futbol
O peor Dépor de todos os tempos
CRISE BRANQUIAZUL

O peor Dépor de todos os tempos

A estatística revela que, logo de 13 encontros de liga disputados, nunca nos seus 113 anos de historia o Deportivo da Coruña sumara menos puntos que na actualidade.

As xogadoras da Liga de fútbol van á folga de maneira indefinida
Para o fútbol

As xogadoras da Liga de fútbol van á folga de maneira indefinida

Máis de 200 futbolistas pertencentes aos 16 clubs que integran a Primeira División, incluída a totalidade do cadro do único equipo galego, o Deportivo Abanca, acordaron con 93% de votos parar a competición ante a falta de flexibilidade negociadora da patronal para aceptar unhas condicións “mínimas” no primeiro convenio da historia do fútbol feminino.

As futbolistas da Liga cobran dez veces por debaixo do mínimo que perciben eles
Ameazan con folga

As futbolistas da Liga cobran dez veces por debaixo do mínimo que perciben eles

A patronal e os sindicatos non chegan a un acordo para asinar o primeiro convenio colectivo na historia do fútbol feminino e as xogadoras estudan a idea da folga ante a posibilidade de cobrar unhas cantidades que están máis de dez veces por debaixo das mínimas que percibe un futbolista masculino por desempeñar o mesmo traballo.

O Deportivo rexistra o peor inicio de Liga da súa historia na Segunda
Fútbol

O Deportivo rexistra o peor inicio de Liga da súa historia na Segunda

Nunca nas 41 tempadas en que o club coruñés militou na categoría de prata conseguira menos puntos e vitorias que na actual logo de 10 partidos de competición, empeorando mesmo as cifras das ligas 1973/74 e 1979/80, nas que os branquiazuis descenderon a Terceira e 2ªB, respectivamente.

Descubrindo Fernando Fariña, o ídolo futbolístico de Castelao

Descubrindo Fernando Fariña, o ídolo futbolístico de Castelao

Unha caricatura permite coñecer a figura do que foi o primeiro xogador profesional do balompé galego, aló polos anos 20. Fariña era un deportista que ao saír dos campos de fútbol frecuentaba círculos sociais cheos de artistas e intelectuais, algo moi pouco común daquela, e que chamou a atención de Castelao, que dedicou os seus trazos a un home que sempre levaba a boina ben encaixada na testa.

O telégrafo que trouxo o fútbol

O telégrafo que trouxo o fútbol

En 1873 instálase en Vigo a Eastern Telegraph Company para unir mediante cable telegráfico subacuático a localidade inglesa de Porthcurno e a cidade olívica. Ao contrario do que sucedía noutras zonas, eses traballadores británicos integráronse na sociedade local, chegando a fundar un clube co que practicar, por primeira vez en toda a península ibérica, un novo deporte, o foot‑ball. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respeito no número 362 do semanario en papel Sermos Galiza.
OPINIÓN

O Lugo de Nerón e os cacarexos no incendio

Chegou o momento que ninguén quería. Logo de ver o lume achegándose moitas semanas, as lapas xa están de cheo en Lucus Augusti. O CD Lugo entrou a pasada semana con todas as da lei en postos de descenso a Segunda División B despois de perder pola mínima contra o Granada...

O Dépor atóase en Riazor e empata co Almería
0-0

O Dépor atóase en Riazor e empata co Almería

O Dépor deixou dous puntos na casa. Fíxoo contra o Almería. O seu décimo cuarto empate da tempada, desta volta sen goles, colócao a catro puntos do ascenso directo e no grupo de cabeza da Segunda División.
 

OPINIÓN

No Lugo fálase dun ERE

As sensacións do CD Lugo son as mesmas que hai nunha empresa cando sobrevoa un ERE. Todo pode ir a peor, a situación é crítica pero non se sabe como vai rematar. Namentres se afía a navalla dos recortes, os traballadores fan por estar unidos e tiran cara adiante....

OPINIÓN

Segundo un estudo, o Lugo salvarase

Case tódolos días espertamos cun estudo novo. Son o argumentario moderno. Enquisas pagadas, e moitas veces interesadas, que refutan calquera cousa. A cervexa é boa segundo o Instituto de Wisconsin. Durmir pouco é sinónimo de ser intelixente segundo a...

OPINIÓN

Un Dépor pequeno e decepcionante na casa

Desde a óptica deportivista, ninguén pode quedar contento, nin xustificar o partido do Dépor ante o Tenerife en Riazor. Non se pode cualificar doutro xeito máis que de lamentable. O equipo de Natxo saíu ó campo como un equipo pequeno, anunciando desde o inicio do partido...

