ferrol
Rego: “A autorganización é a única garantía de decidirmos en función dos intereses como nación”
Homenaxe da UPG a Moncho Reboiras

Rego: “A autorganización é a única garantía de decidirmos en función dos intereses como nación”

Ferrol acolleu na tarde da segunda feira, 12 de agosto, o acto político máis numeroso dos que se convocaron para homenaxear Moncho Reboiras cando se fan 44 anos do seu asasinato. A Unión do Povo Galego (UPG) organizou a xornada “non como un acto de nostalxia, senón de xustiza e de fondo sentido político”, en palabras do secretario xeral deste partido, Néstor Rego.

"O meu partido podería ter feito máis para darlle estabilidade ao goberno de Ferrol"
Ángel Mato Escalona, candidato do PSOE á Alcaldía de Ferrol

"O meu partido podería ter feito máis para darlle estabilidade ao goberno de Ferrol"

O senador Ángel Mato (Ferrol, 1971) é o candidato do PSOE á Alcaldía de Ferrol após un proceso de eleccións primarias no seo da forza política que representa. As súas prioridades pasan por lograr un acordo para dispor dun orzamento que permita normalizar os contratos para o axeitado mantemento de parques e xardíns, rozas, recollida de lixo ou iluminación. Responde este cuestionario vía correo electrónico. 

"O alcalde actual reclama carga de traballo para Cádiz cando as gradas galegas están baleiras"
Iván Rivas, candidato á Alcaldía de Ferrol polo BNG

"O alcalde actual reclama carga de traballo para Cádiz cando as gradas galegas están baleiras"

O arquitecto Iván Rivas repite como candidato do BNG á Alcaldía de Ferrol. Cita entre as medidas prioritarias a anulación dos "acordos espurios adoptados" entre o PP e FeC para a xestión do transporte, a devolución da depuradora ao seu titular, a Xunta, polos defectos que presenta e a anulación do convenio con Defensa para poder cobrar impostos polas propiedades desafectadas. Responde este cuestionario a través do correo electrónico.

OPINIÓN

Por un Ferrol diferente

Parece que as persoas que están en política pensarán que sempre van estar na forza da vida porque sempre gobernan pensando nos fortes, para os que gozan de saúde, para os que posúen un nivel social que os fai privilexiados, para os que están no cumio das súas capacidades...

“A retirada dos honores a Fraga é política de presente e de futuro”
Iván Rivas, portavoz do BNG en Ferrol

“A retirada dos honores a Fraga é política de presente e de futuro”

A pasada quinta feira o Pleno municipal de Ferrol daba luz verde a unha moción presentada polo BNG para lle retirar os honores e distincións concedidas a Manuel Fraga durante a ditadura, cando era ministro de Información. Conversamos ao respecto con Iván Rivas, portavoz do Bloque en Ferrol.

“As consecuencias sociais da falida reconversión están sen avaliar na súa totalidade”
Alfonso Tellado presenta este xoves o libro "Antes de perdermos a memoria"

“As consecuencias sociais da falida reconversión están sen avaliar na súa totalidade”

Alfonso Tellado (Ferrol, 1949) é unha das testemuñas privilexiadas do devalo do sector naval na ría de Ferrol. Traballador da Bazán, posteriormente reconvertida en Izar e, agora, en Navantia, Tellado viviu en primeira persoa as negociacións das sucesivas reconversións ou, nos termos que el mesmo emprega, do desmantelamento dunha actividade estratéxica e vital para a comarca de Ferrolterra. Esta quinta feira, da man de Edicións Embora, presenta o libro Antes de perdermos a memoria, unha crónica persoal e colectiva das últimas décadas.

Ferrol, a cidade da oportunidade única
ANÁLISE

Ferrol, a cidade da oportunidade única

Máis unha entrega da análise sobre a situación política nas cidades e as perspectivas electorais de cara ao mes de maio. Neste caso, poñemos o foco en Ferrol, cidade onde nunca recuncou un alcalde. Todo apunta a que historia voltará a repetirse, pois as posibilidades de que o actual rexedor, Jorge Suárez (Ferrol en Común) repita no cargo son remotas debido ás feblezas do seu Goberno e á división do que se deu en chamar confluencia. Eis un extracto da análise publicada no número 332 de Sermos Galiza.

Jazz a bordo na ría de Ferrol
Do 17 ao 19 de agosto

Jazz a bordo na ría de Ferrol

Unha rede cosida con música jazz tapizará a ría de Ferrol na fin de semana do 17 ao 19 de agosto. O festival Jazz de Ría unirá Ferrol e Mugardos cunha programación repartida nas dúas localidades que achegará algunhas das principais variedades do xénero.
 

