fotografia
Izan as velas para inaugurar o Encontro de embarcacións tradicionais na Guarda
Arrinca o encontro na Guarda

Izan as velas para inaugurar o Encontro de embarcacións tradicionais na Guarda

A XIV edición do Encontro de embarcacións tradicionais na Guarda arrincou cun percorrido polo recinto feiral e un paseo a bordo dunha das embarcacións, culminando o acto inaugural co izado das velas das naves participantes deste evento que reúne barcos da Galiza, Euskal Herria, Catalunya, Portugal e Irlanda.

Do sacro ao profano
Exposición no Museo do Pobo Galego

Do sacro ao profano

O Museo do Pobo Galego acolle até o 22 de setembro a exposición "Galicia Máxica: Romarías e Santuarios", mostra de fotografías etnográficas do danés Gustav Henningsen. As instantáneas, froito das súas investigacións nos anos 60, retratan un rural galego ateigado de ritos e tradicións que esvaecen, escorregando entre os dedos das súas habitantes. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 353 do semanario en papel Sermos Galiza.

Polas imaxes da Galiza Máxica
Visita guiada á mostra de fotos de Gustav Henningsen

Polas imaxes da Galiza Máxica

Máis de 80 fotografías de santuarios e romarías galegas conforman a mostra Galicia Máxica, do folclorista e historiador danés Gustav Henningsen. Localizada no Museo do Pobo Galego, a súa oficina de socios e socias organiza unha visita guiada a vindeira cuarta feira 12 de xuño, ás seis da tarde.
 

 O oblicuo álbum familiar da poeta Emma Pedreira
Mostra de poemas e colaxes en Compostela

O oblicuo álbum familiar da poeta Emma Pedreira

O avó da poeta Emma Pedreira era fotógrafo. O seu estudo na rúa Rego de Auga, no corazón da Coruña, recollía esa parte privada da memoria da comunidade que eran as imaxes. Vicente Lombardía morreu en 1997, anos despois de pechar a oficina e de destruír e regalar unha gran porción do seu traballo. Agás unha caixa de cartón descuberta pola familia.
 

A fotografía como lente do mundo

A fotografía como lente do mundo

“Sentímonos orgullosos do tempo e esforzo que lle dedicamos á edición de cada un dos nosos libros para asegurarnos de que sexan fontes inesgotábeis de pracer e aprendizaxe fotográfica”, así se define na súa web a editorial Cousa Nostra. Un proxecto ambicioso que dá os seus primeiros pasos nun campo no que a autoedición está á orde do día.

O derradeiro fotógrafo da II República
Morre o coruñés Julio Mayo aos cen anos

O derradeiro fotógrafo da II República

Julio Mayo morreu esta cuarta feira en México aos cen anos. Revolucionario antifascista, coruñés, un dos fotógrafos republicanos de maior repercusión, resistente e exiliado.

Imaxes da Galiza en transformación
Máis dun cento de fotos de Català-Roca

Imaxes da Galiza en transformación

Entre 1956 e 1976, Galiza incorporouse a unha certa modernidade. A que traía canda si, baixo o xugo ditatorial, a apertura ao turismo e a integración na dinámicas do capitalismo occidental. A esta realidade acceden as 120 fotografías que conforman a mostra Turismo e fotografía. Català-Roca en Galicia. 1956-1976, comisariada por Anxo Rabuñal.

Os palíndromos de Abe Rábade
Exposición de foto e versos en Compostela

Os palíndromos de Abe Rábade

A conexión entre a música e as matemáticas é obxecto habitual de pensadores e intérpretes. Nun terreo próximo investiga o pianista de jazz Abe Rábade (Santiago de Compostela, 1977), pero desta volta como fotógrafo e poeta. A súa segunda exposición no mundo das imaxes, Na Fronteira do Espello, xunta fotos e versos derivados da súa experiencia como compositor.
 

