Os equipos nacionais feminino e masculino participan do 28 de xullo ao 2 de agosto nos GAA World Games, que reúnen en Irlanda 85 combinados e máis de 1.200 xogadoras e xogadores de todas as partes do mundo. Entre os rivais da selección masculina están Bretaña, Canadá ou Arxentina. A feminina enfrontarse a rivais como Rusia e Francia, entre outras.
As seleccións galegas de fútbol gaélico xogarán finais de consolación. A masculina sucumbiu por dous puntos fronte a Francia no partido no que se xogaban o pase á final mundial e loitará polo terceiro posto. A feminina rematou segunda do grupo das eliminadas e xogará a final 'Shield' fronte a Francia.
As seleccións galegas correron sortes dispares na primeira xornada do Mundial de Fútbol Gaélico. Eles pasaron segundos de grupo cunha vitoria, un empate e unha derrota, polo que se manteñen vivos no camiño á final. Elas comezaron con vitoria, mais sucumbiron fronte Canadá e Nova Iork e loitarán polo terceiro posto.
As Fillas de Breogán proclamáronse campioas ibéricas en Madrid, conseguindo por primeira vez na historia dun clube galego, a máxima competición na que participan todos os equipos da rexión Ibérica da ECB (European County Board). Este fito consolida unha tempada redonda das Fillas que, en Galiza, tamén gañaron liga e copa.
O equipo coruñés de fútbol gaélico Fillas de Breogán conquistou o Campionato Ibérico, a máxima competición na que participan os equipos da European Country Board, tras vencer na final a Madrid Harpetes 24 (5-9) a 13 (2-7). Os Irmandinhos da Estrada remataron segundos após perderen a final cos Madrid Harps.