franquismo
OPINIÓN

Tempo de indignidade

Este é un tempo no que caen as carautas e cada un toma partido e retrátase. A rebelión cívica catalá cuestionou o existente, para moitas persoas cuestionou o seu mundo todo: de súbito o que nos dixeran que era eterno, España,...

OPINIÓN

De Radio Moscú a TV3, a Internet

Pídenme dun xornal catalán que escriba para un suplemento dedicado á pervivencia aínda do franquismo. De onde había ser o xornal senón? Non vexo que nin sequera as webs máis progresistas de Madrid sexan capaces de...

Mondoñedo homenaxea tres veciños asasinados en 1937 polo fascismo

Mondoñedo homenaxea tres veciños asasinados en 1937 polo fascismo

Unha iniciativa veciñal, apoiada pola totalidade dos grupos que forman parte da corporación municipal, homenaxearán o 13 de xaneiro a Siervo González Rivas, Graciano Paz Amieiro e Manuel Rodríguez Núñez, militantes da CNT e a Unión Socialista Galega asasinados hai oitenta anos

Unha constitución filla do franquismo
ANÁLISE

Unha constitución filla do franquismo

Naceu do franquismo. Foi unha mudanza lampedusiana ao ditado das esixencias do capitalismo internacional e das súas sucursais españolas, que deu continuidade aos eixos reitores das políticas do réxime do 18 de xullo.

“Houbo un esforzo en asociar Franco e Juan Carlos de Borbón ao redor do pazo de Meirás”
CARLOS BABÍO E MANUEL PÉREZ

“Houbo un esforzo en asociar Franco e Juan Carlos de Borbón ao redor do pazo de Meirás”

Carlos Babío, quen leva máis de 20 anos investigando ao redor do espolio do pazo de Meirás, e Manuel Pérez, historiador, son os autores de Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio, obra editada pola Fundación Galiza Sempre que vén de chegar ás librarías. Afondamos no seu contido cos autores. Eis un extracto publicado no semanario Sermos Galiza.

O BNG leva a Bruxelas o franquismo após Franco
Esta segunda feira, día 20

O BNG leva a Bruxelas o franquismo após Franco

Baixo o título Franquismo despois de Franco, o BNG, Bildu, Compromís e ERC levan a Bruxelas o momento de “involución democrática” que vive o Estado español e que “dá alas á extrema dereita”. Fanno esta segunda feira, día 20, xusto cando se fan 42 anos da morte do ditador.

Sen avances en Meirás, un morto enterrado nunha cuneta
Non hai consenso

Sen avances en Meirás, un morto enterrado nunha cuneta

Representantes do PP, do PSOE, de Marea Atlántica, do BNG e de Sadamaioría debateron esta sexta feira nas xornadas de memoria e democracia da UDC na Coruña sobre o asunto do Pazo de Meirás, as maneiras de afrontalo e os posíbeis usos futuros. Non hai consenso nin por onde empezar.

BNG organiza en Bruxelas a conferencia "Franquismo despois de Franco"
Con EH Bildu, ERC e Compromís

BNG organiza en Bruxelas a conferencia "Franquismo despois de Franco"

Non morreu o 20-N de 1975. O franquismo continúa aquí e proxecta a súa sombra sobre as políticas en curso dos gobernos do PP. Esa é a ideia central que leva o BNG a, conxuntamente con EH Bildu, organizar en Bruxelas unha conferencia sob o título de "Franquismo despois de Franco". Será este 20 de novembro, 42 anos após a morte do ditador.

OPINIÓN

España como paraíso das fundacións fascistas

O BNG denunciaba na Fiscalía a Fundación Francisco Franco por “delito de odio” despois das declaracións de Jaime Alonso, portavoz desa fundación: “Franco non fusilaba por capricho”; “Foron...

O verán de Meirás

O verán de Meirás

Catorce meses despois de que no Parlamento de Galiza se emitira unha declaración institucional de condena do franquismo na que se animaba a “proseguir coas accións dirixidas a recuperar e dignificar a memoria das vítimas da represión exercida na Guerra Civil e durante o franquismo”, o debate sobre a memoria histórica segue no mesmo punto, entalado entre a porta e o corredor, nin arre nin xo!, como lle gusta ao PP e, postos a conservar a memoria, na cámara de representación galega manda a dereita e oficia de látego da oposición un brillante deputado, de nome Pedro Puy Fraga.

A Universidade de Santiago mantén dous escudos franquistas 

A Universidade de Santiago mantén dous escudos franquistas 

Máis de 30 profesores e estudantes da Universidade de Santiago de Compostela foron vítimas da represión e sufriron inhabilitacións, sancións, anos de cadea, exilio e mesmo a morte durante o franquismo polos seus vínculos nacionalista e de esquerdas. As fachadas da Facultade de Química e do auditorio situado no Campus Vida aínda locen senllos escudos fascistas após 42 anos da morte do ditador.

"Este libro vai ser moi importante para axudar a perder medos"
CARLOS NUEVO CAL, HISTORIADOR

"Este libro vai ser moi importante para axudar a perder medos"

Carlos Nuevo, cronista oficial de Viveiro, leva desde a mesma Transición estudando a represión franquista e vén de publicar un artigo sobre os vitimarios na Mariña luguesa dentro da obra 'Os nomes do terror' que vén de publicar Sermos. E esta sexta feira participará na presentación que terá lugar en Ribadeo na Casa das Letras, xunto co alcalde da vila, Fernando Suárez, Xavier Rivera, Xoán Costa e Xosé Ramón Ermida. 

