que non ten que facer o Deportivo, o que non ten que repetir. Salvou o partido polos pelos, porque puntuou, pero deixou unha imaxe pobre en cómputo xeral. Un equipo que aspira a ser líder, que quere colocarse en postos de ascenso directo...

Fede Cartabia ao rescate

Fede Cartabia ao rescate

Hai decisións inexplicábeis que se poden pagar caras. Unha delas é a de eliminar talento dun terreno de xogo. Foi o que fixo Natxo González cando deixou Carles Gil no vestiario no intermedio e puxo no seu canto Didier Moreno. As cousas non poden rodar ben cando o pé que máis toca a bola durante todo un período é o do voluntarioso futebolista colombiano. O Dépor safou porque o voo do seu plantel é moi superior ao promedio da categoría. O treinador branquiazul tiña unha poderosa bala na recámara. Fede Cartabia non fallou.