O Lugo derrota o Rayo Majadahonda e afástase do descenso
3-2

O Lugo derrota o Rayo Majadahonda e afástase do descenso

Para o Club Deportivo Lugo, os tres puntos sumados este sábado no Anxo Carro saben a vitoria das grandes. Ao derrotar por tres a dous o Rayo Majadahonda, afástase dos postos de descenso e, ademais, deixa boas sensacións sobre a herba.
 

O Celta cae en Valladolid e saltan as alarmas
2-1

O Celta cae en Valladolid e saltan as alarmas

Dous goles do Valladolid veñen de acender todas as alarmas no Celta de Vigo. Coa súa derrota este domingo, e a falta de se completaren todos os partidos da xornada, sitúanse cuartos pola cola. O descenso xa non é unha posibilidade remota.
 

O Rayo propínalle catro goles ao Celta
19ª xornada

O Rayo propínalle catro goles ao Celta

Nada puido facer o Celta ante a forza e a capacidade goleadora do Rayo Vallecano. Aínda que os vigueses chegaron a ir diante no marcador -durante apenas 20 minutos- acabaron sucumbindo. Un hat trick de De Tomás serviu para decidir o encontro.
 

Messi reduce o Celta

Messi reduce o Celta

Dúas xogadas coa marca do arxentino derrotan unha equipa celeste que non acaba de mostrar todo o seu potencial.

Dez minutos para a esperanza

Dez minutos para a esperanza

A Real Sociedade inaugura o marcador de vitorias en casa fronte a un Celta que só creou perigo na recta final do partido.

Aspas ao rescate

Aspas ao rescate

O hat trick do de Moaña perante o Eibar serve en bandexa a Antonio Mohamed unha clara vitoria no marcador (4-0) mais non despexa as dúbidas sobre o xogo celeste.

OPINIÓN

A cara positiva do fútbol

A pesar de ser o deporte rei o fútbol arrastra tras de si un halo negativo de deporte que desata as baixas paixóns, incita ao enfrontamento e xenera riquezas a unha serie de privilexiados.

 

Pero lonxe das pelexas entre pais ou siareiros nas...

O Dépor tropeza a última hora en Albacete
Inicio de Liga

O Dépor tropeza a última hora en Albacete


Un discutido penalti a cinco minutos do final provocou que o Dépor deixase esta sexat feira dous puntos en Albacete no seu primeiro partido en Segunda División.
 

Quen foi o primeiro galego en marcar nun mundial?

Quen foi o primeiro galego en marcar nun mundial?

O decisivo gol de Iago Aspas perante Marrocos non foi o primeiro que un xogador galego mete nunha Copa do Mundo de fútbol. Hai que botar a vista atrás, a hai 52 ou 88 anos, que até niso hai debate, para seguir os rastros do primeiro tanto con selo galego.

Mundiais de corrupción

Mundiais de corrupción

O balón roda en Rusia, que acapara os focos internacionais coa disputa do Mundial de Fútbol 2018. A cita chega nun momento oportuno para mover a un segundo plano os escándalos que, durante os últimos tres anos, veñen sacudindo a cúpula do fútbol mundial. Cultura do silencio, subornos, branqueo de capitais, asociación ilícita... a lista de acusacións que acumulan exaltos mandatarios da FIFA parecen máis propias dunha causa contra o crime organizado que contra un organismo deportivo. Eis un extracto da reportaxe, publicada no número 301 de Sermos Galiza.

O Villarreal despeza o Celta con tres goles de Bacca
Europa máis lonxe

O Villarreal despeza o Celta con tres goles de Bacca

En menos de 40 minutos, Carlos Bacca anotou tres dos catro goles cos que o Villarreal despezou o Celta na noite do sábado. A equipa colócase así a un paso das competencións europeas e deixa os de Vigo xa case sen posibilidades de acceder a elas.
 

Un Celta indolente afástase de Europa

Un Celta indolente afástase de Europa

Os celestes tiraron una hora pola borda e acordaron tarde e mal que querían aspirar a postos europeos. Balaídos homenaxeou a atleta galega Ana Peleteiro, encargada de facer o saque de honra.

 

O Celta non asenta

O Celta non asenta

Cae ante o Girona (1-0), nunha nova derrota cun rival directo por aspirar a prazas europeas.

O Dépor quere crer

O Dépor quere crer

Empatou co Espanyol nun partido no que mereceu a vitoria. Tivo coraxe, intensidade e valentía. Mais falloulle a sorte.

O Celta cae en Mendizorroza malia dominar o xogo

O Celta cae en Mendizorroza malia dominar o xogo

O Celta dominou o partido contra o Alavés do inicio ao final. Mais non lle abondou para arrincar os tres puntos de Mendizorroza. Os vascos rendabilizaron ao máximo as súas escasas chegadas a territorio vigués.