franco
'Os ovos do Caudillo': a trama agraria de Meirás
FRANCO "LUCROUSE COA EXPLOTACIÓN AGRÍCOLA DO PAZO"

'Os ovos do Caudillo': a trama agraria de Meirás

A través da empresa Pazo de Meirás: Productos de la Huerta, o ditador controlou unha explotación agropecuaria que lle xerou pingües beneficios “a custe cero, pois era o Estado quen asumía todos os gastos, con Franco limitándose a facer caixa”, tal e como explica o investigador Carlos Babío. Agora, os seus herdeiros pretenden usar esa “pseudo-empresa” para demostrar que o Pazo de Meirás era un ben privativo de Franco, o que a xuízo de Babío é “unha auténtica desvergoña”.
A apoloxía do fascismo avanza impune
Cabodano do ditador fóra do Val dos Caídos

A apoloxía do fascismo avanza impune

20 de novembro de 1975 morría Francisco Franco. Atado e ben atado quixo deixar o ditador o futuro do Estado nomeando Juan Carlos I de Borbón como herdeiro e blindando a elite franquista nos altos mandos dos estamentos do Estado. 
 
Franco sae do Val dos Caídos

Franco sae do Val dos Caídos

O proceso de exhumación do ditador español farase sen imaxes nin cámaras no interior da basílica e na presenza da familia e da ministra de Xustiza como notaria maior do Reino de España.

Fraga segue a ser fillo predilecto da Coruña oito meses despois de aprobarse a súa retirada

Fraga segue a ser fillo predilecto da Coruña oito meses despois de aprobarse a súa retirada

O Bloque Nacionalista Galego, por iniciativa da concelleira Avia Veira, rexistra unha pregunta ao Goberno local sobre cando ten pensado dar cumprimento ao acordo plenario do 6 de maio de 2019, no que cos votos a favor do propio BNG, PSOE e Marea Atlántica aprobouse a retirada dos títulos e dignidades concedidos en tempos da ditadura ao fundador do Partido Popular e tamén ao ex ministro franquista Laureano López Rodó.

“Esta administración [Pazo de Meirás] permanecerá cerrada no mes de agosto”
A familia Franco volve incumprir a lei

“Esta administración [Pazo de Meirás] permanecerá cerrada no mes de agosto”

A Fundación Francisco Franco incumpre o horario de visitas ao Pazo de Meirás que obriga a lexislación ao se tratar dun Ben de Interese Cultural. “Esta administración permanecerá pechada no mes de agosto”, afirma o contestador automático que salta ao marcar o teléfono indicado para concertar visitas. A Xunta confirma a apertura de dilixencias informativas á familia Franco por incumprir o mínimo de visitas.

Os “atentados contra o Patrimonio” que cobrarían os Franco

Os “atentados contra o Patrimonio” que cobrarían os Franco

Un dos obxectivos da familia, segundo o responsábel da inmobiliaria santanderina á que encargaron a venda das Torres, sempre foi “desfacerse dun inmoble cuxos gastos de mantemento o fan insufragábel”. Esa “insufragábel” cantidade –máis xuros– reclamaríana os Franco ás arcas públicas de prosperar a demanda para restituír a súa posesión ao Estado Español, pese a que expertos cuestionan a calidade e o respecto á legalidade de moitas das obras que alí realizaron ao longo dos anos. Eis un extracto da reportaxe publicada no número 358 do semanario en papel Sermos Galiza.

O historiador Paul Preston recomenda a obra ‘Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio’
Devolución do pazo

O historiador Paul Preston recomenda a obra ‘Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio’

“Acabo de ler un libro sensacional” escribiu o historiador hispanista Paul Preston en alusión á obra de Carlos Babío e Manuel Pérez Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio, onde ambos os autores estudan o roubo ao pobo pola familia Franco. Preston, reputado investigador dos crimes cometidos polo franquismo na guerra civil e na ditadura, recomenda a lectura da obra editada pola Fundación Galiza Sempre en 2017. “Para alguén que dubide da corrupción de Franco, o seu réxime e a súa familia é de lectura obrigatoria”.

“Non teño nada que conciliar cos Franco”
Carlos Babío, investigador

“Non teño nada que conciliar cos Franco”

O investigador Carlos Babío, coautor do libro Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio, foi denunciado polos netos e netas do ditador Francisco Franco por inxurias e calumnias. Estaba citado para un acto de conciliación na mañá da segunda feira nun xulgado de Madrid. Non acudiu. Explícalle as razóns a Sermos Galiza.