As fotos de Mauthausen, na Coruña
Exposición de Francesc Boix

As fotos de Mauthausen, na Coruña

En 1940, o fotógrafo comunista catalán Francesc Boix (Barcelona, 1920 – París, 1951) caeu preso. Os nazis internárono no campo de concentración de Mauthausen, en Alemaña. Sobreviviu. E con el sobreviviron as imaxes coas que, clandestinamente, testemuñou o día a día na insitutición e o rostro dos represores. Foron usadas como proba de Cargo en Núremberg. A partir do día 1 de febreiro poderánse ver na Coruña.
 

Completar o retrato da Transición
Un libro recolle o traballo da fotógrafa Anna Turbau na Galiza dos 70

Completar o retrato da Transición

A imaxe da Transición en Galiza é fragmentaria, incompleta. En boa parte escurecida. Non había televisión galega, a española estaba ao servizo dunha ditadura en desintegración e algúns fotógrafos de prensa, aferrollados entre as condicións laborais e as dependencias políticas dos medios, facían o que podían. Por iso o traballo de Anna Turbau (Barcelona, 1949) resulta, visto hoxe, tan iluminador. Máis de 10.000 negativos, impresionados no país entre 1975 e 1979 e depositados no Consello da Cultura Galega, conforman o seu legado.

85 mostras enchen Ourense de fotografías
A idea de "descrenza" centra o Outono Fotográfico

85 mostras enchen Ourense de fotografías

280 fotógrafas e fotógrafos, 85 exposicións en 66 espazos e presenza en 22 localidades -18 galegas e catro de Portugal. Eis as cifras do Outono Fotográfico, a celebración da imaxe que, desde hai 35 anos, se espalla desde Ourense. Nesta edición, "o fío condutor" do certame será a idea de "descrenza".
 

Un percorrido pola emigración galega
Entre o 7 e o 30 de setembro

Un percorrido pola emigración galega

Este 7 de setembro a exposición de fotografía “Nós tamén fomos emigrantes” na Casa do Concello de Viveiro. A mostra, unha recompilación de imaxes da emigración galega e española da axencia EFE, poderá visitarse ata o día 30 do próximo mes. 

Conexión polo Atlántico

Conexión polo Atlántico

Ser testemuña é entender. Alicia Martínez entende moi ben os factores de tempo e distancia, así presenta esta serie enmarcada na tradición da fotoreportaxe. 

Fotografía para expandir o territorio: Galiza, Portugal, Brasil

Fotografía para expandir o territorio: Galiza, Portugal, Brasil

“Territorio expandido” é a exposición de fotografía contemporánea galega, brasileira e portuguesa con que a área de Cultura da Deputación da Coruña inaugurou a Dársena da Coruña como espazo expositivo ao aire libre. O proxecto, ademais da mostra de 37 fotógrafos e fotógrafas, ofrece obradoiros, conferencias e un volume que mostra o encontro das tres culturas a través da imaxe.

Blogueando fotografía
UN ARTIGO DO AFONDO "DEBULLANDO NO BLOGOMILLO"

Blogueando fotografía

Tamén para a fotografía, para quen a fai e para quen goza dela, os blogues abren novas posibilidades. Paula Gómez del Valle fala dende a súa experiencia cunha bitácora tamén excepcional, de fotografía e en galego. Repronducimos aquí un seu artigo aparecido no noso caderno A Fondo.

Dúas propostas artísticas levan o tempo a imaxes e destacan o poder evocador da fotografía

Dúas propostas artísticas levan o tempo a imaxes e destacan o poder evocador da fotografía

Parar o tempo en imaxes, captar un instante para a evocación a través da fotografía. Carmen Carreiro e Emilio Villar achegan a súa forma de captar o tempo a través da cámara. Até o día 24 de setembro a sala de exposicións do palacio de Turismo Rías Baixas en Pontevedra mostra dúas maneiras artísticas para parar o tempo, recoller a memoria en imaxes e traer o pasado ao presente cunha emocionada melancolía.
Ollada de oito fotógrafas sobre As Atochas

Ollada de oito fotógrafas sobre As Atochas

O Mentireiro, un local que acaba de abrir no número 12 da rúa Beiramar, na Coruña, acolle a mostra "As Atochas resiste!", unha perspectiva colectiva e feminista do maltratado barrio da cidade.