Adeus á anarquista coruñesa Joaquina Dorado

Adeus á anarquista coruñesa Joaquina Dorado

Loitou contra o franquismo, fuxiu de dous campos de concentración franceses e foi unha referenza no anarquismo catalán. A coruñesa Joaquina Dorado morría o pasado 14 de marzo na súa casa de Barcelona aos 99 anos. 

Junts Pel Si, a CUP e CSQP queren declarar nulo o franquismo
A lei rompería co ordenamento xurídico español

Junts Pel Si, a CUP e CSQP queren declarar nulo o franquismo

A iniciativa da Comissió per la Dignitat, Junts Pel Si, a CUP e Catalunya Si que Es Pot pretenden aprobar no Parlament unha proposición de lei que rompería co ordenamento xurídico español e co poder xudicial, pois anularía as sentenzas dos consellos de guerra franquistas.

A Coruña aínda acolle 35 símbolos franquistas

A Coruña aínda acolle 35 símbolos franquistas

A Coruña segue a ser capital da simboloxía franquista. De feito, aínda abeira 35 símbolos franquistas. O activista da memoria Manuel Monge, colaborador de Sermos Galiza, intervirá no escano cidadán do próximo pleno para pedir a súa retirada.

Un restaurante da Guarda fai apoloxía do franquismo

Un restaurante da Guarda fai apoloxía do franquismo

Un local hostaleiro de A Guarda vai camiño de se facer viral na rede por facer apoloxía do franquismo. A súa propietaria canta o “Cara el sol” namentres a clientela come ou cea nun local ateigado de simboloxía franquista.

PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA NO 36

López Bouza, o home que voltou a Ferrol a defender a República

O presidente e o vicepresidente da Deputación da Coruña -José López Bouza e Ánxel Casal- estaban en Madrid o 18 de xullo de 1936 xunto con Castelao por mor da entrega do Estatuto de Galiza nas Cortes. Pero eles dous, en contra da opinión do rianxeiro, deciden voltar a defender a legalidade republicana. Xa coñeciamos a Casal, pero quen era José López Bouza?

Unha Illa da Memoria para a morte requisada
Acto anual en San Simón

Unha Illa da Memoria para a morte requisada

A Illa de San Simón acolleu no mediodía do domingo un acto reivindicativo para recuperar a memoria das persoas asasinadas polo franquismo. A organización demandou que San Simón sexa recoñecida como a Illa da Memoria.

OPINIÓN

Madrid e o capitalismo de amiguetes

A centralización borbónica deulle a Madrid esa fasquía de pequena cidade burocrática e afastada de Europa, centro do sistema oligárquico-caciquil da Restauración que tan ben describiu Joaquín Costa. Unha oligarquía que...

OPINIÓN

Filgueira e o franquismo

O problema non é se Filgueira asasinou a Bóveda ou non, tal como pretende situar os termos do debate unha “Voz” que gosta de presentar o nacionalismo como unha enfermidade irracional padecida por infrahumanos que se matan entre si. A cuestión é si no Estado Español se respectan os dereitos humanos.

A Lomce reproducirase o 28 de maio nunha aula do franquismo

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público anunciou novas mobilizacións contra a Lomce e os recortes no ensino público. Entre as protestas, desenvolverse un acto no Museo Pedagóxico de Galiza, na aula que representa a escola do franquismo ''co obxectivo de amosar  as semellanzas entre a educación na ditadura e o ensino que se  pretende coa LOMCE''. 

A Universidade da Coruña afonda na produción editorial durante o franquismo

A Universidade da Coruña afonda na produción editorial durante o franquismo

Representantes do mundo editorial participan no seminario “Cultura galega e edición na Galiza franquista” que se desenvolve este mércores día 22 na Universidade da Coruña, enmarcado no proxecto de investigación dirixido pola profesora Carme Fernández Pérez-Sanjulián que afonda na relevancia das iniciativas editoriais na recuperación da cultura galega. 

“Queremos que o nome de Fraga apareza na querela contra os crimes do franquismo”

“Queremos que o nome de Fraga apareza na querela contra os crimes do franquismo”

Preséntase como causa particular na querela que se está a seguir na Arxentina contra os crimes do franquismo pola súa dupla condición de vítima e familiar de represaliados. Manuel Monge, ex-presidente da Comisión para a Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, entidade que tamén se persona na causa, manifesta a vontade de que se faga xustiza e que remate o pacto de silencio que borrou os culpábeis da represión franquista.

O PP négase de novo a condenar o franquismo

O PP négase de novo a condenar o franquismo

Máis unha vez o PP mostrou a súa negativa a condenar o franquismo. Desta volta aconteceu co rexeitamento da moción do BNG presentada no Concello da Coruña que buscaba que o organismo apoiara a querela arxentina contra os crimes do franquismo. 

A Igrexa beatifica 500 “mártires da guerra” sen pedir perdón pola súa complicidade co franquismo

A Igrexa beatifica 500 “mártires da guerra” sen pedir perdón pola súa complicidade co franquismo

Cunha cerimonia multitudinaria na que participaron arredor de 25.000 persoas á conferencia Episcopal deixou onte claro que non vai pedir perdón pola complicidade co réxime franquista. A Igrexa oficiou onte a beatificación de 522 persoas ás que chamou “mártires do século XX” diante de críticas que lamentan que non faga acto de contrición pola súa activa participación na represión franquista.