“Non é unha denuncia contra min, é contra a cidadanía deste Estado”
Carlos Babío, historiador demandado polos Franco

“Non é unha denuncia contra min, é contra a cidadanía deste Estado”

A familia Franco resístese a perder os privilexios derivados da Guerra Civil e os 40 anos de ditadura. A última das súas accións, unha vaga de denuncias contra participantes e produtoras do programa de Mediaset En el punto de mira sobre o patrimonio dos descendentes do ditador. Entre eles atópase o historiador Carlos Babío, coautor de Meirás. Un pazo, un caudillo, un espolio.
 

“O fascismo non foi derrotado como ideoloxía en ningunha parte”
Francisco Martínez, Quico

“O fascismo non foi derrotado como ideoloxía en ningunha parte”

Francisco Martínez, Quico (Cabanas Raras, O Bierzo, 1925) é o único membro vivo da Federación de Guerrillas de Galiza e León. Entrevistamos o que foi dirixente guerrilleiro durante máis de cinco anos aproveitando a súa recente visita a Galiza, onde participou en diversos actos de restauración da memoria antifranquista.

"Franco, devolve o roubado!"

"Franco, devolve o roubado!"

Reivindicación e ironía presiden a marcha cívica que este sábado decorreu na Coruña para reclamar a devolución ao pobo de bens como a Casa de Cornide ou o Pazo de Meirás, en mans da familia Franco. Non faltaron ao acto nin o Caudillo, nin o monarca español, para alén de coruñeses representativos do anterior réxime.

OPINIÓN

Onde soterrar a Franco

Un lugar digno e respectuoso, como as cunetas e os fondos dos rìos nos que xaceron asasinados en Galiza homes e mulleres de ben pola furia fascista desatada por unha guerra criminal dirixida por un indigno xeral chamado Francisco Franco...

OPINIÓN

Exhumar Franco e as mentiras do franquismo

Nunha guerra civil, é preferible una ocupación sistemática do territorio, acompañada por unha limpeza necesaria, a unha rápida derrota dos exércitos inimigos que deixe ao país infectado de adversarios”. Quen así falaba, en termos case cirúrxicos, era...

OPINIÓN

Notas ao vivo: Franquismo sen Franco (12)

Talvez o termo “franquistocracia”, existente como tal mais pouco utilizado, sexa excesivo para definir o estado actual da realidade española. Pola contra, as denominacións “franquismo sen Franco” (mesmo hai libros con ese título), “neofranquismo” (até...

O Pazo de Meirás, á venda nunha inmobiliaria cántabra
Por 8 millóns

O Pazo de Meirás, á venda nunha inmobiliaria cántabra

 

A familia do ditador Francisco Franco volve poñer á venda o Pazo de Meirás. O ben espoliado ao pobo de Sada aparece nesta ocasión no portal dunha empresa do sector inmobiliario de Santander. Piden por este Ben de Interese Cultural 8 millóns de euros, o mesmo que pedían no mes de febreiro, cando puxeran a venda o inmoble.

OPINIÓN

Piñeiro e a cultura galega

Igual que logo de morrer Franco o franquismo seguiu, porque quedara "atado y bien atado" e conviña aos que querían un país atrasado que funcionase ben para as elites e mal para os demais, o que teceu Piñeiro seguiu na Galiza porque...

Os escravos de Franco na Galiza

Os escravos de Franco na Galiza

A legalización do traballo escravo tomou corpo en outono de 1938, coa posta en marcha do chamado sistema de Redención de Penas polo Traballo, unha iniciativa que se concretaría en diversas modalidades de traballos forzados. Sinaláronse na Galiza tres figuras: os Batallóns Disciplinarios de Traballadores, a explotación de man de obra procedente dos destacamentos penais e mais os chamados destinos. 

"Se unha administración pública repagase o espolio do Pazo de Meirás, colaboraría cos abusos"
Carlos Babío, co autor de 'Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio'

"Se unha administración pública repagase o espolio do Pazo de Meirás, colaboraría cos abusos"

Ás súas costas, Carlos Babío leva máis de tres décadas de investigación ao redor do espolio do Pazo de Meirás. Un traballo que viu a luz a finais de 2017 coa publicación da obra Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio, libro publicado pola Fundación Galiza Sempre que asina co historiador Manuel Pérez. Conversamos con el a raíz do anuncio da posta en venda do inmoble.