“O relato dos sucesos de 1972 minimizou o papel das mulleres”
Ánxela Loureiro, escritora

“O relato dos sucesos de 1972 minimizou o papel das mulleres”

A escritora Ánxela Loureiro (Ferrol, 1956), autora de diversos títulos de literatura infantil e xuvenil, leva meses embarcada nun proxecto diferente: a investigación sobre as actividades políticas que realizaron as mulleres da bisbarra de Ferrol nos últimos anos do franquismo. Eis un extracto da conversa publicada no número 302 de Sermos Galiza.

O folk desde abaixo de Vinicio Capossela chega a Ferrol
Sábado 21 de abril no Teatro Jofre

O folk desde abaixo de Vinicio Capossela chega a Ferrol

As cancións da tristura de Vinicio Capossela posúen unha perspectiva singular: ollan o mundo desde abaixo. Desde o traballo campesiño da Irpinia, no sur de Italia, e desde a empatía co canto popular dun Matteo Salvatore. Desde os que sofren a historia nas costas, ao cabo. Capossela presentará, por primeira vez na Galiza, o seu folk subalterno nun concerto este sábado no Teatro Jofre de Ferrol.

Medulio evoca en Ferrol a figura e obra de Carvalho Calero
Esta segunda feira

Medulio evoca en Ferrol a figura e obra de Carvalho Calero

A Sociedade Cultural Medulio de Ferrol organiza esta segunda feira, día 16, ás 20h, no Antigo Hospicio, un acto en que evocará a figura e obra de Ricardo Carvalho Calero e que contará coa presenza de María Pilar García Negro, Pilar Pallarés, Xosé Ramón Freixeiro e Manuel Ferreiro.

A Fundaçom Artábria homenaxea Carvalho Calero
Este sabado 24M en Ferrol

A Fundaçom Artábria homenaxea Carvalho Calero

No 28 cabodano do intelectual Ricardo Carvalho Calero, a Fundaçom Artábria réndelle homenaxe. Será este sábado, 24 de marzo, a partir das 12 da mañá, ao pé das ruínas da súa casa natal en Ferrol.
 

OPINIÓN

Ás veces, Ferrol

Ás veces venme á memoria Ferrol. Como non vivo alí, e como esa cidade está tan pouco presente na vida pública galega (mais, e hai sequera vida pública alén da propaganda e botafumeiro a Feijóo?), teño que...

Rey Varela e as contratas nulas de 3,3 millóns
INFORME DO CONSELLO DE CONTAS

Rey Varela e as contratas nulas de 3,3 millóns

O Consello de Contas atopou numerosas irregularidades en ducias de contratos durante o período en que o hoxe conselleiro de Política Social era alcalde de Ferrol. En declaracións a Sermos, o político defende o seu labor e deixa a porta aberta a presentarse de novo á alcaldía. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 282.

"Semella que Feijóo deu a cidade de Ferrol por perdida"
Jorge Suárez, alcalde

"Semella que Feijóo deu a cidade de Ferrol por perdida"

Jorge Suárez (Vigo, 1975) recoñece que a aprendizaxe á fronte da Alcaldía de Ferrol nin foi doada nin rematou. Confía en que a cidadanía recoñeza un compromiso e un traballo do equipo municipal por “mudar Ferrol” e non gosta de catastrofismos nin autolamentacións para afrontar a realidade dunha cidade especialmente golpeada pola crise. “Aquí temos espírito de loita”, afirma con orgullo. É a entrevista política do Sermos281, xa na rúa. Eis un avanzo da conversa.

 

A canción mestiza de Lila Downs, o sábado en Ferrol
Gañadora de cinco Grammy Latino

A canción mestiza de Lila Downs, o sábado en Ferrol

A cantante e compositora mexicana Lila Downs presentará o seu último traballo Salón, lágrimas y deseo no Auditorio de Ferrol a partir das 21 horas, dentro do Festival Son[s], o sábado 25 de novembro. O álbum, premiado nos últimos Premios Grammy Latino, revístese de activismo político e indignación fronte á realidade. A entrada custará de 24 euros na billeteira do centro e de 18/20 euros anticipada.
 

Ferrol: cando unha petición para renomear a Praza de España provoca ataque “fascista”

Ferrol: cando unha petición para renomear a Praza de España provoca ataque “fascista”

Horas despois de que BNG e Fundaçom Artábria propuxesen que a praza recupere o nome lexítimo e tradicional, Porta Nova, fronte ao posto en pleno franquismo; era atacado con pintura un mural situado perto da Fundaçom e dedicado ás Irmandades da Fala. Aliás, a proposta de renomear a praza xerou polémica nas redes sociais, na que non faltou nin Girauta, portavoz de Cs no Congreso.

