fronteiras
A Semana Galega de Filosofía pensa as fronteiras
Do 22 ao 26 de abril en Pontevedra

A Semana Galega de Filosofía pensa as fronteiras

A arbitrariedade dos mapas, a xeopolítica das migracións, o territorio desde as marxes, a nova división internacional do traballo. Sobre estes e outros asuntos fundamentais para comprender o mundo contemporáneo tratarán 15 expertas e expertos na 36ª edición da Semana Galega de Filosofía de Pontevedra, que comeza este 22 de abril.
 

Os muros: un mundo dividido

Os muros: un mundo dividido

Disputas ideolóxicas e reivindicacións de territorios rematan sempre por pasar por enriba das vidas de civís inocentes. A comunidade internacional faise cómplice dos muros co seu silencio, mentres que observa como fronteiras trazadas sobre un papel cobran vida a través de formigón e ferro. 

VIDEO

Guadi Galego - Fronteiras

Guadi galego publica 'Fronteiras', un novo tema. Unha canción que formará parte dun EP de 5 novos temas que se vai publicar en maio e levará como título'Bola de Cristal', co que Guadi pretende pechar un ciclo e dar fin a unha triloxía baseada no mundo.
Sobe o número de persoas mortas polo bombardeo dos EUA contra un hospital afgán de MSF
ENTRE 16 E 50 FALECIDAS

Sobe o número de persoas mortas polo bombardeo dos EUA contra un hospital afgán de MSF

[ACTUALIZADA ás 17.51] Aumentan as cifras de persoas falecidas no bombardeo do Exército estadounidense na madrugada do sábado contra un hospital da cidade afgá de Kunduz. Mentres que pola mañá se falaba de 9 persoas mortas e 37 desaparecidas, as cifras de falecidas oscilan agora entre as 16 e as 50 persoas, a falta de que se confirmen os datos.

Derrubando fronteiras contra os CIES
CENTROS DE INTERNAMENTO DE ESTRANXEIROS

Derrubando fronteiras contra os CIES

O Foro Galego da Inmigración presenta un manifesto para esixir o encerramento dos Centros de Internamento de Estranxeiros, no marco dunha xornada estatal. Prepara actos en todo o país ao longo desta semana.

“A Esmorga” atravesa fronteiras

“A Esmorga” atravesa fronteiras

Tamén galego e en versión subtitulada, A Esmorga estrease esta sexta feira en salas comerciais de Madrid, Catalunya, Euskadi, Pamplona e Palma de Mallorca. 

 

Besteiro: "Haberá primarias e mesmo Rubalcaba pode ser candidato"

Besteiro: "Haberá primarias e mesmo Rubalcaba pode ser candidato"

José Ramón Gómez Besteiro perfílase como gañador na carreira cara á Secretaría Xeral do PSdeG. En conversa con Sermos Galiza evitou avalar a continuidade de Alfredo Pérez Rubalcaba á fronte do PSOE mais asegurou que "pode ser candidato" o vindeiro ano porque "haberá primarias si ou si". 

Un novo cinema traspasa fronteiras

Un novo cinema traspasa fronteiras

Son peliculas sen apenas orzamento, con directores novos e apostas creativas. Teñen fechado o circuito de distribución comercial mais ábrense camiño por elas mesmas máis alá das nosas fronteiras, presentándose a festivais e gañando premios para o novo cinema galego. Vikingland de Xurxo Chirro, Arraianos de Eloy Enciso e Anacos, de Xacio Baño, son tres das que alcanzaron maior proxección internacional.

AGAL exemplifica que o galego non ten fronteiras

A Associaçom Galega da Língua (AGAL) comezou unha campaña de filiación de [email protected] que decorrerá neste ano 2012. Nela o primeiro chanzo foi editar un video onde varias caras coñecidas apoian a idea de que a nosa actitude para co idioma galego ten que mudar de guión. Denuncian que nos últimos trinta anos, a maioría das políticas lingüísticas no noso país descansan sobre a idea de que hai uns límites para o galego. AGAL tivo esta fin de semana a súa Asemblea Xeral e Asemblea Extraordinaria en que se aprobou a doazón de fondos bibliográficos para a súa difusión.