festas
OPINIÓN

A permanencia tradicional das festas galegas

As máis de seis mil festas anuais que se celebran en Galiza, de diverso rango, perfil e modalidade, perpetúan unha tradición milenaria. Ademais non deixa de ser unha autoprotección ante imposicións e introducións foráneas que os que nos desgobernan intentan atrapallar e...

Festas sen identidade: Oktoberfest... ¡y olé!

Festas sen identidade: Oktoberfest... ¡y olé!

Entre cascos viquingos, sombreiros de vaqueiro, touros mecánicos, promocións que incitan a beber sen control e contradín varios aspectos da Lei 11/2010 de Prevención do Consumo de Bebidas Alcohólicas en Menores de Idade e prácticas machistas como concursos de reggaeton ou esixir “boa presenza” para contratar camareiras. Así se está a desenvolver esta semana no recinto do Palexco da Coruña un evento alleo que se está a expandir por todo o territorio galego.  

Poñer os portos galegos de costas á súa veciñanza

Poñer os portos galegos de costas á súa veciñanza

Festas tradicionais ameazadas, actividades deportivas suspendidas, sangría nas caixas de concellos e asociacións culturais e veciñais... A lei aprobada en solitario polo PP en decembro para os espazos portuarios galegos comeza a pasar factura. Eis un extracto da reportaxe, publicada no Sermos Galiza 304.

OPINIÓN

As comissões de festas: células de poder popular

Na agora reeditada Autobiografía dun labrego, Manuel de Roxo (1919-2009), vizinho de Castrofeito, freguesia do concelho do Pino, contaba ao antropólogo X. R. Mariño Ferro: “Na parroquia tamén temos o...

San Xoán, a noite meiga
Os motivos de que festexemos tanto a noite do 24

San Xoán, a noite meiga

San Xoan é unha das festas con máis seguimento de todas as que poidamos facer en Galiza. Cada un festexa esta noite no seu pobo ou móvese a algún outro para prender a cacharela ás 00.00 horas, do día 24 de xuño. Tamén poida que sexa a festa, en nome dun santo, menos relixiosa.

O Couto, a aldea que ten as festas polas letras

O Couto, a aldea que ten as festas polas letras

O Couto, un ano máis, é un dos centros do Día das Letras Galegas. A través do movemento asociativo local artéllase o “Festiletras”, unha singular proposta cultural na que se gaban dunha “aldea que soña ser país”. O escritor Xosé Neira Vilas deu saída á festa. 

Adega recomenda unhas festas “máis verdes”

Adega recomenda unhas festas “máis verdes”

Campañas como “Neste Nadal... os meus agasallos sen pilas”, “Carta das raíñas magas” ou “Por un Nadal máis ecolóxico” son algunhas das que cada ano Adega activa por estas datas para contribuír a controlar o consumo e animar a desenvolver un “espírito ecoloxísta”, en épocas de desmáns. Uns cantos consellos para unhas festas máis verdes. 

"Con Verbena Galega queremos que a música en galego volva aos torreiros das festas"

"Con Verbena Galega queremos que a música en galego volva aos torreiros das festas"

“Verbena Galega” ofrecen un pack completo para montar sen complicacións unha festa das de toda a vida. O lema é “as festas de sempre como nunca as viches” e a proposta trátase dun tráiler que chega, instálase no campo ou torreiro e de aí nacen cinco horas de música e baile en galego. Culturactiva quere con esta iniciativa que a nosa lingua volva ás festas. O seu responsábel de produción, Manuel Vicente, explícanos a filosofía desta singular proposta.

OPINIÓN

E é que Vilameñe sempre tivo moi boas festas

Son 21 casas habitadas. Unhas 65 veciñas e veciños. Unha parroquia do rural interior galego. Unha aldea normal. Vilameñe é unha das parroquias máis pequenas das 27 que ten o concello de Taboada (disque anda aí aí con Gondulfe). 

OPINIÓN

Festas do agosto ou como españolear Galiza

É  agosto. Sábese, para alén do que din as páxinas do calendario, porque nas tabernas que restan de antes de eles e elas partiren se ouven falares de reencontro. E tamén porque nas verbenas e romarías que enchen o mes transcenden bicos e apertóns de mans seguidos da presentación de novos membros da familia, criaturas que non contribúen a frear a nosa queda demográfica por máis que moitas delas reciban augas de baptismo nalgunha igrexa en que xa non se di misa, só celebración da palabra, que ven sendo a forma eclesiástica de denominar os recortes en vocacións.

O libro sobre Lueiro Rei preséntase nas festas de Fornelos de Montes

O libro sobre Lueiro Rei preséntase nas festas de Fornelos de Montes

Son as festas de San Lourenzo en Fornelos de Montes e o programa de celebracións deste ano recolle a presentación dun libro. Non é habitual que aconteza. Tampouco o libro. Trátase de Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida (Xerais), o volume homenaxe ao escritor que naceu nas terras que rega o río Oitavén. 

O libro sobre Lueiro Rei preséntase nas festas de Fornelos de Montes

O libro sobre Lueiro Rei preséntase nas festas de Fornelos de Montes

Son as festas de San Lourenzo en Fornelos de Montes e o programa de celebracións deste ano recolle a presentación dun libro. Non é habitual que aconteza. Tampouco o libro. Trátase de Manuel Lueiro Rey. A liberdade ferida (Xerais), o volume homenaxe ao escritor que naceu nas terras que rega o río Oitavén. 

En tren nas festas de Ourense

En tren nas festas de Ourense

O Parque Ferroviario Carrileiros de Ourense organiza un programa especial para as festas da cidade. Aínda quedan o sábado día 30 e o 1 de xullo para subir ao tren.
Ourense prepárase para as festas
15 DÍAS DE CULTURA PARTICIPATIVA

Ourense prepárase para as festas

O XVII festival Derrame Rock, tres días de concertos de alto nivel, centra as festas ourensás. A música continuará con Kepa Junkera e Budiño, a homenaxe ao Zeca Afonso e as bandas locais. Ademais, cine, teatro, animación de rúa e a recuperación da figura do afiador enchen de actividade dúas intensas semanas na cidade das Burgas.