Cara á peonalización do centro histórico de Ferrol
Os problemas dun proceso non feito de golpe

Cara á peonalización do centro histórico de Ferrol

Unha peonalización do centro histórico da cidade podería sería un factor moi positivo para Ferrol, como o foi para as cidades que xa a teñen. Mais unha peonalización a parches, sen ser de golpe, pode levar consigo máis problemas que beneficios no tempo que dure todo o proceso.

A comarca de Ferrolterra, fronte unha nova reconversión naval?
O novo plano industrial da SEPI prevé prexubilacións xeneralizadas

A comarca de Ferrolterra, fronte unha nova reconversión naval?

Dende un consello de Ministros realizado en xullo do 2014 unha dúbida sobrevoa o naval da comarca, unha dúbida que se fai actual dende o pasado 27 de Abril deste ano cando a presidenta da SEPI, na visita aos estaleiros da nosa ría, falaba dun novo plan industrial.

Yolanda Castaño e Paco Ibáñez na X Semana de Poesía Salvaxe

Yolanda Castaño e Paco Ibáñez na X Semana de Poesía Salvaxe

Esta cuarta feira comeza a décima edición da Semana de Poesía Salvaxe en Ferrol. Organizada polos poetas Karlotti e Guillermo Fernández en colaboración co concello desta cidade, a Semana da Poesía ofrecerá recitais, pasarrúas e concertos durante os días 19, 20, 21 e 22 deste mes de abril.

“É un soño ver como Ferrol volve ilusionarse co básquet"
Lino López, adestrador do Star Center Uni Ferrol

“É un soño ver como Ferrol volve ilusionarse co básquet"

O Star Center Uni Ferrol recibe a terza feira o Perfumerías Avenida nas semifinais da Liga Feminina de baloncesto. É o primeiro equipo que as disputa desde que en 2004 o fixera o Ensino de Lugo

OPINIÓN

Palma: de alcaides, azeites, cavaleiros e santas pascuas

Veñen de bendecir o ramo. Na Semana Santa ferrolana. Declarada Ben de Interese Turístico Internacional. Ao mellor si. Ao mellor é por iso que o cartaz vai escrito nesa lingua internacional que é o castelán ou español e non nesoutra...

VIDEO

Mario Espiñeira, estibador de Ferrol #SOSestiba

Mario Espiñeira, estibador e representante pola CIG dese colectivo no Porto de Ferrol, fala neste vídeo do sindicato nacionalista sobre a problemática que vive o sector e o proceso de criminalización mediática á que están a...

OPINIÓN

Ferrol e o calote da auga

O anterior alcalde de Ferrol, o popular Rey Varela (en cuxo governo tivo lugar a crise da auga con incumprimento da legalidade vixente no que ten a ver coa Saúde Pública), prometera que a estación depuradora de cabo...

OPINIÓN

Mares e patamares

Perdemos os patamares e o mar. Nos bairros os campos abertos, sen aramios, onde os nenos e mozos xuntaban a leña e os trastos vellos para queimar no sanxoán. Os campos abertos onde se artellavan xogos livres. Un sangue novo que non monitorizava ninguén....

Racha o goberno de esquerdas de Ferrol

Racha o goberno de esquerdas de Ferrol

[ACTUALIZADO 12.43] O PSOE acorda abandonar o executivo local após retirar o alcalde as competencias á tenente-alcaldesa, Beatriz Sestayo, e 2 edís socialistas. Dúas concelleiras do PSOE non secundan a decisión e mantéñense no goberno.

Ferrol, unha ría que agoniza
A produción de ameixa caeu un 62% desde 1997

Ferrol, unha ría que agoniza

O saneamento integral da ría de Ferrol non rematará, malia a propaganda, antes de 2020, mais daquela o seu estado será crítico e as condicións económicas do sector marisqueiro, cada vez máis precarias. Mesmo nese horizonte, o esteiro non volverá recuperar o esplendor de antano sen unha aposta decidida da Xunta na rexeneración.

Regresa a Ferrol a Semana da Poesía Salvaxe
DEDICADA A CARLOS OROZA

Regresa a Ferrol a Semana da Poesía Salvaxe

Volve a poesía salvaxe á cidade do norte, agora de novo apoiada polo Concello, levando versos aos bares, aos hoteis, ao mercado da Magdalena. Con Manuel Rivas, Lucía Aldao, María Lado, Quico Cadaval...