Clamor para que o Pazo de Meirás fique en mans da Xunta
Reaccións á venda

Clamor para que o Pazo de Meirás fique en mans da Xunta

[ACTUALIZADA ÁS 14.18] Que o Pazo de Meirás pase ao patrimonio público. Esta é a principal reivindicación das primeiras voces que reaxiron ao anuncio da venda do inmoble espoliado por Franco que permitiría o lucro dos seus herdeiros.

OPINIÓN

De Radio Moscú a TV3, a Internet

Pídenme dun xornal catalán que escriba para un suplemento dedicado á pervivencia aínda do franquismo. De onde había ser o xornal senón? Non vexo que nin sequera as webs máis progresistas de Madrid sexan capaces de...

“Houbo un esforzo en asociar Franco e Juan Carlos de Borbón ao redor do pazo de Meirás”
CARLOS BABÍO E MANUEL PÉREZ

“Houbo un esforzo en asociar Franco e Juan Carlos de Borbón ao redor do pazo de Meirás”

Carlos Babío, quen leva máis de 20 anos investigando ao redor do espolio do pazo de Meirás, e Manuel Pérez, historiador, son os autores de Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio, obra editada pola Fundación Galiza Sempre que vén de chegar ás librarías. Afondamos no seu contido cos autores. Eis un extracto publicado no semanario Sermos Galiza.

O BNG leva a Bruxelas o franquismo após Franco
Esta segunda feira, día 20

O BNG leva a Bruxelas o franquismo após Franco

Baixo o título Franquismo despois de Franco, o BNG, Bildu, Compromís e ERC levan a Bruxelas o momento de “involución democrática” que vive o Estado español e que “dá alas á extrema dereita”. Fanno esta segunda feira, día 20, xusto cando se fan 42 anos da morte do ditador.

Sen avances en Meirás, un morto enterrado nunha cuneta
Non hai consenso

Sen avances en Meirás, un morto enterrado nunha cuneta

Representantes do PP, do PSOE, de Marea Atlántica, do BNG e de Sadamaioría debateron esta sexta feira nas xornadas de memoria e democracia da UDC na Coruña sobre o asunto do Pazo de Meirás, as maneiras de afrontalo e os posíbeis usos futuros. Non hai consenso nin por onde empezar.

Puigdemont denuncia o "peor ataque a Catalunya desde o ditador Franco"
Pide un pleno no Parlament

Puigdemont denuncia o "peor ataque a Catalunya desde o ditador Franco"

Carles Puigdemont, que considera a aplicación do artigo 155 da constitución española, “o peor ataque ás institucións e ao pobo de Catalunya desde os decretos do ditador militar Francisco Franco abolindo a Generalitat”, emprazou o Parlament a convocar un pleno para analizar os efectos das medidas anunciadas na mañá do sábado polo Goberno español -e apoiadas polo PSOE e Ciudadanos- co fin de "actuar en consecuencia", o que podería implicar a aprobación da DUI.

OPINIÓN

Franco e a dama de Shangai

Gravei hai un tempo The Lady from Shangai, de Orson Welles, na "nube" que fornece a compañía dos teléfonos a través da conexión á Internet da casa, e unha destas pasadas noites dispúxenme a volver mirar este...

O PP defende que a familia Franco elixa quen xestione as visitas ao Pazo de Meirás
O Concello de Sada aproba xestionar as visitas

O PP defende que a familia Franco elixa quen xestione as visitas ao Pazo de Meirás

As formacións políticas que forman o goberno de coligazón en Sada, SadaMaioría, PSdeG e BNG, aprobaron que sexa o concello o organismo encargado de xestionar as visitas ao Pazo de Meirás. Tamén acordaron que se inicie o retorno do pazo a mans públicas. O PP, que defendeu que a familia Franco elixa quen debe xestionar as visitas, abstívose e o Partido Demócrata Sada Popular votou en contra.

O Pazo de Meirás: 80 anos de espolios
Documentación inédita

O Pazo de Meirás: 80 anos de espolios

O investigador Carlos Babío Urquidi e o historiador Manuel Pérez Lorenzo narran, para Sermos, o proceso de espolio do Pazo de Meirás como adianto da publicación en que traballan e que verá a luz nos próximos meses. Eis un extracto do publicado no semanario Sermos Galiza, que inclúe documentos inéditos.