ferrolterra
As pegadas do fracaso en Ferrolterra

As pegadas do fracaso en Ferrolterra

O Goberno central vén de suprimir o principio de discriminación positiva que estabelecera a mediados da década pasada na política de fomento industrial en zonas sensíbeis que sufriran os efectos da reconversión. A comarca de Ferrolterra era, até o de agora, unha delas. Hoxe xa é un feito a desaparición do criterio territorial e, con ela, rematan perto de tres décadas de plans falidos. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no número 320 de Sermos Galiza.

O problema da couza na comarca de Ferrolterra
A información da Xunta aos concellos chegou con moita demora

O problema da couza na comarca de Ferrolterra

Nunha resolución da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias publicada no DOG do 16 de outubro de 2015, é declarada a presenza da praga da couza guatemalteca da pataca (Tecia solanivora Povolny) nos concellos de Ferrol, Neda e Narón e adoptábanse medidas urxentes para a súa erradicación e control no noso país. Mais a información por parte da administración aos agricultores non se fixo até comezos deste ano, cando moita xente xa tiña plantado as patacas de cedo.

A penosa situación ferroviaria en Ferrolterra

A penosa situación ferroviaria en Ferrolterra

Hai algo máis dunha semana, o Ministerio de Fomento celebraba os 25 anos da chegada do AVE a España. A realidade de Galiza, e máis concretamente da comarca de Ferrolterra, é ben distinta. Por non se tomar as medidas precisas, Ferrolterra está sen unha conexión ferroviaria útil para a cidadanía. 

Xanelas e balcóns piden dignidade para Ferrolterra

Xanelas e balcóns piden dignidade para Ferrolterra

As organización sindicais comezaron un reparto masivo entre a cidadanía de bandeiras e cartaces exixindo solucións para unha comarca mallada polo desemprego. O obxectivo: que fiestras e balcóns de vivendas, locais, establecementos e edificios sexan espello desa reclamación.  

Ferrolterra exixe solucións  e intensifica a súa loita

Ferrolterra exixe solucións e intensifica a súa loita

As centrais sindicais, CIG, CCOO, UGT e USTG desenvolven unha campaña conxunta para "implicar a cidadanía" na loita polo futuro da comarca. O seu obxectivo, din, é configurar un movemento de resposta e contestación social semellante a Nunca Máis ou Queremos Galego. 

A semente do ensino popular en galego prende en Ferrolterra

A semente do ensino popular en galego prende en Ferrolterra

Desde o 30 de setembro funciona en Narón un centro de ensino pertencente á rede AvoaEscola. Aliás, nesta fin de semana realizouse en Trasancos o primeiro punto de encontro entre familias interesadas na apertura dun centro da rede A Semente. As dúas son iniciativas sociais onde a lingua vehicular é a nosa propia. 

Éxito da folga xeral en Ferrolterra

Éxito da folga xeral en Ferrolterra

Éxito da greve comarcal en Ferrolterra: recollida de lixo, Einsa, transporte ou Navantia, totalmente paralizados. Polígonos industria sen actividade algunha, comercio pechado, ao igual que gran parte da hostalaría. A comarca protagoniza un paro comarcal convocado por CIG, USTG, CCOO e UXT para exixir solucións para unha zona abandonada polas administracións e machacada pola crise. Vídeo no interior

 Ferrolterra rebélase perante a crise

Ferrolterra rebélase perante a crise

Unha comarca en crise abafada polo polos vetos políticos e refén do Ministerio de Defensa. Ferrolterra centra o tema da semana no número 46 do Sermos Galiza. A partir desta sexta feira xa podes mercar o semanario na nosa loxa

O terrorismo machista mata outra muller en Ferrolterra

O terrorismo machista mata outra muller en Ferrolterra

Son tres os asasinatos de mulleres que se rexistraron no que vai de ano nesta comarca, após achar esta sexta feira o corpo sen vida de Matilde H.B. no interior dun carro con tres feridas na cabeza e no pescozo causadas por unha arma de fogo. A súa parella suicidouse horas despois no domicilio que partillaban