A Plataforma social polos dereitos nacionais de Galiza Vía Galega presentouse publicamente en Ferrol na dinámica de socializar a entidade polas diferentes comarcas do país. Suso...
A automoción é unha das xoias da economía galega por empregos xerados, por facturación, peso nas exportacións ou influencia no desenvolvemento empresarial. Mais faise necesario poñer os puntos sobre os is: parte desta situación descansa sobre unhas condicións e dereitos laborais precarizados e espremidos até o esgotamento. Os paros, mobilizacións e greves que nestes meses se rexistran na automoción galega apontan que non todo é da cor coa que o Cluster e a Xunta nola presentan. Este mesmo sábado 15 está convocada unha greve en PSA Vigo
Foron só unhas horas, as do 27 de xuño de 1931, mais a proclamación da República Galega colocou as demandas do país nunha axenda política centrada nas eleccións ás Cortes Constituíntes a celebrar o día seguinte. Desa data, o historiador Xoán Carlos Garrido mantén que “debemos extraer algunhas conclusións, mesmo 86 anos despois”. Deixamos aquí un extrato da información publicada no semanario Sermos Galiza.
Rolda de imprensa da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público
A inminente compra por unha empresa chinesa -participada polo Estado chinés- do RC Celta pon sobre o tapete como o capital deste país asiático está a entrar na Galiza, onde recae perto do 56% do investimento chinés no Estado español. No Sermos Galiza 217, xa dispoñíbel na loxa, publicamos unha ampla reportaxe ao respeito. Eis un extracto.
Este domingo realízase Implícate, un evento solidario xa consolidado na axenda que cada ano nos trae o mellor da cultura galega. Desta vez, música con Caxade, Os da Ría e María Manuela; teatro da man de A Panadaría e Pedro Brandariz, danza con Ánxela Blanco e poesía da man de Elías Portela, Susana Sánchez Aríns, Román Raña e Olga Novo.
O A Fondo desta semana recupera a memoria galega con motivo do 40º aniversario da morte de Franco para dar conta das pegadas que deixou a represión na Galiza e do mantemento da simboloxía franquista no país. Xa á venda na nosa loxa.
Sermos Galiza convocou as principais candidaturas para un debate electoral no que se analizará o 20D desde unha perspectiva galega e plural, pois participan Nós, Candidatura Galega, En Marea, PSdeG-PSOE, PPdeG e Ciudadanos. Terá lugar esta segunda feira, 7 de decembro, ás 12h, na Nave de Vidán (Compostela) e será aberto ao público.
Na mañá deste domingo tivo lugar no Pazo de Congresos de Compostela o acto co que Nós, Candidatura Galega abriu a precampaña de cara ao 20D.